7/4/10

Zeus

Ola, visitantes do blog e compañeiros do Alexandre Bóveda. Somos o grupo de Paula, Bárbara, Pablo e Cristian, do Proxecto Interdisciplinar. Este ano tocounos traballar sobre Grecia. Os de 1ºD estamos a traballar sobre os deuses. Nós eliximos a Zeus, o deus do ceo e soberano dos deuses olímpicos. Para representar ao deus e outros conceptos referidos a el e á mitoloxía grega o noso equipo decidimos facelo en forma de mural. No mural tratamos tres temas: a vida de Zeus, o mito do Olimpo e outros personaxes da mitoloxía grega nomeados nalgúns dos textos da vida de Zeus. Dentro da vida de Zeus imos tratar:
- Tipo de deus, armas e significado do seu nome.
- Nacemento, familia e posibles lugares de orixe e coidados.
- Cronos e os seus fillos.
- Batalla contra Xigantes e Titáns.
- Mulleres e fillos que tivo.
- Transformacións.
- Templos.
- Pensamentos de Homero e dos gregos sobre el.
- O deus Xúpiter.
- As representacións de Zeus.
- O carácter e os actos do deus.



Referente ao mito do Olimpo, é unha pequena historia que trata da busca dunha solución por parte dos deuses para remediar as guerras que ían vir sobre os seus territorios e despistar un pouco aos humanos. O resultado final é o descubrimento do viño, que é a súa solución.
Para rematar falaremos dalgúns personaxes da mitoloxía grega que son nomeados nos textos da vida de Zeus e que quizais non coñezades. Neles explicamos quen son os distintos heroes e algunhas das súas características.



Iso todo poderédelo ver nos corredores do instituto explicado en pequenos textos. Esperamos que vos guste o noso proxecto.

No hay comentarios: