27/2/09

PRESENTACIÓN

Somos primeiro da ESO D e estamos atarefados por coñecer a fondo o IMPERIO ROMANO.

Todos escoitamos falar algunha vez dos romanos, e moitos de nós ata temos cómics con dous protagonistas que pelexan contra eles; e quen non viu unha película de romanos?

Se tan importantes son, algo farían para merecer a fama, pois a nós tócanos desvelar parte da súa historia e comprobar que foron grandes, grandes,grandes.

Ahí vai un adianto do que estamos a preparar cada semana :
De entrada confecionamos un mapa do Imperio con papel de xornal, xa que herdamos deles, entre outras cousas, a lingua , que mellor que un xornal con tódalas letras.
Despois ocorréusenos facer outro de HISPANIA onde aparecera a división administrativa da Península , e postos , tamén trazamos a división de Gallaecia.

Alguén preguntou un día quen vivía nesta terra antes da chegada dos romanos, entón saímos de dudas completando o mapa con tódolos pobos prerromanos.

A nos tócanos tamén presentar a cronoloxía, que remedio! Como somos o grupo de historia...

Da representación cartográfica pasamos a outro tipo de representación. Vamos a intentar converternos en soldados das Lexións romanas e poñer en práctica algunhas tácticas de ataque , ben , xogaremos a guerra con escudos de cartón.

Con dous esquemas resumiremos e resolveremos algunhas preguntas sobre a aparición e desaparición do Imperio.

Tamén queremos investigar sobre a sociedade e tocar algúns aspectos coma o matrimonio, a familia a educación, etc.
.
Uff ... xa veremos , ocórrensenos estas e outras ideas pero...daremos feito todo?