16/6/09
2/6/09
¿A que chamamos Imperio Romano?
A expresión Imperio ten dous sentidos:
-Por un lado refírese ó territorio conquistado pola cidade de Roma entre os séculos IVa.C e II d.C ; e dicir, territorio extenso no que viven varios pobos baixo un mesmo goberno.
-Por outro lado, desígnamos unha das etapas da historia romana.
¿Cales eran esas etapas?
.A monarquía
.A república
.O imperio
¿Como se formou o Imperio romano?
Todo empezou cando alá polo ano 753 a.C a cidade de Roma foi ampliando o seu territorio ata converterse na capital do Imperio máis extenso da antiguedade.
Durante a etapa da monarquía e a república Roma transformouse nunha grande
cidade.
A república foi anexionando e conquistando tódo os territorios da Península Itálica.
¿Como o logrou?
Grazas a unha eficaz organización militar en LEXIÓNS, ó seu PODER ECONÓMICO, e a súa SITUACIÓN ESTRATÉXICA, que lle permitiu impoñerse ó resto de pobos da Península, e logo ampliar os seus dominios.
¿Con que perigos se atoparon?
O primeiro estaba no mar MEDITERRÁNEO, que chamaron axiña Mare Nostrum, pois pouco tardaron en dominalo e facelo seu. Antes tiveron que vencer a Cartago que daquela era o estado máis forte do dito mar.
¿Ata onde se extendeu o Imperio?
Dende BRITANIA ata o deserto do SAHARA, dende MESOPOTAMIA ata HISPANIA.
¿Quen gobernaba o Imperio?
O emperador, que era un auténtico deus, e nas súas mans concentrábase todo o poder; e no exército que el dirixía , o éxito das súas conquistas.
¿Ata cando durou?
A crise non se fixo esperar, despois dun longo período de tranquilidade chamado PAX Romana, no S.III a economía comeza a tambalearse, o exército debilítase, as fronteiras fanse cada vez máis vulnerables ...No S.V o Imperio rachou en dous,. o de oriente e o de occidente.Este último desapareceu coas invasións bárbaras no ano 476.
¿Cal foi o seu legado?
Unha brillante civilización que influiu profundamente nas nosas formas de vida, gustos e costumes.
22/5/09

O EXÉRCITO ROMANO
ROMA TIÑA O MELLOR EXÉRCITO DO MUNDO ANTIGO E POR ISO ACADOU TANTOS ÉXITOS.
AS GRANDES CONQUISTAS NON SERÍAN POSIBLES SEN UN EXÉRCITO BEN ORGANIZADO E DISCIPLINADO.
FOI O PRIMEIRO EXÉRCITO PROFESIONAL ONDE CADA SOLDADO COBRABA UN SOLDO.
DIVIDÍASE EN LEXIÓNS DE APROXIMADAMENTE 5.000 GUERREIROS AO MANDO DUN LEGADO ROMANO.
TODOS OS LEXIONARIOS TIÑAN UN ESCUDO GRANDE, UNHA ESPADA E UNHA XABALINA.
TÁCTICAS E ARMAS
NOS COMBATES QUE SE REALIZABAN A CAMPO ABERTO, OS LEXIONARIOS FORMABAN A TARTARUGA. PROTEXIDOS DE FORMA EFICAZ, ESPANTABAN O INIMIGO, QUE NON SABIA COMO ACTUAR ANTE ESE MURO METÁLICO.
AS TORRES DE COMBATE, OS ARIETES, E AS CATAPULTAS TAMÉN AXUDABAN.

CIDADANS:
HOMES LIBRES CON TODOS OS DEREITOS.
DIFERÉNCIANSE POLAS SÚAS RIQUEZAS.
NON CIDADÁNS:
HOMES LIBRES SEN DEREITOS POLÍTICOS
ESCRAVOS, PERTENCIAN A OUTRA PERSOA
MULLERES, SEMPRE BAIXO A TUTELA DUN HOME
LIBERTOS, AQUELES QUE RECUPERABAN A LIBERDADE
O DEREITO A CIDADANÍA FOISE ESTENDENDO ATA QUE NO S.III D.C. O EMPERADOR CARACALLA CONCEDEUNO A TODOS OS HOMES LIBRES DO IMPERIO
AS MULLERES
NUNCA FORON CONSIDERADAS CIDADÁS.
CARECÍAN DA MAIORÍA DE DEREITOS PERO PODÍAN TER PROPIEDADES, REXENTAR NEGOCIOS E PARTICIPAR NOS ESPECTÁCULOS E FESTAS.

PRINCIPAIS DINASTÍAS E EMPERADORES ROMANOS
DINASTÍA XULIO-CLAUDIA
OCTAVIO AUGUSTO
TIBERIO
CALÍGULA
CLAUDIO
NERÓN
DINASTÍA FLAVIA
FLAVIO VESPASIANO
TITO
DOMICIANO
DINASTÍA DOS ANTONINOS
MARCO ULPIO
ADRIANO
ANTONINO PÍO
MARCO AURELIO
DINASTÍA DOS SEVEROS
SEPTIMO SEVERO
CARACALLA
DIOCLECIANO
DINASTÍA TEODOSIANA
TEODOSIO O GRANDE
RÓMULO AUGUSTO
RAP-RIP DE VIRIATO O LUSITANO
Viriato o lusitano (bis)
Enfrentouse ó exército romano ( coro )
Vaia con viriato (bis)
A hispania ulterior loita con fervor
Atende Roma con Viriato estás en coma
Viriato o lusitano(bis)
Xa venceu ó exército romano (coro)
Roma humillada
Desconcertada
Firma a paz có lusitano
Roma non perdoa
Roma non olvida
A Viriato , o cabecilla
Hai que collelo,
Hai que matalo
E unha ameaza para o pobo romano
Viriato o lusitano(bis) (coro)
Dorme e soña có exercito romano
Desperta Viriato, desperta do teu soño
Que chega o cónsul Servilio Cepión
Cargado de denarios con malas intencións
Tres lusitanos
Tres lugartenentes
Tres traidores mataron a Viriato
Viriato o lusitano(bis) (coro)
Xace morto polos traidores
Roma non paga traidores, Roma non paga traidores, Roma non paga traidores...Roma non paga traidores........... ......
3/4/09
DESAPARICIÓN DO IMPERIO

- Crise económica e social: pola escasez de man de obra rural e a pouca produción dos escravos a burguesía da cidade empobrécese, diminuen os ingresos por impostos e o estado non pode pagar os funcionarios nin o exército.
- Crise política: produce a indisciplina no exército e o poder imperial debilitado produciu inseguridades nas fronteiras, a presión dos pobos bárbaros e as invasións xermánicas.
- Crise das ideas relixiosas: a relixión romana non satisface a gran numero de persoas, xorden outros cultos relixiosos, aparece a mensaxe cristiá que da o culto a un deus único e a promesa de salvación; os grupos oprimidos convértense ó cristianismo, o que produce persecucións e intolerancia relixiosa.
30/3/09
ROMA

- Foi a máis poderosa potencia militar e política do mundo antigo.Tivo distintas formas de goberno: monarquía, republica e imperio.
- Conquistou extensos territorios en Europa, Norte de Africa e Oriente Próximo grazas a un exército profesional e disciplinado e ós funcionarios que dirixían as terras conquistadas.
- Fundou cidades que eran centros de control político e centros comerciais, financieiros e culturais.
- Creou un modelo de sociedade baseado na desigualdade entre homes e mulleres libres e homes e mulleres escravos.
- Desenvolveu técnicas constructivas avanzadas. E como non, civilización común a todo o imperio, mediante unha lingua: o latín; un dereito común; uns modos de vida e costumes únicos.
13/3/09
27/2/09
PRESENTACIÓN
Todos escoitamos falar algunha vez dos romanos, e moitos de nós ata temos cómics con dous protagonistas que pelexan contra eles; e quen non viu unha película de romanos?
Se tan importantes son, algo farían para merecer a fama, pois a nós tócanos desvelar parte da súa historia e comprobar que foron grandes, grandes,grandes.
Ahí vai un adianto do que estamos a preparar cada semana :
De entrada confecionamos un mapa do Imperio con papel de xornal, xa que herdamos deles, entre outras cousas, a lingua , que mellor que un xornal con tódalas letras.
Despois ocorréusenos facer outro de HISPANIA onde aparecera a división administrativa da Península , e postos , tamén trazamos a división de Gallaecia.
Alguén preguntou un día quen vivía nesta terra antes da chegada dos romanos, entón saímos de dudas completando o mapa con tódolos pobos prerromanos.
A nos tócanos tamén presentar a cronoloxía, que remedio! Como somos o grupo de historia...
Da representación cartográfica pasamos a outro tipo de representación. Vamos a intentar converternos en soldados das Lexións romanas e poñer en práctica algunhas tácticas de ataque , ben , xogaremos a guerra con escudos de cartón.
Con dous esquemas resumiremos e resolveremos algunhas preguntas sobre a aparición e desaparición do Imperio.
Tamén queremos investigar sobre a sociedade e tocar algúns aspectos coma o matrimonio, a familia a educación, etc.
.
Uff ... xa veremos , ocórrensenos estas e outras ideas pero...daremos feito todo?
.jpg)
