Mostrando entradas con la etiqueta deuses. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta deuses. Mostrar todas las entradas

28/4/10

ARES E OS XIGANTES

A deusa Dione contáballe un relato a súa filla Afrodita
sobre os xigantes chamados Alóadas.
Este relato conta como a belísima Eribea, Hermes e Artemisa puideron rescatar a Ares que estaba apresado polos xigantes.

Todo empezou unha mañá cando Ares paseaba tranquilamente de súpeto ao lonxe albiscou un par de xigantes, el intentou derrotalos pero eran demasiando fortes e encarceraronno nunha urna de cobre, enton cando Eribea enterouse, chamou a Hermes e a Artemisa a cal enganou os xigantes facendo que se arroxaran as súas lanzas un a outro matándose entre si, mentres Hermes rescataba a Ares.

7/4/10

Zeus

Ola, visitantes do blog e compañeiros do Alexandre Bóveda. Somos o grupo de Paula, Bárbara, Pablo e Cristian, do Proxecto Interdisciplinar. Este ano tocounos traballar sobre Grecia. Os de 1ºD estamos a traballar sobre os deuses. Nós eliximos a Zeus, o deus do ceo e soberano dos deuses olímpicos. Para representar ao deus e outros conceptos referidos a el e á mitoloxía grega o noso equipo decidimos facelo en forma de mural. No mural tratamos tres temas: a vida de Zeus, o mito do Olimpo e outros personaxes da mitoloxía grega nomeados nalgúns dos textos da vida de Zeus. Dentro da vida de Zeus imos tratar:
- Tipo de deus, armas e significado do seu nome.
- Nacemento, familia e posibles lugares de orixe e coidados.
- Cronos e os seus fillos.
- Batalla contra Xigantes e Titáns.
- Mulleres e fillos que tivo.
- Transformacións.
- Templos.
- Pensamentos de Homero e dos gregos sobre el.
- O deus Xúpiter.
- As representacións de Zeus.
- O carácter e os actos do deus.



Referente ao mito do Olimpo, é unha pequena historia que trata da busca dunha solución por parte dos deuses para remediar as guerras que ían vir sobre os seus territorios e despistar un pouco aos humanos. O resultado final é o descubrimento do viño, que é a súa solución.
Para rematar falaremos dalgúns personaxes da mitoloxía grega que son nomeados nos textos da vida de Zeus e que quizais non coñezades. Neles explicamos quen son os distintos heroes e algunhas das súas características.



Iso todo poderédelo ver nos corredores do instituto explicado en pequenos textos. Esperamos que vos guste o noso proxecto.

4/6/09

As crenzas relixiosas en Roma, a organización do culto


1. A relixión romana antigua

Cada acto da vida do romano antiguo estaba dirixido por unha forza divinizada. Como exemplo expresivo podemos citar a serie de divinidades que dirixían ao neno desde o seu nacemento: Cunina, protéxeo no berce; Rumina ensíñalle a mamar; Educa e Potina, a comer e a beber; Statulinus, a manterse en pé; Fabulinus, a falar; Abeona protéxeo cando sae da casa; Adeona, cando volve a casa, etc.
Os primeiros deuses, auténticamente romanos, con anterioridade ás influencias exteriores, relaciónanse, dun modo ou outro, coa vida agrícola. Entre os principais podemos citar: Ceres, deusa dos froitos de terra; Fauno, deus dos rabaños; Flora, deusa das flores; Xano, deus da porta (janua), cun templo en Roma cunhas portas que soamente se pechaban en época de paz, o que sucedeu rara vez; Xuno, deusa do matrimonio; Xúpiter, deus do ceo e do raio; Liber, deus da viña; Marte, deus das colleitas e despois deus da guerra; Minerva, deusa da intelixencia; Pales, deusa dos pastos; Saturno, deus das sementes; Vesta, deusa do lume do fogar; Vulcano, deus do lume.
Os romanos invocaban e daban culto a estas divinidades, non para honralas ou porque así o merecesen, senon para telas propicias, para pregalas aos seus desexos, para que non lles perxudicasen, para que protexesen as súas colleitas, os seus fogares, etc. As súas pregarias aos deuses, de acordo coa súa mentalidade práctica e analítica, son detallistas ao máximo, cheas de insistencias, de palabras case sinónimas, para cubrir todos os ángulos posibles do obxecto das súas peticións.

2. A influencia grega

Cando Roma toma contacto con Grecia e, sobre todo, cando Grecia se converte en provincia romana, no século II a. de C., os gregos, vencidos polas armas, vencen a Roma pola cultura, impregnando coa súa influencia todo o mundo romano. Esta influencia deixouse sentir notablemente no campo das crenzas e institucións relixiosas. Os deuses romanos primitivos helinizáronse en boa parte, asimilándose a deuses gregos, co que se formou unha especie de Olimpo mixto greco-romano, poblado por varios deuses. Son os seguintes:
Xupiter, Xuno, Minerva, Apolo, Diana, Neptuno, Plutón, Marte, Venus, Mercurio, Vulcano, Ceres, Vesta.

21/5/09













5. A relixión na época imperial

5. 1. Os cultos orientais.

Os romanos sentíronse atraídos, xa desde a República, polos cultos orientais, tan cheos de cerimonias misteriosas, nas que vían relixións que aseguraban a salvación aos seus fieles e a felicidade mais alá da morte. Pero foi baixo o Imperio cando estas relixións conseguen adhesións masivas.

Cibeles, a Gran Nai, introducíuse en Roma, procedente de Asia, xa na segunda guerra Púnica. Pero é a partir do emperador Claudio cando cobra grande puxanza, xunto co seu novo compañeiro Atis, deus que morre e renace como promesa de resurrección para os seus devotos. O culto de Cibeles era sanguento e frenético. Os sacerdotes da deusa, así como os seus devotos, flaxelábanse ata sangrar durante as cerimonias, entre lamentacións de dor e exaltacións delirantes.

Isis e Osiris son divinidades exipcias que alcanzan en Roma grande popularidade a partir de Calígula, que lles erixiu un templo oficial. Isis é a esposa de Osiris, morto por Set, deus das sombras. Logo resucita e se converte en protector dos mortos. Todos os anos preséntase o mito da súa resurrección con cerimonias na que os seus devotos pasan da desesperación ao xúbilo, Isis é unha deusa boa, nai da fecundidade, da maxia e dos froitos da terra. Os seus sacerdotes rapábanse a cabeza e vestían completamente de branco. As cerimonias rituais en honor da deusa eran moi complexas, e os seus devotos sometíanse a unha gran variedade de sacrificios, purificacións, abstinencias e probas penitenciais.

Mitra era un antigo deus iranio da luz celeste. O seu culto extendeuse, sobre todo, entre os soldados. Era un deus de homes, un deus viril e forte que normalmente represéntase loitando contra un touro. O mito facía nacer do sangue deste touro sacrificado polo deus toda a vida vexetal e animal. Despois asimilouse ao sol, fecundador e enxendrador da vida, e se lle erixiu gran número de templos. O seu culto comprendía pregarias ao sol, ofrendas e sacrificios cruentos.

5. 2. O culto imperial.

Imitando tamén prácticas orientais, os romanos divinizan aos emperadores a partir do propio Augusto. Á súa morte, un decreto do Senado elévao ao rango dos deuses . É a chamada apoteosis. Algún dos seus sucesores fansen adorar en vida, como Calígula e Domiciano, en estatuas e templos con culto oficial; pero a maioría só se lles diviniza e se lles tributa culto despois da morte .

5. 3. O cristianismo.

Dende mediados do século I xa hai cristiáns en Roma. O cristianismo propágase rápidamente, sobre todo entre as capas máis humildes da sociedade. De seguida se lles persegue, imputándolles os crímes horrendos cometidos nas súas cerimonias rituais, misteriosas e clandestinas. Nerón achácalles o incendio de Roma e azuza contra eles á muchedumbre. O mais grande dos historiadores romanos, Cornelio Tácito, di que os cristiáns son “detestados polas súas abominacións”, seguidores dunha “execrable superstición”, convictos de “odio ao xénero húmano” e “delincuentes merecedores dos maiores suplicios”. Outros emperadores e sobre todo, Diocleciano, perseguíronnos con toda crueldade. Ata que esta relixión, que predicaba a igualdade entre todos os homes, a paz, o amor, a promesa da resurrección e a vida despois da morte xunto ao único Deus, acabou por impoñerse sobre todas as demais: primeiro, cando o emperador Constantino, no chamado Edicto de Milán do ano 313, proclamou a liberdade de cultos; e, definitivamente, cando o emperador Teodosio proclamouna relixión oficial do Estado no ano 380 .

21/4/09

Plutón



É o rei dos infernos, fillo de Saturno e Ops e irmán de Xúpiter e de Neptuno. O nome de Plutón relaciónase mellor co seu papel de divinidade benfeitora para os mortaiss que co deus de aspecto espantoso. Como deus subterráneo presidía a riqueza agrícola e mineira.
Moraba nas profundidades dos antros infernais, das que só saíra unha vez, con motivo do rapto de Proserpina, filla de Ceres, que reina xunto a el co nome de Perséfone. Considerado como xuíz inflexible, ía sempre acompañado dun cortexo de divinidades feroces ou de heroes divinizados. En Roma consideróuselle como Orco, e se lle sacrificaron vítimas humanas, en particular ladróns e asasinos, así como aos considerados como inimigos da patria. Como deidade benfeitora, rendéuselle especial culto: sacrificio de ovellas negras, consagración do ciprés e o narciso.
Plutón aparece nas representacións cuberto con ampla túnica e sostendo o cetro da realeza; tamén leva un casco, regalo dos Cíclopes e que ten o poder de volvelo invisible. Aparece con longa barba e abundante cabeleira. A miúdo se lle representa entronizado, co cancerbeiro aos seus pés, ou cunha serpente. Tamén sobre o carro, especialmente nas esceas do rapto de Proserpina.

Neptuno



É o deus romano do mar, fillo de Saturno e Ops e irmán de Xúpiter e de Plutón. Rixe os ventos e as tempestades. Neptuno elixiu o mar como morada e nas súas profundidades existe un reino de castelos dourados. Co seu poderoso tridente axita as olas, fai brotar fontes e manantiais e encauza a súa ira provocando os temibles sismos ou terremotos.
Casou coa ninfa Anfitrite, unha nereida que lle deu como fillos aos Tritóns, monstruos mariños con rostros humanos barbados e colas como as dos delfíns, os cabelos son algas, teñen agallas detrás das orellas e mans que parecen cunchas.
Era o deus que sostiña o planeta no que vimimos, porque o océano rodeaba a Terra e era evidente que el, desde os mares, soportaba o peso da terra firme. Ademais, Neptuno dera forma ás costas, arrancara anacos de montañas para formar os cantís ou pasara a man polo litoral para deixar suaves praias e abrigadas bahías nas que os barcos atopaban refuxio. Por iso, a parte de ter ao seu lado ás sirenas traidoras, ás nereidas inigualables, ás oceánides fermosas e aos tritóns poderosos, Neptuno era señor das ninfas, ondinas e náiades dos lagos, dos ríos, das fontes, todas elas eran parte da súa corte e a el debíanlle pleitesía e obediencia por ser parte do mundo acuático.
Tiña adicamos moitos templos, sobre todo nas cercanías do mar. É representado barbudo, sostendo un tridente, o cetro da súa autoridade, e, as veces, nun carro tirado por cabalos mariños e escoltado por tritóns. O seu animal símbolo é o cabalo, creación súa.

Xuno

Deidade itálica, logo romana, filla de Saturno e de Ops, esposa de Xúpiter e raíña do ceo, deusa da luz, da muller e da unión lexítima. Xuno, homóloga da deidade etrusca Uni, personificaba a luz celeste entre os pobos de Italia. Foi deusa protectora de Roma.
O 1 de marzo de cada ano, as mulleres celebraban unhas festas en honor de Xuno chamadas Matronalia. Outras festas no seu honor, as Nonas Caprotinas, celebrábanse o 7 de xullo. Moitos consideraban o mes de xuño, que toma o seu nome de Xuno, patrona do matrimonio, o máis favorable para casar. As Calendas de cada mes tamén estaban consagrados a esta deusa, que tiña festas o 1 de xullo e o 13 de setembro.
Xuno aparece representada como unha matrona maxestuosa, as veces cun cetro na man, cun pavo real e unha granada, a súa ave e o seu fruto favoritos. Xuno tiña en ocasións un carácter guerreiro que se facía aparente nas súas roupas. A miúdo aparecía armada e levando unha capa de pel de cabra (de aí Caprotina), que era a prenda preferida polos soldados romanos en campaña. Este aspecto guerreiro foi asimilado da deusa grega Atenea, que tiña unha pel de cabra que recibía o nome de éxida.

Xúpiter



Xúpiter é o rei dos deuses e dos homes. Fillo de Saturno, e esposo de Xuno. Destronou ao seu pai coa axuda dos seus irmáns Neptuno e Plutón, cos que repartiu o imperio do universo: el reservouse o ceo, Neptuno apropiouse do mar e Plutón do mundo subterráneo. Venceu aos Titáns e aos Xigantes.
Foi chamado Iupiter Optimus Maximus Soter (Xupiter o mellor, maior e máis sabio) como deus patrón do estado romano, encargado das leis e da orde social. Foi o deus xefe da Triada Capitolina, que formaba xunto a Xuno e Minerva.
É representado sentado maxestuosamente no seu trono, con barba longa, cuns raios na man dereita, unha Victoria na esquerda e unha aguia aos pés.
No periodo imperial era habitual que emperadores como Claudio ou Domiciano adoptasen características das representacións de Xúpiter nos seus propios retratos tentando reafirmar a súa soberanía sobre o imperio.
O Sumo Sacerdote de Xúpiter era o Flamen Diales, e foi un cargo ocupado por homes da relevancia de Xulio César.
Un dos seus defectos era a promiscuidade e para realizar a súas conquistas amorosas, transformábase en animais porque el non podía mostrarse en toda a súa gloria.
Entre as divinidades do ceo eran fillos seus: Minerva, Apolo, Diana, Marte, Mercurio, Vulcano e Baco. Entre os heroes e semideuses: Polux, Hércules, Perseo, Minos, Radamanto, Anfión e Zeto.