O periodo helenístico (tamén coñecido como alexandrino) é unha etapa da Antigüidade cuxos límites cronolóxicos veñen marcados pola morte de Alexandre Magno (no ano 323 a.C) e o suicidio da derradeira soberana helenística, Cleopatra VII de Exipto e o seu amante Marco Antonio, logo da derrota na Batalla de Accio, no ano 30 a.C.
O perido helenístico é a herdanza da cultura clásica que recibe o mundo grego a través da hexemonía do reino de Macedonia, primeiro con Alexandre Magno, e logo cos seus sucesores, os reis das grandes dinastías helenísticas: os Seleúcidas, os Ptolomeos e os Antagónidas.
Durante esta etapa, as cidades gregas clásicas coma Atenas ou Esparta foron reemplazadas en importancia por outras como Pérgamo ou Alexadría, e nelas, a aristocracia e a "xente culta"mantivo as costumes gregas, como por exemplo o uso do grego como lingua común.
O periodo helenístico é considerado como una etapa de transición entre o declive da etapa grega clásica e o ascenso de Roma.
ALEXANDRO MAGNO: BREVE BIOGRAFÍA
Alexandro Magno, fillo de Filipo II de Macedonia, reinou desde o ano 336 a.C ata a sua morte no 323 a.C.
O seu fito mais importante foi a conquista do Imperio Persa, logo de unificar baixo o seu goberno a varias polis gregas que xa estaban baixo dominio do seu pai. A sua conquista do imperio persa incluiu os territorios de Xudea, Exipto, Mesopotamia ou a Anatolia, co que aumentou considerablemente as fronteiras do seu reino.
Tra-la sua morte, posiblemente a causa dalgunha enfermidade coma a malaria ou a febre tifoidea, o seu enorme imperio dividiuse entre os seus sucesores dando lugar ós reinos helenísticos.