5/5/09

APOLO


É fillo de Xupiter e Latona e irmán xemelgo de Diana. Era tamén chamado Délico, de Delos, a illa do seu nacemento, e Pitio, por ter matado a Pitón, a lexendaria serpente que gardaba un santuario nas montañas do Parnaso. Na lenda homérica, Apolo era sobre todo o deus da profecía. O seu oráculo máis importante estaba en Delfos, o sitio da súa victoria sobre Pitón. Adoitaba outorgar o don da profecía a aqueles mortales aos que amaba, como a princesa troiana Casandra.
Apolo, ademais de como deus da verdade e a profecía, foi recoñecido como deus da luz e o sol; o tiro con arco, a medicina e a curación, a música, a poesía e as artes.
De aspecto fermoso, Apolo tivo moitos amoríos con ninfas e con mortais. Así, amou á ninfa Dafne, filla do deus-río Peneo, en Tesalia. A ninfa non correspondía ao deus e fuxiu ás montañas. Apolo perseguiuna, e cando estivo a punto de alcanzala, Dafne dirixiu unha pregaria ao seu pai, supricándolle que a metamorfosease para permitirlle escapar das apertas do deus. O seu pai concedeullo e a transformou en loureiro, a árbore consagrada a Apolo.
Os atributos máis comúns de Apolo eran o arco e a frecha. Tamén se incluían a cítara, o plectro e a espada.

No hay comentarios: