Mostrando entradas con la etiqueta dioses. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dioses. Mostrar todas las entradas

5/5/09

VESTA


Vesta era a filla primoxénita de Saturno, e irmá de Ceres, Xuno, Neptuno, Plutón e Xúpiter.Cóntase que foi pedida en matrimonio por Apolo e por Neptuno, pero rechazounos a ambos, preferindo manterse virxe para sempre. Esta foi tamén a condición que lle impuxo ás sacerdotisas do seu templo, as Vestales
Na mitoloxía romana, Vesta é a deusa do fogar. Correspóndese con Hestia na mitoloxía grega. O lume era o seu símbolo sagrado. O rei Numa consagroulle un templo redondo, onde se gardaba o lume sagrado, símbolo da permanencia de Roma. Esta deusa foi unha das primeiras en contar cun sacerdocio de carácter fixo, as Vestais, encargadas de manter sempre vivo no templo o lume sagrado que simbolizaba a virxinidade da deusa. Dito lume non podía apagarse baixo ningún concepto. As Vestales facían ademais, en honor á súa deusa, voto de castidade e gardaban a súa virxinidade durante 30 anos. Se algunha das sacerdotisas rompía os seus votos, era condenada a ser enterrada viva no Campus Sceleris, ou campo dos condenados.
Esta deusa adoita aparecer representada como unha matrona romana con estola e un facho ou lámpada na man.
En honor a Vesta celebrábanse en Roma as Vestalias, festas que tiñan lugar entre cada 7 e 15 de xuño e nas que no primeiro día se abrían as portas do templo ás mulleres que quixeran facer sacrificios á deusa.

CERES


Filla de Saturno, é a deusa da agricultura. Ensinou aos homes a sementar, recolectar e facer o pan. A súa filla Proserpina foi raptada por Plutón e ela recorreu, inconsolable, a terra na súa procura, ata que soubo o seu paradoiro e conseguiu que a devolvesen durante seis meses todos os anos, meses que coinciden coa primavera e o verano, é dicir, coa boa estación, reflexo da alegría da nai.
Sacrificabanselle, sobre todo, porcos e carneiros.
Adoita ser representada como unha fermosa matrona, de porte maxestuoso e cabelos loiros caendo por as súas costas, cunha coroa de espigas e, as veces, unha fouce na man, ou un facho coa que buscaba a súa filla.
Ceres era festexada o 19 de abril.

APOLO


É fillo de Xupiter e Latona e irmán xemelgo de Diana. Era tamén chamado Délico, de Delos, a illa do seu nacemento, e Pitio, por ter matado a Pitón, a lexendaria serpente que gardaba un santuario nas montañas do Parnaso. Na lenda homérica, Apolo era sobre todo o deus da profecía. O seu oráculo máis importante estaba en Delfos, o sitio da súa victoria sobre Pitón. Adoitaba outorgar o don da profecía a aqueles mortales aos que amaba, como a princesa troiana Casandra.
Apolo, ademais de como deus da verdade e a profecía, foi recoñecido como deus da luz e o sol; o tiro con arco, a medicina e a curación, a música, a poesía e as artes.
De aspecto fermoso, Apolo tivo moitos amoríos con ninfas e con mortais. Así, amou á ninfa Dafne, filla do deus-río Peneo, en Tesalia. A ninfa non correspondía ao deus e fuxiu ás montañas. Apolo perseguiuna, e cando estivo a punto de alcanzala, Dafne dirixiu unha pregaria ao seu pai, supricándolle que a metamorfosease para permitirlle escapar das apertas do deus. O seu pai concedeullo e a transformou en loureiro, a árbore consagrada a Apolo.
Os atributos máis comúns de Apolo eran o arco e a frecha. Tamén se incluían a cítara, o plectro e a espada.

DIANA


É filla de Xupiter e Latona e irmá xemelga de Apolo. É a deusa dos bosques, onde se adica, armada de arco e frechas e cun grupo de ninfas, á súa ocupación favorita: a caza. Como deusa da noite, identifícase coa Lúa, e, como deusa dos infernos, con Hécate.
É cruel e vingativa, tiña un carácter salvaxe e se entregaba sen escrúpulo a calquera acto inhumano como a morte de Acteón, fillo de Risteo e Autonoe, que tiña como afición a caza.
Acteón después de ter matado innumerables animais salvaxes sobre o monte Citerón, el e os seus compañeiros entregáronse ao descanso. Preto de alí extendíase o val de Gargafia, consagrado a Diana. Diana acababa de chegar co propósito de bañarse. Acteón, que vagaba polo bosque tivo a desgracia de penetrar neste val e achegarse ao mesmo lugar. Diana indignouse contra o cazador temerario e converteuno en cervo morrendo destrozado polos seus propios cans.
Consagrábanselle a cerva e o xabarín. Adoita ser representada como una moza áxil e descalza, a alxaba á espalda, un can ao seu lado, ás veces con cervos e outros animais.

VULCANO


Na mitoloxía romana, deus do lume e dos metais. Fillo de Xúpiter e de Xuno e marido de Venus. Era o deus do lume e os volcanes, forxador do ferro e creador de arte, armas e armaduras para deuses e heroes. Correspóndese con Hefesto na mitoloxía grega.
Algunas lendas sosteñen que a súa nai Xuno expulsouno do Olimpo debido a que era coxo e deforme, outras que foi o seu pai Zeus quen o arroxou a causa dunha conspiración de Xuno e Vulcano para derrocalo. Sexa dunha forma ou de outra, o seu corpo caeu ao mar onde dúas nereidas, Tetis e Eurínome recolleronno e o coidaron na illa de Lemnos ata que creceu.
Vulcano foi crecendo e se fixo un hábil artesán na elaboración do ferro e outros metais. Críase que o obradoiro de Vulcano estaba situado baixo o volcán Etna. vulcano, usando os seus coñecementos, elaboraba para as súas nais adotivas fermosas xoias. Elaborou o colar que regalou a Hermione, o cetro de Agamenón e os autómatas que traballaban no obradoiro.
Vulcano é representado como un home feo, sudoroso, coa barba desaliñada, o peito descuberto, sempre traballando no abradoiro.

MERCURIO


Mercurio, na mitoloxía romana era o mensaxeiro dos deuses, era o deus dos mercadores, o lucro e o comercio. Era fillo de Xúpiter e Maia, a filla do titán Atlante.
O culto de Mercurio introduciuse en Roma no 495 a.C., cando se lle adicou un templo preto do Circo Máximo. O seu festival celebrábase o 15 de maio.
O seu nome, Mercurio, foi utilizado para nomear obxectos diversos, como o planeta Mercurio, ou o elemento químico homónimo.
Os atributos tradicionais, cos que era representado, son a bolsa na man, o cabalo Pégaso alado ou non, o bastón caduceo, as sandalias aladas, o chapeo ou petasus, así como o galo (símbolo do novo día e a esperteza) e o macho cabrío (símbolo da fertilidade) e, mesmo, a tartaruga (pois a lenda narraba que o deus inventara a lira, usando a concha dun destes animais).

MARTE



Na mitoloxía romana, Marte (en latín Mars) era o deus da guerra, equivalente ó Ares da mitoloxía grega. Fillo de Xupiter en forma dunha flor máxica e de Xuno. Inicialmente foi o deus da fertilidade e a vexetación, e o protector do gando, pero despois foi asociado coa loita. Ofrecíanselle sacrificios antes das batallas e dicíase que aparecía nos campos de batalla acompañado por Bellona, unha deusa guerreira. Dise que a súa esposa era Nerio.


O seu principal templo estaba na capital do imperio que compartía con Xúpiter e Quirinus. O templo a Mars Ultor ("o vengador") estaba no Forum Augustus. Outro templo dedicado a Mars Gradivus ("O que precede ó exército na batalla") estaba situado no lugar onde se concentraba o exército antes de partir a unha guerra. O Campus Martius ("campo de Marte") era onde adestraban os soldados e atletas.


Marte era representado coma un guerreiro con armadura cun helmo con crista. O lobo e o peto eran os seus símbolos. Fillos seus foron Fuga e Timor.


O mes de Marzo e o planeta Marte chamáronse así na súa honra.


Marte, ó contrario que o seu equivalente grego, Ares, foi máis venerado que a maioría dos deuses romanos debido a que os seus fillos Rómulo e Remo fundaron Roma. Os romanos chamábanse así mesmos fillos de Marte.

VENUS


Venus é a deusa do panteón romano, equivalente a Afrodita do panteón grego. É a deusa do Amor e da Beleza.


No mito do seu nacemento cóntase que surxiu de dentro dunha concha de madreperla, sendo xerada polas espumas (afros, en grego). Noutra versión é filla de Xúpiter e Dione.


Venus foi unhas das divinidades máis veneradas entre os antigos, sobre todo na illa de Pafos, onde o seu templo era admirable. Tiña un ollar vago e rendíase culto ao estrabismo dos seus ollos como ideal da beleza feminina. Posuía un carro puxado por cisnes.


Na época helenística, aparece acompañada dun neno, Eros, que pasa a ser Cupido, o seu fillo na mitoloxía romana. É tamén a nai de Eneas, pai dos romanos. Nos últimos anos da república, o seu culto oficial creceu en importancia ao converterse en protectora dos homes de estado.


Venus casou con Vulcano, pero tivo amores con homes mortales e con moitos deuses, sobre todo con Marte e co fermoso Adonis.


Aparece representada núa ou seminúa, ás veces xurdindo da escuma do mar, ás veces nun carro tirado por pombas ou cisnes, as súas aves favoritas.

MINERVA


Na mitoloxía romana Minerva é a deusa da sabiduría, as artes, as técnicas da guerra, ademais da protectora de Roma e a patrona dos artesanos. Correspóndese con Atenea na mitoloxía grega, naceu preto de Libia.


Esta deusa é a filla favorita do amo do Olimpo, que lle concedera varias prerrogativas supremas. Tiña o don da profecía, prolongaba a vontade a vida dos mortales, obtiña a felicidade trala morte: todo o que ela dispoñía cun xesto da súa cabeza era irrevocable, todo o que prometía chegaba infaliblemente.


Esta deusa naceu sendo xa unha muller adulta da frente de Zeus, que antes engulira a súa nai, Metis, titánide caracterizada principalmente pola súa precaución. Zeus, a causa de terse comido a Metis, comenzou a sofrir unhas dores de cabeza intensos e insoportables así que pediu a Hefesto, o deus dos ferreiros, que fixera algo. Éste, abriu a cabeza de Zeus dun forte golpe e dalí saiu a triunfante Minerva, armada de pés a cabeza e bramando como un soldado embravecido ante as filas inimigas.


Os seus atributos eran a éxida (o escudo adornado da cabeza da Gorgon), a oliveira e a lanza. Nas súas estatuas e imaxes dábaselle unha beleza simple, descoidada, modesta, impresionando a súa nobreza, forza e maxestade. Adoita levar o casco na cabeza, unha pica nunha man, un escudo na outra e a éxida sobre o pecho. Normalmente aparece sentada, pero cando está de pé ten sempre, coa actitude resolta dunha guerreira, un aire meditativo e a mirada fixa en altas concepcións.