24/3/10

Ulises e o cíclope

ULISES E O CÍCLOPE

O noso grupo de 1ºD fixo o traballo sobre unha parte da Odisea de Ulises, cando se topa con Polifemo o cíclope.
Ao primeiro queriamos facer unha película de plastilina e Benigno púxonos en contacto cunha rapaza chamada Iris que se adica a iso. Pero como non nos deu tempo, fixemos unha especie de cómic.

O mito de Ariadna





O noso grupo de 1ºD, quérevos presentar o ``Mito de Ariadna´´,

unha historia chea de sorpresas, enigmas e ¡monstros! ....


A principio de curso


Ariadna era a deusa da fertilidade de Creta, orixinalmente era a deusa dos labirintos. Era filla de Minos e Pasífae, reis de Creta.


O deus Poseidón para vingarse do rei Minos mandou un touro branco co cal Pasífae, baixo un feitizo de Poseidón, tivo unha relación sexual e de aí naceu o Minotauro. Cando o rei Minos o soubo, mandou ao arquitecto Dédalo construír o famoso labirinto, onde foi encerrado o monstro.

Teseo, fillo de Exeo, rei de Atenas, marchou voluntariamente ata Creta para liberar ao pobo do Minotauro.


Cando chegou a Creta, o rei Minos díxolle a Teseo que aínda que matara ao Minotauro nunca encontraría o camiño de volta. Pero grazas á axuda de Ariadna puido saír do labirinto e marchar con ela ata a Illa de Naxos, onde foi abandoada por Teseo, agora namorado de Afrodita.

Finalmente Ariadna casou con Baco, o deus do viño, para obter a inmortalidade. Pero non lle foi concedida.

3/3/10

HERACLES




Ola! Somos o grupo de 1ºESO D que realizou o traballo de Heracles. Chamámonos Uxía, Ana, Yasmina e David.
Decidimos facer o traballo sobre este heroe porque pensamos que como viviu moitas grandes aventuras moi extrañas e apaixonantes, moita xente estaría disposta a coñecelas.

HERACLES





Heracles é o nome grego de Hércules.


XUVENTUDE DE HERACLES


Heracles era o home máis forte do planeta e tiña sangue de deuses.
O verdadeiro pai de Heracles era Zeus, pero Anfitrión, o rei de Tirinto, facía de pai e Alcmena de nai.
Hera odiaba ao seu fillastro secreto, Heracles, e dixo que o seu fillo nacería antes ca el e que Heracles serviría a Euristeo.
Hera e Atenea viron ao bebé espido, e a primeira, sen saber quén era, amamantouno. Pero o bebé sugou con tanta forza que ela o tirou.
Atenea levou ao bebé xunto a súa nai para que o criara. Moi contenta, ela comezou a crialo esperando que as pingas de leite que sugara de Hera o salvaran da mala vontade da deusa, pero cando Hera se decatou de quén era o bebé, o seu corazón encheuse de rancor. Ela mandou dúas serpes para matar a Heracles.
A enfermeira que coidaba do bebé non podía moverse ou falar do medo, mais Heracles colleu as cobras, unha en cada man, e estrangulounas antes de que lle puideran facer mal.
O marido de Alcmena foi correndo coa espada na man e quedou sorprendido co talento do forte neno. Enviouno a Terisias, para saber a sorte do neno, e o vidente díxolle cál era a orixe e o destino de Heracles. Anfitrión ensinoulle a Heracles a adestrar cabalos, dirixir carros e buscou os mellores profesores para o seu fillo.

OS DOCE TRABALLOS DE HERACLES

Heracles toleou e matou á súa familia e, para non sufrir, foi ao Oráculo de Delfos, que lle encomendou unha serie de traballos que tiña que levar a cabo para liberarse do seu sufrimento. Estes traballos foron doce:

1.- Matar ao león de Nemea e entregar a súa pel.
2.- Matar á Hidra de Lerna.
3.- Capturar ao xabaril de Erimanto.
4.- Capturar a cerva de Cerinia.
5.- Matar as aves do lago de Estinfalo.
6.- Limpar os establos de Auxías.
7.- Capturar ao touro de Creta.
8.- Matar as eguas de Diomedes.
9.- Roubar o cinto de Hipólita.
10.- Roubar os bois de Xeriones.
11.- Capturar o can de Cerbero.
12.- Coller as mazás de ouro do xardín das Hespérides.

MORTE DE HERACLES

Heracles explicoulle a Hilo que o oráculo vaticinara que morrería a mans dun habitante do Hades e que tras a batalla de Eubea ían rematar os seus traballos. Ambas as dúas cousas íanse cumprir, pois morrería a causa dunha artimaña de Neso e os seus doce traballos rematarían, posto que para un morto xa non hai traballos.