Mostrando entradas con la etiqueta 1C. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1C. Mostrar todas las entradas

2/6/09

OS NOSOS MURAIS

MAPA DAS MINAS ROMANAS DE HISPANIA


MEDICINA NA ANTIGA ROMA


OS VELENOS NO IMPERIO ROMANO: ENVELENADORES E ENVELENADOS


ENVELENADORES EN ROMA E OS ENVELENADOS (TIBERIO E CLAUDIO CÉSAR)







8/5/09

MINAS ROMANAS EN HISPANIA


Ola!!!Queridos amigos.Hoxe volvemos aquí ao noso blog para explicarlles o noso traballo de minas romanas en Hispania.Son:
Mina do río Tinto:está nunha localidade chamada Minas de Río Tinto(Huelva).Extráese ferro,cobre,prata,ouro e calcopirita.
Mina de plomo de Jaén
Salinas de Vgo
Salinas de Burgos
Salinas de Murcia
Mina de mercurio de Ciudad Real:extraese cinabrio co que se forma o mercurio
Las Médulas:están ao oeste de León e extráese ouro.
Mina de cobre de Asturias
Mina de ferro de Vizcaia
Mina de xeso de Cuenca e Toledo

Bueno amigos isto é todo.Nalgunhas minas non puxemos información porque o nome o indica.
Voltaremos mais tarde con mais cousas sobre as minas.

Un saúdo

1ºESO C

6/5/09

Traballando en clase


Ola! Aquí estamos nos traballando no proxecto interdisciplinar sobre os lugares onde se atopan as minas explotadas polos romanos en España e os emperadores envelenados, as plantas coas que se envelenaron a estes emperadores e sobre a medicina na antiga Roma.

AGRIPINA E A ENVELENADORA LOCUSTA


Agripina, sobrina e a vez esposa de Claudio, tiña un fin: coroar ó seu fillo Nerón. Agripina conseguiu liberar da súa condena a morte á escrava Locusta sentenciada precisamente polas súas habilidades toxicolóxicas.

O primeiro encargo que fixo foi envelenar ao emperador Claudio no ano 54, botándolle no seu plato predilecto, un plato de setas, unhas gotas de arsénico e amanitas phalloides (un dos fungos máis mortíferos).

O seu novo obxetivo foi terminar con Británico, o outro fillo de Agripina, hermanastro de Nerón. E nun grandioso banquete ofrecido por Nerón, se lle entrega a Británico un caldo utilizando Sardonia, unha planta que crecía na illa de Cerdeña. Tras a caída do emperador, Locusta é condenada a morrer como responsable dunhas 400 mortes.

16/4/09

VELENOS E MEDICINA NA ANTIGA ROMA

Agora os imos informar como se envelenaban os emperadores romanos no Imperio Romano:

O envelenamento por chumbo era moi común na antiga Roma porque con el fabricaban vaixela onde bebían viño, entre outras utilidades.

Algúns historiadores cren que a demencia inducida por chumbo foi en parte a culpable da caída do Imperio Romano.

Estímase que coa inxesta de viño os emperadores romanos absorvían uns 250 mg de chumbo por día.
(hoxe en día, segundo a OMS, esta excesiva inxesta de chumbo produciu danos irreversibles na saúde dos emperadores romanos, proba delo son as conductas e decisións erróneas como as de Calígula , Nerón e Cómodo.


En Roma apareceu a primeira lei antiveleno, bautizada como Lex Cornelia Maestration, porque as autoridades se percataron do gran número de viuvas ricas existentes. Locusta era unha envenenadora oficial de gran poder nesa época. Facía velenos á carta en función do método de administración, o tipo de morte e a rapidez desta. Cabe destacar que numerosos emperadores romanos morreron envelenados como foi o caso de Augusto

27/3/09

GRUPO 1ºC visita as salinas romanas




Boas!!!
Aquí estamos visitando as salinas romanas de Vigo.

Somos o grupo de 1ºC e imos presentar o noso proxecto interdisciplinar sobre os velenos, a arquitectura romana e minas.


Imos facer mapas sobre os lugares onde se encontran as minas romanas en España, e outro sobre a arquitectura romana no noso país. Nos velenos imos informar sobre os emperadores romanos que morreron envelenados e as plantas velenosas que os mataron. Tamén falaremos sobre a mediciña da antiga Roma.