Mostrando entradas con la etiqueta velenos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta velenos. Mostrar todas las entradas

6/5/09

AGRIPINA E A ENVELENADORA LOCUSTA


Agripina, sobrina e a vez esposa de Claudio, tiña un fin: coroar ó seu fillo Nerón. Agripina conseguiu liberar da súa condena a morte á escrava Locusta sentenciada precisamente polas súas habilidades toxicolóxicas.

O primeiro encargo que fixo foi envelenar ao emperador Claudio no ano 54, botándolle no seu plato predilecto, un plato de setas, unhas gotas de arsénico e amanitas phalloides (un dos fungos máis mortíferos).

O seu novo obxetivo foi terminar con Británico, o outro fillo de Agripina, hermanastro de Nerón. E nun grandioso banquete ofrecido por Nerón, se lle entrega a Británico un caldo utilizando Sardonia, unha planta que crecía na illa de Cerdeña. Tras a caída do emperador, Locusta é condenada a morrer como responsable dunhas 400 mortes.

16/4/09

VELENOS E MEDICINA NA ANTIGA ROMA

Agora os imos informar como se envelenaban os emperadores romanos no Imperio Romano:

O envelenamento por chumbo era moi común na antiga Roma porque con el fabricaban vaixela onde bebían viño, entre outras utilidades.

Algúns historiadores cren que a demencia inducida por chumbo foi en parte a culpable da caída do Imperio Romano.

Estímase que coa inxesta de viño os emperadores romanos absorvían uns 250 mg de chumbo por día.
(hoxe en día, segundo a OMS, esta excesiva inxesta de chumbo produciu danos irreversibles na saúde dos emperadores romanos, proba delo son as conductas e decisións erróneas como as de Calígula , Nerón e Cómodo.


En Roma apareceu a primeira lei antiveleno, bautizada como Lex Cornelia Maestration, porque as autoridades se percataron do gran número de viuvas ricas existentes. Locusta era unha envenenadora oficial de gran poder nesa época. Facía velenos á carta en función do método de administración, o tipo de morte e a rapidez desta. Cabe destacar que numerosos emperadores romanos morreron envelenados como foi o caso de Augusto