Mostrando entradas con la etiqueta aneis olimpícos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aneis olimpícos. Mostrar todas las entradas

19/3/12

Aparicion dos aneis olimpicos nas medallas olimpicas.



Os aneis olímpicos apareceron por primeira vez nas medallas nos Xogos Olímpicos de París 1924, pero non volveron a aparecer de novo ata os Xogos Olímpicos de Montreal 1976. A partir de aquí aparecen en todas as medallas, salvo nas de Los Ángeles 1984.

13/2/12

A bandeira olímpica


A bandeira Olímpica está en proporción 2:3, e o seu uso está estritamente regulado polo Comité Olímpico Internacional, ao igual que o dos aneis.

A bandeira Olímpica ízase en todas as cerimonias de apertura dos Xogos Olímpicos, dende Amberes 1920. Unha segunda bandeira é utilizada para o Xuramento Olímpico dos atletas e xuíces.
A bandeira Olímpica é baixada durante as cerimonias de clausura dos Xogos.

7/2/12

As cores dos aneis olímpicos



Os aneis forman dúas filas, hai tres na parte superior e dous na inferior. Os aneis da fila superior son de cor azul, negra e vermella. Os aneis da parte inferior son de cor amarela e verde, e, finalmente, o fondo é branco. Polo menos un destas cores pódese encontrar na bandeira de cada nación participante nos Xogos Olímpicos. As seis cores combinadas representan todas as nacións sen excepción. A cor branca, ademáis, significa a paz mundial.

6/2/12

A orixe dos Aneis Olímpicos

Pierre De Coubertin
A orixe dos aneis Olímpicos remóntanse a 1913, cando o barón Pierre de Coubertin, na Revue Olympique de agosto, informou do símbolo que sería usado para o Congreso Olímpico de París, en 1914. Estes cinco aneis representan as cinco partes do mundo que se uniron ao Olimpismo e que aceptaron competir sanamente.

No Congreso de 1914 o emblema foi adoptado como símbolo olímpico e convertido na bandeira oficial do Movemento Olímpico, sendo estreado nos Xogos Olímpicos de Amberes 1920. 

                                          

23/1/12

Os aneis olímpicos




Os aneis olímpicos son o principal símbolo dos xogos olímpicos. Son cinco aros entrelazados de cores azul, negro, vermello, amarelo e verde. A bandeira olímpica está composta polo símbolo dos aneis olímpicos sobre fondo branco.