30/4/10
29/4/10
Outras pezas de arte grego no Museo Británico
Outras pezas de arte grego no Museo Británico:
·No Museo Británico as pezas máis importantes do arte grego son as pertencentes ao Partenón. ·Pero ademáis no Museo Británico pódense encontrar tamén outras pezas de arte grego, que se expoñen a continuación:
-Cariátides.
-Pericles.
-Moedas.
-Vasillas de mitos gregos.
Feito por Joel, Diego, Andrea e Elia.
Lord Elgin
Lord Elgin:
Elgin foi un Lord escocés que agardaba ter éxito na política. Era embaxador británico en Turquía.
Elgin quería conseguir algunhas pezas do Partenón grego para decorar a súa mansión.
A Elgin déuselle permiso para levarse calquera peza que atopara no edificio, pero decidiu levarse os frisos a Inglaterra ainda que esa tarefa dañara a fachada do Partenón.
Elgin causou un grave dano na estructura xa que os frisos formaban parte do edificio, non estaban simplemente pegados.
A casa de Lord Elgin, Broom Hall. “A Sala Vasoira”, foi o destino orixinal dos mármores, no salón de esta casa.
Feito por Javier, Alba, Patrick, Andrea e Jennifer.
Elgin foi un Lord escocés que agardaba ter éxito na política. Era embaxador británico en Turquía.
Elgin quería conseguir algunhas pezas do Partenón grego para decorar a súa mansión.
A Elgin déuselle permiso para levarse calquera peza que atopara no edificio, pero decidiu levarse os frisos a Inglaterra ainda que esa tarefa dañara a fachada do Partenón.
Elgin causou un grave dano na estructura xa que os frisos formaban parte do edificio, non estaban simplemente pegados.
A casa de Lord Elgin, Broom Hall. “A Sala Vasoira”, foi o destino orixinal dos mármores, no salón de esta casa.
Feito por Javier, Alba, Patrick, Andrea e Jennifer.
28/4/10
ARES E OS XIGANTES
A deusa Dione contáballe un relato a súa filla Afrodita
sobre os xigantes chamados Alóadas.
Este relato conta como a belísima Eribea, Hermes e Artemisa puideron rescatar a Ares que estaba apresado polos xigantes.
Este relato conta como a belísima Eribea, Hermes e Artemisa puideron rescatar a Ares que estaba apresado polos xigantes.
Todo empezou unha mañá cando Ares paseaba tranquilamente de súpeto ao lonxe albiscou un par de xigantes, el intentou derrotalos pero eran demasiando fortes e encarceraronno nunha urna de cobre, enton cando Eribea enterouse, chamou a Hermes e a Artemisa a cal enganou os xigantes facendo que se arroxaran as súas lanzas un a outro matándose entre si, mentres Hermes rescataba a Ares.
PRESENTACIÓN DO NOSO EQUIPO.
O noso equipo está formado por: Gonzalo Rodríguez Gil, Lucía Vázquez González, Daniel Mo Gil e Manuel Fernández Fernández.
O noso traballo é sobre o deus da guerra, Ares.
Aproveitamos esta oportunidade para facer un cómic e non un texto aburrido.
Neste cómic relatamos unha historia que lle contaba Dione á súa filla Afrodita na que Ares foi atrapado por uns xigantes ctónicos, os Alóadas.
Tamén fixemos uns pequenos textos nos que contamos o que acontece no cómic e algunha información sobre Ares.
Agora vos amosamos o devandito cómic.
23/4/10
O Partenón
O Partenón:
O Partenón é a construción máis famosa da Grecia Antiga que permaneceu ata hoxe en día. A construción do Partenón custou ó tesouro ateniense de 469 talentos de prata, mentres que é case imposible crear un equivalente moderno con esta cantidade de diñeiro.
A Fachada:
*Na parte este, a loita dos deuses contra os xigantes.
*Na parte oeste, a loita dos gregos contra as amazonas.
*No lado norte, as loitas contra Troia.
*No sur representan a loita dos centauros contra os lapitas no banquete de bodas do su rey.
Feito por:
Iván Capelo, Henar de Torres, Maruxa Nogueiras, Rut González, Pablo Lores
o museo británico
Historia do Museo Británico:
O Museo Británico de Londres é o maior museo do Reino Unido, e un dos maiores e máis famosos museos de antigüedades de todo o mundo. Dende a súa apertura, o 15 de Xaneiro do 1759, soamente pechou as súas portas por motivo das dúas guerras mundiais, e pasou de ter 5.000 visitantes ao ano, a máis de 5 millóns, converténdose nun dos museos máis visitados do mundo.
É un dos museos máis antigos do mundo e contén máis de sete millóns de obxectos históricos de todos os continentes.
Feito por: Helena, Guillermo, Julián, Mario e Carla.
7/4/10
Zeus
Ola, visitantes do blog e compañeiros do Alexandre Bóveda. Somos o grupo de Paula, Bárbara, Pablo e Cristian, do Proxecto Interdisciplinar. Este ano tocounos traballar sobre Grecia. Os de 1ºD estamos a traballar sobre os deuses. Nós eliximos a Zeus, o deus do ceo e soberano dos deuses olímpicos. Para representar ao deus e outros conceptos referidos a el e á mitoloxía grega o noso equipo decidimos facelo en forma de mural. No mural tratamos tres temas: a vida de Zeus, o mito do Olimpo e outros personaxes da mitoloxía grega nomeados nalgúns dos textos da vida de Zeus. Dentro da vida de Zeus imos tratar:
- Tipo de deus, armas e significado do seu nome.
- Nacemento, familia e posibles lugares de orixe e coidados.
- Cronos e os seus fillos.
- Batalla contra Xigantes e Titáns.
- Mulleres e fillos que tivo.
- Transformacións.
- Templos.
- Pensamentos de Homero e dos gregos sobre el.
- O deus Xúpiter.
- As representacións de Zeus.
- O carácter e os actos do deus.
- Tipo de deus, armas e significado do seu nome.
- Nacemento, familia e posibles lugares de orixe e coidados.
- Cronos e os seus fillos.
- Batalla contra Xigantes e Titáns.
- Mulleres e fillos que tivo.
- Transformacións.
- Templos.
- Pensamentos de Homero e dos gregos sobre el.
- O deus Xúpiter.
- As representacións de Zeus.
- O carácter e os actos do deus.
Referente ao mito do Olimpo, é unha pequena historia que trata da busca dunha solución por parte dos deuses para remediar as guerras que ían vir sobre os seus territorios e despistar un pouco aos humanos. O resultado final é o descubrimento do viño, que é a súa solución.
Para rematar falaremos dalgúns personaxes da mitoloxía grega que son nomeados nos textos da vida de Zeus e que quizais non coñezades. Neles explicamos quen son os distintos heroes e algunhas das súas características.
Iso todo poderédelo ver nos corredores do instituto explicado en pequenos textos. Esperamos que vos guste o noso proxecto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)