24/3/09

Ovidio


Publio Ovidio Nasón naceu en Sulmona o 20 de marzo do ano 43 a. de C. e morreu no Mar Negro no ano 17 ou 18 d. de C. Viviu dende moi novo en Roma, onde se relacionou con outros escritores da época como Horacio ou Propercio.


Ocupou cargos públicos pouco relevantes ata que un decreto do emperador Augusto o desterrou á beira do Mar Negro, no ano 8 d. de C.; como consecuencia, os seus libros foron retirados das bibliotecas e queimados en público por inmorais. A súa obra iniciouse cun cancioneiro amoroso, poemas que abren un ciclo erótico no que tamén se inclúen as Heroidas, colección de ficticias cartas de amor escritas por heroínas da mitoloxía e da historia, pero os seus títulos máis ambiciosos son Fasti e As Metamorfoses.


En Tristia, unha elexía de forma epistolar, cobran importancia singular as referencias autobiográficas. Na época na que Ovidio estivo desterrado escribiu a súa obra mais famosa: As Metamorfoses (Metamorphoseon), escrita en hexámetro dactílico. Desde a Idade Media e o Renacemento, coma é o caso dos Carmina Burana, a obra de Ovidio nunca deixou de estar presente na tradición literaria europea.

No hay comentarios: