Mostrando entradas con la etiqueta 1F. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1F. Mostrar todas las entradas

1/6/09

OS NOSOS MURAIS

E, despois de tanto traballar, aquí están os nosos murais, esperamos que vos gusten.

"Os celtas en Gran Bretaña" e "A romanización de Inglaterra"



"A conquista de Inglaterra"



"A muralla de Adriano"

8/5/09

Os celtas.


OS CELTAS E A SÚA SOCIEDADE

- Foron tribus pastoriles e guerreiras.
- As súas 140 linguas estendíanse dende Islandia ata India.
- O sistema de clans formaba a base da sociedade, estes tiñan moitas formas e tamaños. A súa estrutura dirixente, fora gobernado por só un señor ou por un consello, cambiaba tendo en conta as necesidades e as aptitudes dos seus membros. A liñaxe baseábase na práctica da elección dun parente coma sucesor do xefe antes de que este morrera.
- As clases profesionais eran constituídas polos xuristas, os físicos, os arperos e poetas, ou bardos, i estaban exentos a prestarlle servizo militar o seu señor. A maioría das familias das clases profesionais practicaban un só oficio. Os bardos, igual que os druídas, posuían un sitio privilexiado. O xefe oficial de cada profesión posuía o nome de ollave (ollamh), i era seleccionado polo señor do territorio e o servía directamente a el.
- Os druídas eran os sacerdotes da sociedade celta. O seu nome probablemente significaba 'verdadeiro adiviño' e as súas funcións incluían a adiviñación, a execución de sacrificios e a dirección de rituais en festivais relixiosos.


OS CELTAS EN GRAN BRETAÑA

- As invasions célticas en Bretaña iniciáronse no s. IX a.C.
- Os Britanos ou Britones foron pobos indíxenas que habitaron a illa de Gran bretaña.
- Estes pobos falaban linguas britónicas e compartían tradicións culturais comúns. En términos de lingua e cultura, gran parte do noroeste de Europa foi principalmente céltica, aínda que a illa de Gran Bretaña y a Bretaña continental estiveron habitadas por celtas britanos. Os habitantes de Irlanda, a Illa de Man e Dalriada eran escotos ou celtas gaélicos, falantes de linguas goidélicas.
- Ao longo da súa existencia, o territorio habitado polos britanos compúxose de numerosas áreas, sempre cambiantes, controladas por tribus.
-
A extensión do seu territorio antes e durante o período romano non está clara, pero xeralmente se cre que incluían a totalidade da illa de Gran Bretaña ata o istmo de Clyde Forth, ao norte do que habitaban os pictos. Parte deste territorio picto foi absorbido polo reino gaélico de Dalriata. A illa de Man tamén estivo orixinalmente habitada por britanos, aínda que también pasou a ser territorio gaélico. Asemade, crese que a illa de Irlanda foi totalmente gaélica durante este período.

ALGÚNS BRITANOS FAMOSOS

- Algúns britanos famosos foron:
o Arturo - Líder guerreiro romano-britano de dubidosa autenticidade histórica.
o Boudica - Raíña dos icenos, que liderou a rebelión contra a ocupación romana no ano 60.

o Caractaco - Líder da defensa contra a conquista romana de Britania.
o Cartimandua – Raíña dos brigantes durante e trala invasión romana.
o Casivellauno - Liderou a defensa contra a segunda expedición de Xulio César a Britania no 54.

o Cunobelio - Rei histórico do sur de Britania entre a primeira e la segunda invasión romana.
o Prasutago - Esposo de Boudica.
o Togodumno - Líder da defensa contra a conquista romana de Britania.


Rei Arturo.
Boudica.






















Cartimandua.

5/5/09

A muralla de Adriano


O emperador Adriano desembarcou en Gran Bretaña no ano 122 d.C., foi o primeiro gobernante en facelo dende a invasión. Chegou a inspeccionar a provincia en persoa. Adriano recibiu numerosos informes sobre as tribus que vivían na actual escocia e os danos que ocasionaban sobre a provincia. Nese ano ordenou ao gobernador local construír un muro ou construción defensiva con fortificacións para cubrir dende a costa do mar do Norte ata o brazo do Mar de Solway. Este muro é coñecido hoxe en día como “o muro ou muralla de Adriano”. A muralla tamén tiña como función manter a estabilidade económica e crear condicións de paz na provincia romana de Britania. A muralla estaba construída con sillares de pedra, tiña un grosor de 2’4 a 3 metros e una altura de entre 3’6 e 4’8 m. Contaba con 14 fortes principais e 80 fortíns, un foso de 10 metros e un camiño militar. A UNESCO declarouna patrimonio da humanidade no ano 1987.

14/4/09

Inglaterra e a súa romanización

1º INTENTO

55 a.C. XULIO CÉSAR









- Entrou polo sudeste de Inglaterra. Fixo dous intentos de conquista:
· No primeiro conquistou a praia de Kent e pouco máis.
· No segundo conseguiu restaurar no trono dos trivonantes a un dos seus aliados co que puido impoñer os primeiros tributos entre as tribus de Britania.
- Deu a coñecer a supremacía de Roma.


2º INTENTO

43 d.C. CLAUDIO



- Durante o seu imperio produciuse a conquista de Britania, para o que enviou catro lexións xunto con tropas auxiliares e elefantes de guerra, causando unha grande impresión nos britanos.
- Permaneceu na illa dezaseis días, durante este tempo apoderouse da capital dos Trinovantes.
- Cando Caractaco, o líder da resistencia britana, foi finalmente capturado no ano 50, Claudio indultouno pola súa nobre actitude (o castigo era o da pena de morte). Iso serviu para calmar a oposición na illa.
- Claudio ordenou destruir calquera símbolo pertencente á relixión celta o druidismo e moitos templos foron demolidos.



43 d.C FLAVIO VESPASIANO


- Foi comandante militar destacado na invasión de Britania.
- Participou na invasión de Britania conquistando o sudoeste (Dorset, Hampshire, Cornualles, …) para asegurar os portos da costa sur e os portos con minas de estaño de Cornualles e as minas de prata de Somerset.
- Empezou como Emperador no ano 79, foi o fundador da dinastía Flavia.



81 d.C. XULIO AGRÍCOLA


- Foi o duodécimo xeneral romano que estuvo en Britania e o único que finalizou a tarefa de someter aos britanos.
- Como gobernador, estivo sete anos completos en Britania (78-84), subxugou Gales e o norte de Inglaterra antes de invadir Escocia, coñecida como Caledonia nos tempos dos romanos (foi o primeiro romano que deu a volta a Britania).
- A última conquista do seu predecesor fora a dos siluros, o sur de Gales. A última acción do período de mando de Agrícola foi a que tivo lugar ao pé dos montes Grampianos, que lle deu a posesión de toda Britania ata o límite norte de Perth e Argyll.
- O dominio romano durou ata o ano 410 d.C.

BENEFICIOS QUE TROUXERON OS ROMANOS

- Introduciron leis que se aplicaban nas cortes dos romanos.
- Construíron estradas con bloques de pedra e os pobos foron fortificados.
- Construíron vivendas cómodas e templos.
- Construíron mercados e suministros de auga.
- Estableceron un sistema educativo para os fillos dos caudillos britanos, entre eles falábase latín e levábase a toga como prenda de moda.

13/3/09

Presentación 1ºF


Ola!! Somos o grupo de 1º da ESO F e imos presentar o noso traballo, nós imos facer o Pin acerca da "Romanización de Gran Bretaña", o noso tamén vai tratar un pouco de historia para saber un pouco máis dos tolos destes romanos e que demo facían eles fóra de Roma.
Imos facer mapas, debuxos, esquemas, etc do que fixeron os romanos por alá e de que xente vivía antes da súa chegada, o que facían, como vivían, quen eran e máis cousas…
¿Sabiades que Xulio César non puido conquistar Inglaterra porque unha muller co seu exército lle plantou cara?, e ¿sabiades que hai moitas verbas que se parecen en galego e en inglés, como “crocodilo” e “crocodile”?, isto e máis cousas en breve …. ;)