16/6/09

O exército

preparados para a batalla final...

video

15/6/09

O ARCO DO TRIUNFO

Un arco de triunfo é un monumento construido para conmemorar unha victoria militar,a índa que en realidade usouse para festexar a un gobernante. Os primeiros foron levantados polos romanos na Antigüidade.

O arco do triunfo clásico é unha estrutura autónoma, bastante separada das portas ou murallas da cidade.

ARCOS DE TRIUNFO ROMANOS

Só quedan cinco na actualidade. Os arcos de Roma fóronse facendo cada vez máis elaborados ao longo do século.
Ao principio eran moi simples, portas de entrada á cidade, temporais e simbióticas, construídas en ladrillos e pedra con un encabezamento semicircular.
Colgaban dela trofeos coas armas capturadas .
Arcos posteriores construíronse con mármore de alta calidade, cun gran arco central no medio do seu teito tratado como unha bóveda de canón, e as veces dous arcos máis pequenos, un a cada lado, adornado cunha completa orde arquitectónica de columnas e entablamento, enriquecido con baixo-relevos simbióticos ou narrativos, coroado con estatuas de bronce, a miudo cunha cuádriga. A festiva orde corintia era o usual.


Operando...

Estreo internacional. Non o perdas...
video

En imaxes III







A historia do calendario en cómic

En imaxes II


"Fontes de inspiración" para os calendarios

Contámosvos a historia




Etimoloxía dos meses e continuación...















En imaxes

O noso traballo en imaxes

Ésta foi parte da nosa contribución á exposición:

As moedas
Os números

Os xogos, como non, sempre existiron; nós, investigámolos:

11/6/09

División dos tempos

...e continuamos co tempo...

•Nun principio, o mes dividíase en grupos de nove días, marcados por un día de mercado: Nvndinae




Por influencia exipcia, a semana dividiuse en sete días, que recibiron o nome dos sete "planetas" que podían verse nese momento.




Saturni dies (Saturno)


Solis dies (Sol)


Lunae dies (Luna)


Martis dies (Marte)


Mercurii dies (Mercurio)


Jovis dies (Xupiter)


Veneris dies (Venus)



Esta é a denominación que nos chegou, salvo os cambios seguintes:


Saturni dies ~ Sabbath (dia do descanso xudeo)


Solis dies ~ Dominica (dia do Señor, xa no cristianismo)


•Os días dividironse en :


Fasti: dias de traballo
Nefasti: dias dedicados aos deuses nos que se prohíbe toda actividade (nada que ver con nefasto!!).


•Para indicar que día do mes era, tomaban como referencia tres datas únicas: as calendas, as nonas, e os idus.


División das horas


Os romanos dividiron a duración do día en duas metades:


•12 horas do día (dies): prima, secunda, tertia, cuarta, quinta, sexta (de donde procede a palabra sesta, era o mediodía)... ata a duodécima hora; repartíanse en 6 horas ante meridiem e seis horas post meridiam. A duración de cada hora dependía da estación do ano.


• 12 horas d anoite (nox) : divididas en 4 vixilias de 3 horas cada unha.


Reloxos empregados


9/6/09

As moedas romanas

Apalabra moeda é derivada das advocacións da deusa romana Juno:moneta "a que avisa".O termo diñeiro é sinonimo de moeda,derivada do nome dunha moeda romana de prata:o denarius.
No comezo do siglo III a.C. os romanos introduciron unha pesada peza redonda de bronce fundido,para facilitar o comercio con outros pobos:era o as.O as tiña ao principio un peso dunha libra.Pouco despois as moedas foron de parta.Cara o 211 a.C. apareceu o denario de prata,xunto coas suas divisións:o quinario e o sestercio.
O denarius (sc.nummus,"moeda") era unha moeda de prata que segun indica a sua etimoloxia equivaleriá a 10 ases treintales por eso o seu simbolo era X.Un denario valia 2 quinarios ou 4 sestercios (estas moedas tamen eran de prata).O quinario e o sestercio desapareceron practicamente de la circulación.Un denario valia 16 ases.

8/6/09

As pontes romanas

AS PONTES ROMANAS


As pontes romanas , complemento indispensable das calzadas, permitían a estas salvar os obstáculos que supoñían os ríos, que no caso da península Ibérica poden chegar a ser moi anchos. Ante este desafío que a xeografía presentaba a Roma, esta respondeu coas pontes que, tal vez, sexan as máis duradeiras e fiables das súas construccións . Anque tamén construíron unha gran cantidade de pontes de madeira sobre os cauces menores , hoxe coñecemos por “ponte romana” as construccións de pedra.

A típica ponte romana está formada por unha plataforma sostida por arcos semicirculares , anque tamén se daban casos de pontes sobre círculos completos. Estes arcos ou segmentos de arcos chámanse “ollos”. Os piares sobre a auga inclúen unhas construccións chamadas “tallamares” para reconducir as correntes de auga.

Sobre estos arcos situábase a plataforma sobre a que finalmente se poderá circular.

Este exitoso modelo de construcción extendeuse ata a entrada da Idade Media, e hoxe en día non é doado distinguir entre unha ponte romana ou unha construcción posterior.



ALCANTARILLADO ROMANO

Os romanos comprenderon, dende o principio da súa auxe como civilización, que una cidade debía ter un sistema eficiente de eliminación de residuos para poder medrar. Para iso construiron na práctica totalidade das cidades de certa importancia os coñecidos sistemas de alcantarillado que aínda hoxe seguen cumplindo a súa función orixinal. Construían una ampla rede de alcantarillado que recorría a cidade seguindo o seu trazado, e conducía ás augas residuais ata vertelas nos campos ou nos ríos máis pertos.
En Mérida, por exemplo, usouse ata fai poucos anos, e o seu trazado serve todavía como referencia para coñecer como era a antiga cidade romana. Noutras ciudades como León, consérvanse vestixios destas infraestuturas, e en Italia serven como exemplo ao visitante, nos días chuviosos, da eficiencia do sistema de drenaxe das rúas para evitar o seu encharcamento.

4/6/09

As crenzas relixiosas en Roma, a organización do culto


1. A relixión romana antigua

Cada acto da vida do romano antiguo estaba dirixido por unha forza divinizada. Como exemplo expresivo podemos citar a serie de divinidades que dirixían ao neno desde o seu nacemento: Cunina, protéxeo no berce; Rumina ensíñalle a mamar; Educa e Potina, a comer e a beber; Statulinus, a manterse en pé; Fabulinus, a falar; Abeona protéxeo cando sae da casa; Adeona, cando volve a casa, etc.
Os primeiros deuses, auténticamente romanos, con anterioridade ás influencias exteriores, relaciónanse, dun modo ou outro, coa vida agrícola. Entre os principais podemos citar: Ceres, deusa dos froitos de terra; Fauno, deus dos rabaños; Flora, deusa das flores; Xano, deus da porta (janua), cun templo en Roma cunhas portas que soamente se pechaban en época de paz, o que sucedeu rara vez; Xuno, deusa do matrimonio; Xúpiter, deus do ceo e do raio; Liber, deus da viña; Marte, deus das colleitas e despois deus da guerra; Minerva, deusa da intelixencia; Pales, deusa dos pastos; Saturno, deus das sementes; Vesta, deusa do lume do fogar; Vulcano, deus do lume.
Os romanos invocaban e daban culto a estas divinidades, non para honralas ou porque así o merecesen, senon para telas propicias, para pregalas aos seus desexos, para que non lles perxudicasen, para que protexesen as súas colleitas, os seus fogares, etc. As súas pregarias aos deuses, de acordo coa súa mentalidade práctica e analítica, son detallistas ao máximo, cheas de insistencias, de palabras case sinónimas, para cubrir todos os ángulos posibles do obxecto das súas peticións.

2. A influencia grega

Cando Roma toma contacto con Grecia e, sobre todo, cando Grecia se converte en provincia romana, no século II a. de C., os gregos, vencidos polas armas, vencen a Roma pola cultura, impregnando coa súa influencia todo o mundo romano. Esta influencia deixouse sentir notablemente no campo das crenzas e institucións relixiosas. Os deuses romanos primitivos helinizáronse en boa parte, asimilándose a deuses gregos, co que se formou unha especie de Olimpo mixto greco-romano, poblado por varios deuses. Son os seguintes:
Xupiter, Xuno, Minerva, Apolo, Diana, Neptuno, Plutón, Marte, Venus, Mercurio, Vulcano, Ceres, Vesta.

3/6/09

Cultos e ritos



3. Cultos e Ritos

3. 1. Culto doméstico.

Practicado nun principio só polos patricios, despois tamén polo plebeios, comprendía sobre todo
· Culto do primeiro antepasado, o fundador da gens, xeralmente un home, pero ás veces un deus; así, a gens Iulia, que se consideraba descendente directa de Eneas, a través do seu fillo Iulo, ou Ascanio, venera como fundadora a Venus, a nai de Eneas.
· Culto dos deuses do fogar, os Lares e os Penates. No atrio da casa adoitaba estar o lararium, cun altar adicado ao Lar familiaris, no seu honor realizábanse sacrificios e ofrendas
· Culto das almas dos mortos, chamadas Manes. Honrábaselles con ofrendas, sobre todo nos cabodanos, para telos propicios, pois se cría que, se non, podían perxudicar grandemente aos vivos. O ministro dos cultos domésticos é o pater familias.

4. 2. Culto público

Na época primitiva reducíase a cultos agrarios en honor, sobre todo, de Ceres, protectora dos traballos agrícolas, e de Pales, protectora do gando. Despois, a partir do rei Numa, segundo a tradición, organízase a relixión e o culto, coa creación de colexios sacerdotais, festas, cerimonias rituais e levantamento de templos.
O culto tributado aos deuses consiste fundamentalmente en sacrificios e pregarias. O sacrificium é unha ofrenda a unha divinidade, ofrenda que varía segundo a divinidade e segundo as intencións do oferente, xa que hai sacrificios expiatorios, de acción de grazas, etc. Poden ser cruentos ou incruentos. Os primeiros consisten na inmolación dun ser vivo, xeralmente animais (moi raramente persoas). Unha parte do animal sacrificado adoitaba repartirse entre os asistentes e outra parte reservábase para a divinidade, quemándose a carne sobre o altar e derramando, á vez,viño sobre as chamas. Era importante a elección do animal. Ás deidades masculinas adoitában ofrecérselles animais machos. Ás deidades celestes (Supĕri ═ os de arriba), animais de pel branca ou clara; ás infernais (Infĕri ═ os de abaixo), animais de pel negra ou escura. O animal grande, touros principalmente, denominábase víctima; o pequeno, ovellas sobre todo, hostia. Rociábase a cabeza do animal con viño e con anacos dunha torta sagrada, chamada mola salsa (de onde ven inmolatio), despois dabáselle morte, abríase o corpo e sacábanse as entrañas, que adoitaban ser examinadas polos arúspices.
Os sacrificios incruentos consistían na ofrenda de cereais, vexetais, froitas diversas, tortas, aceite, mel, incenso e certos líquidos, como o leite ou o viño. O sacrificio incruento denominábase libatio (libación).
As pregarias adoitaban acompañar aos sacrificios. Pronunciábaas o sacerdote, quen debía por moito coidado en repertir literalmente as fórmulas sagradas, pois a máis pequena equivocación obrigaba a repetir todo o sacrificio. Adoitaba rematar coa prosternación dos asistentes ante o deus.
Convén sinalar que os romanos facían sacrificios fora do templo, ao aire libre. Os templos eran pequeno e albergaban só a estatua do deus. Alí non entraba o público. Os altares para os sacrificios atopábanse diante do templo, polo xeral adosados ás súas paredes.
Un dos máis fermosos templos cultos romanos era a lustratio ou purificación. Celebrábase para purificar ou protexer de influencias maléficas a cidade, o exército, as colleitas, o gando, etc. Consistía nunha procesión circular en torno ao obxecto da purificación e remataba con pregarias e sacrificios. Nestes casos era corrente o sacrificio cruento chamado suovetaurilia, no que eran inmolados un porco (sus), unha ovella (ovis) e un touro (tauro).

os sacerdotes

4. Os Sacerdotes

4. 1. Flamines.

A súa creación atribuise ao Rei Numa. Eran quince, cada un dos cales estaba adicado ao servizo dunha divinidade, na época dos reis eran “os sacerdotes públicos do pobo romano”. O máis importante era o Flamen Dialis, consagrado ao culto de Xúpiter.

4. 2. Pontífices

Creados tamén na época dos reis, a súa importancia acrecéntase co tempo.Teñen ao seu cargo desde o principio a vixilancia das prácticas relixiosas, a organización do culto publico, a confección do calendario, coa indicación dos días laborables e os festivos. O número de pontífices varía co tempo, pero sempre hai un Pontifex maximus, que ten un cargo vitalicio e que e o verdadeiro “xefe da relixión nacional”, con autoridade sobre todos os demais sacerdotes.

4. 3. Vestais



Constitúen un colexio sacerdotal feminino encargado da conservación do lume sagrado no tempo de Vesta, deusa á que están consagradas. Elexíanse entre as fillas das mellores familias e o seu sacerdocio duraba trinta anos, ao final dos cales podían seguir ou retirarse á vida privada. Tiñan voto de castidade obrigatorio. Gozaban de grande prestixio e de importantes privilexios, pero tamén eran castigadas duramente, enterrándoas vivas, se faltaban ao voto de castidade.

4. 4. Augures e Haruspices

Son os encargados da “predicción do porvir”. Os romanos, antes de tomar unha decisión grave, como o inicio dunha guerra ou batalla, adoitaban “consultar a vontade dos deuses”. Esta vontade reflexábase, para eles, fundamentalmente nos signos seguintes:
· Signos celestes, sobre todo o raio e o trono, expresións da vontade de Xupiter; estas manifestacións requerían unha interpretación axeitada.
· O voo das aves, era importante, para a súa interpretación, a zona pola que voasen, pola dereita ou pola esquerda, o que dependía, claro está da posición do augur; este xeneralmente colocábase mirando ao norte, co o que a dereita coincidía co leste e a esquerda co oeste, símbolos, respectivamente, de bo e de mal agoiro. Importaba tamén a cantidade e a clase de aves, entre as que os corvos eran sempre de mal agoiro.
· As entrañas dos animais sacrificados, sobre todo o figado; segundo a súa conformación, a súa cor, etc., podían indicar a vontade propicia ou adversa dos deuses.
Os augures eran os encargados de interpretar os signos celestes e o voo das aves . Os arúspices examinaban as entrañas das víctimas e facían os presaxios conseguintes. O acto de consultar a vontade dos deuses denominábase “tomar os auspicios”, termo referido propiamente ao voo das aves (avi-spicio ═ mirar as aves), pero que se aplica por extensión a calquera dos tipos de operacións adivinatorias.

2/6/09

O IMPERIO ROMANO (todo o que querías saber sobre Roma e non te atrevías a preguntar?)

¿A que chamamos Imperio Romano?

A expresión Imperio ten dous sentidos:
-Por un lado refírese ó territorio conquistado pola cidade de Roma entre os séculos IVa.C e II d.C ; e dicir, territorio extenso no que viven varios pobos baixo un mesmo goberno.
-Por outro lado, desígnamos unha das etapas da historia romana.

¿Cales eran esas etapas?

.A monarquía
.A república
.O imperio

¿Como se formou o Imperio romano?

Todo empezou cando alá polo ano 753 a.C a cidade de Roma foi ampliando o seu territorio ata converterse na capital do Imperio máis extenso da antiguedade.
Durante a etapa da monarquía e a república Roma transformouse nunha grande
cidade.
A república foi anexionando e conquistando tódo os territorios da Península Itálica.

¿Como o logrou?

Grazas a unha eficaz organización militar en LEXIÓNS, ó seu PODER ECONÓMICO, e a súa SITUACIÓN ESTRATÉXICA, que lle permitiu impoñerse ó resto de pobos da Península, e logo ampliar os seus dominios.

¿Con que perigos se atoparon?

O primeiro estaba no mar MEDITERRÁNEO, que chamaron axiña Mare Nostrum, pois pouco tardaron en dominalo e facelo seu. Antes tiveron que vencer a Cartago que daquela era o estado máis forte do dito mar.

¿Ata onde se extendeu o Imperio?

Dende BRITANIA ata o deserto do SAHARA, dende MESOPOTAMIA ata HISPANIA.

¿Quen gobernaba o Imperio?

O emperador, que era un auténtico deus, e nas súas mans concentrábase todo o poder; e no exército que el dirixía , o éxito das súas conquistas.

¿Ata cando durou?

A crise non se fixo esperar, despois dun longo período de tranquilidade chamado PAX Romana, no S.III a economía comeza a tambalearse, o exército debilítase, as fronteiras fanse cada vez máis vulnerables ...No S.V o Imperio rachou en dous,. o de oriente e o de occidente.Este último desapareceu coas invasións bárbaras no ano 476.

¿Cal foi o seu legado?

Unha brillante civilización que influiu profundamente nas nosas formas de vida, gustos e costumes.
OS NOSOS MURAIS

MAPA DAS MINAS ROMANAS DE HISPANIA


MEDICINA NA ANTIGA ROMA


OS VELENOS NO IMPERIO ROMANO: ENVELENADORES E ENVELENADOS


ENVELENADORES EN ROMA E OS ENVELENADOS (TIBERIO E CLAUDIO CÉSAR)







1/6/09

O ANFITEATRO







Un anfiteatro é un tipo de edificio público da civilización romana,utilizado para acoller espectaculos e xogos(munera,loita de gladiadores e veniatores,loita de animais).Os mais antigos construironse en Etruria e Campania e datan finais do século II a.C.Este tipo de edificio é unha creación romana, e non ten antecedentes nin en Grecia nin en Asia Menor.


Aparte da súa función,a gran diferencia mais notoria entre un anfiteatro e un teatro romano clásico é que o anfiteatro é de forma circular ou ovalada,mentres que o teatro é semicircular.Tamén hai que diferenciar o anfiteatro do circo,que era utilizado para espectáculos de carreiras e tiña unha forma elíptica.


O granderío(cavea) divídese en catro zonas,sendo a inferior para os senadores e altos cargos da administración romana,a zona media para a plebe e a superior para as mulleres e os carentes de dereitos.Primeiro construironse mediante pedra tallada,posteriormente utilizouse o formigón e dispuxeronse arquerias e bóvedas.

O anfiteatro mais coñecido e sen duda o coliseo de Roma,cuxo nome era en realidade o anfiteatro flaviano(en latín:AMPHITHEATRUM FLAVIUM).

TEATRO ROMANO

O teatro é un edificio típico do Imperio Romano, xeneralizado en todas as provincias e destinado para a interpretación de pezas teatrais do periodo clásico e servir de lecer ós cidadáns. Os primeiros eran construídos en madeira e derribábanse despois da representación, pois unha lei impedia os teatros permanentes. No 55 a.C. construíuse o Teatro de Pompeia que foi o primeiro estable, xa que tiña un templo que servía de escusa para evitar o derribo e estaba feito de obra (pedra e morteiro romano). Ao longo do tempo, os teatros romanos desenvolveron características específicas. A maioría dos conservados seguen o modelo arquitectónico proposto por Vitrubio.









O Acueducto

Calquera asentamento humano, por pequeno que sexa,necesita dispor dun sistema de aprovisionamento de auga que satisfaga as súas necesidades vitais. A solución máis elemental consiste en establecer o poblamento nas proximidades dun río ou manancial, dende onde se carrexa a auga aos puntos de consumo. Outra solución consiste en escavar pozos dentro ou fora da zona habitada ou construir alxibes.

Pero cando o poboamento alcanza a categoría da auténtica cidade, fanse necesarios sistemas de conducción que obteñan a auga nos puntos máis adecuados e aproximala ao lugar onde se estableceu a poboación.

OS NOSOS MURAIS

E, despois de tanto traballar, aquí están os nosos murais, esperamos que vos gusten.

"Os celtas en Gran Bretaña" e "A romanización de Inglaterra"



"A conquista de Inglaterra"



"A muralla de Adriano"