Mostrando entradas con la etiqueta dopaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dopaxe. Mostrar todas las entradas

16/4/12

CASOS DE DOPAXE EN DEPORTISTAS DE ÉLITE


Ben Johnson (nacido o 30 de decembro de 1961) foi un atleta canadense coñecido pola súa descualificación por dopaxe despois de gañar a final Olímpica dos 100 metros nos Xogos de 1988.




Marion Jones foi unha destacada atleta estadounidense que conseguiu cinco medallas olímpicas en Sidney (tres medallas de oro e duas de bronce), en atletismo, para perdelas despois por estar involucrada nun escándalo de dopaxe por consumo de esteroides.

20/3/12

Especialidades con mais positivos







As especialidades deportivas das olimpiadas nas que mais deportistas deron positivo nas probas de dopaxe foron en primeiro lugar a halterofilia e despois o atletismo.

27/2/12

Primeiro caso rexistrado de dopaxe dun español

Durante a década dos anos 70, foi o ciclista Jaime Huélamo durante os Xogos Olímpicos de Múnich 1972 quen deu positivo nun control antidopaxe por coramina despois da competición na que obtivo a medalla de bronce.

13/2/12

Primeiro caso rexistrado de dopaxe nos xogos olimpicos

Durante os Xogos que se desenvolveron en México en 1968, o sueco Hans-Gunna Liljenwall, que competía en pentatlón moderno, converteuse no primeiro deportista en ser eliminado dunha Olimpíada por dar positivo nun control anti dopaxe. Encontróuselle exceso de alcohol na súa análise.

7/2/12

Substancias prohibidas nos deportes

As seguintes clases de substancias están prohibidas polo Comité Olímpico Internacional (COI):
. Estimulantes
. Narcóticos
. Beta bloqueantes
. Diuréticos
. Esteroides Anabólicos
. Hormonas peptídicas e os seus derivados

Ademais están prohibidos os seguintes métodos de dopaxe:
. Dopaxe de sangue
. Manipulación farmacolóxica, física e química dos ouriños

E as seguintes substancias están suxeitas a certas restricións:
. Alcohol
. Marihuana
. Anestésicos locais
. Coricoesteroides

Certas federacións teñen a súa propia lista de substancias prohibidas. Deben chequearse para saber se hai outras substancias prohibidas no deporte particular.

6/2/12

Dopaxe na Grecia antiga

Xa na Grecia antiga foron documentados  especialistas que ofrecían aos atletas ingredientes nutricionais para aumentar a súa resistencia física.  Ademais, os atletas eran descritos intentando incrementar a súa forza física comendo diferentes clases de carnes, fungos ou bebidas que contiñan distintas herbas, antes de comezar os xogos.

¿Que é a dopaxe?

De acordo co Comité Olímpico Internacional (COI), dopaxe é a administración ou uso por parte dun atleta de calquera substancia allea ao organismo, ou calquera substancia fisiolóxica tomada en cantidade anormal ou por unha vía anormal coa soa intención de aumentar nun modo artificial e deshonesto o seu rendemento na competición.