24/3/10

O mito de Ariadna





O noso grupo de 1ºD, quérevos presentar o ``Mito de Ariadna´´,

unha historia chea de sorpresas, enigmas e ¡monstros! ....


A principio de curso


Ariadna era a deusa da fertilidade de Creta, orixinalmente era a deusa dos labirintos. Era filla de Minos e Pasífae, reis de Creta.


O deus Poseidón para vingarse do rei Minos mandou un touro branco co cal Pasífae, baixo un feitizo de Poseidón, tivo unha relación sexual e de aí naceu o Minotauro. Cando o rei Minos o soubo, mandou ao arquitecto Dédalo construír o famoso labirinto, onde foi encerrado o monstro.

Teseo, fillo de Exeo, rei de Atenas, marchou voluntariamente ata Creta para liberar ao pobo do Minotauro.


Cando chegou a Creta, o rei Minos díxolle a Teseo que aínda que matara ao Minotauro nunca encontraría o camiño de volta. Pero grazas á axuda de Ariadna puido saír do labirinto e marchar con ela ata a Illa de Naxos, onde foi abandoada por Teseo, agora namorado de Afrodita.

Finalmente Ariadna casou con Baco, o deus do viño, para obter a inmortalidade. Pero non lle foi concedida.

No hay comentarios: