27/2/12

Olympia

É un documental creado por Leni Riefenstahl que atrapa imaxes de gran beleza e esforzo dos atletas nas distintas especialidades dos Xogos Olímpicos de Berlín, festexados en 1936.Leni usou 35 cámaras e numerosos teleobxectivos,cos que captou os pequenos detalles de cada competición.
Este documental foi publicado en 1938.

As sesións do COI


As Sesións do COI son xeralmente reunións de membros do COI onde se poñen a votación cuestións ou accións a tomar referentes ao movemento olímpico. É o órgano supremo do COI e as súas decisións son finais. Cada membro do COI ten dereito a voto.
Unha sesión ordinaria efectúase unha vez ao ano. En caso de emerxencia ou de ter que resolver puntos aínda pendentes, pódese chamar a unha sesión extraordinaria en conveniencia co Presidente do COI ou por petición escrita de polo menos as dúas terceiras partes dos membros.
As actividades máis importantes realizadas nas sesións son:
  • Adaptar ou modificar a carta olímpica.
  • Elixir os membros do Comité Olímpico, o Presidente Honorario, membros honorarios e membros de honor.
  • Elixir o Presidente, Vicepresidente e todos os demais membros do Corpo Executivo.
  • Elixir a cidade sede dos Xogos Olímpicos.
  • Determinar que deportes formarán parte do calendario olímpico e cales non.

Primeiro caso rexistrado de dopaxe dun español

Durante a década dos anos 70, foi o ciclista Jaime Huélamo durante os Xogos Olímpicos de Múnich 1972 quen deu positivo nun control antidopaxe por coramina despois da competición na que obtivo a medalla de bronce.

Congresos do COI


Nos congresos do COI, 13 na súa totalidade, celebrados en períodos de tempo irregulares, trátase sobre temas de importancia referentes ao movemento olímpico internacional nese momento; ademais exponse, discútese e conclúese sobre o nivel e historial olímpicos logrados ata ese entón, e a súa proxección  cara o futuro. A primeira destas reunións realizouse en París no ano 1894, a máis recente foi en Copenhague, Dinamarca, no ano 2009.


Jacques Rogge, actual presidente do COI.

23/2/12

Asterix nos Xogos Olímpicos


No pequeno pobo dos irreductibles galos non sólo se persegue  aos romanos, tamén o amor... Lunátix, xoven guerreiro intrépido e romántico, está namorado da sublime princesa grega Irina e osou desafiar a Bruto, quen tamén desexa conquistala. Desta forma, ambos competirán nos Xogos Olímpicos pola man da bela princesa. Astérix, Obélix e Lunátix, cargados da famosa poción máxica de Panorámix, irán pasando todas as probas para dar unha boa lección ao César.

Asterix nos Xogos Olímpicos


Esta película trata sobre as aventuras de dous galos e o seu can Idefix, nos xogos olímpicos. Neste film aparecen personaxes recoñecidos como Santiago Segura e Michael Schumacher.

13/2/12

A bandeira olímpica


A bandeira Olímpica está en proporción 2:3, e o seu uso está estritamente regulado polo Comité Olímpico Internacional, ao igual que o dos aneis.

A bandeira Olímpica ízase en todas as cerimonias de apertura dos Xogos Olímpicos, dende Amberes 1920. Unha segunda bandeira é utilizada para o Xuramento Olímpico dos atletas e xuíces.
A bandeira Olímpica é baixada durante as cerimonias de clausura dos Xogos.

Reunións do COI


O COI realiza unha serie de reunións de alto nivel onde se discuten o pasado, presente e futuro do movemento olímpico internacional. Divídense en dous tipos: Os congresos do COI e as sesións do COI.

Primeiro caso rexistrado de dopaxe nos xogos olimpicos

Durante os Xogos que se desenvolveron en México en 1968, o sueco Hans-Gunna Liljenwall, que competía en pentatlón moderno, converteuse no primeiro deportista en ser eliminado dunha Olimpíada por dar positivo nun control anti dopaxe. Encontróuselle exceso de alcohol na súa análise.

Munich


O film  céntrase nun grupo especial do Mossad encargado de localizar e asasinar a un grupo de palestinos sospeitosos de realizar o atentado.
O protagonista da historia é un xoven axente secreto israelí, Avner. Un dos seus superiores no Mossad, chamado Ephraim, fala con Avner, para proporlle unha misión sen precedentes na historia de Israel. Pídelle que abandone a súa esposa embarazada, que olvide a súa identidade e desapareza da faz da terra para cazar e matar ós once homes acusados polos servizos secretos israelíes de planear a matanza de Munich.

Munich


 Esta película está basada nos acontecementos das Olimpiadas de Munich '72, onde un grupo de terroristas palestinos, denominado setembro negro, asasinaron a 11 deportistas israelíes.

7/2/12

Wilma


A velocista Wilma Rudolph, gañadora de tres medallas de ouro nos Xogos de Roma 1960, foi tema para un telefilm en 1977 titulado simplemente Wilma, no que se recolle a difícil vida de Wilma, que dende nena foi víctima dunha polimelitis que a mantivo varios anos sen poder camiñar, e que pese a todo convertiríase na muller máis rápida do mundo.
Está dirixida por Bud Greenspan, máis coñecido polos seus documentais sobre os Xogos Olímpicos. O papel protagonista correu a cargo de Shirley Jo Finney, e como curiosidade dicir que supuxo na pantalla a aparición do actor Denzel Washington, que interpreta a Robert Eldridge, o home de Wilma.

As cores dos aneis olímpicos



Os aneis forman dúas filas, hai tres na parte superior e dous na inferior. Os aneis da fila superior son de cor azul, negra e vermella. Os aneis da parte inferior son de cor amarela e verde, e, finalmente, o fondo é branco. Polo menos un destas cores pódese encontrar na bandeira de cada nación participante nos Xogos Olímpicos. As seis cores combinadas representan todas as nacións sen excepción. A cor branca, ademáis, significa a paz mundial.

O Comité olímpico Internacional


É dono de todos os símbolos olímpicos e dos xogos. Controla os dereitos de transmisión dos xogos, a publicidade e demais actividades, de acordo á Carta Olímpica. É o organismo internacional encargado de organizar e seleccionar as cidades que serán sedes dos Xogos Olímpicos cada 4 anos. Ten a súa sede en Lausana (Suíza).

Substancias prohibidas nos deportes

As seguintes clases de substancias están prohibidas polo Comité Olímpico Internacional (COI):
. Estimulantes
. Narcóticos
. Beta bloqueantes
. Diuréticos
. Esteroides Anabólicos
. Hormonas peptídicas e os seus derivados

Ademais están prohibidos os seguintes métodos de dopaxe:
. Dopaxe de sangue
. Manipulación farmacolóxica, física e química dos ouriños

E as seguintes substancias están suxeitas a certas restricións:
. Alcohol
. Marihuana
. Anestésicos locais
. Coricoesteroides

Certas federacións teñen a súa propia lista de substancias prohibidas. Deben chequearse para saber se hai outras substancias prohibidas no deporte particular.

6/2/12

Carros de lume



Trata da historia real dos atletas ingleses Harold Abrahams e Eric Liddell, gañadores das medallas de ouro en 100 e 400 metros respectivamente, nas olímpiadas de París en 1924.
Abrahams está interpretado polo actor Ben Cross, mentres que a Liddell lle da vida Ian Charleson, e o argumento céntrase nas dificultades de integración social de Abrahams pola súa condición de xudeo, debido aos prexuicios existentes na sociedade inglesa da época, e como o deporte convírtese para el nunha vía para ser aceptado dentro da elite británica. Tamén se reláta o conflicto moral de Eric Liddell, cando renunciou a competir na proba de 100 metros nos Xogos Olímpicos de 1924 debido a que a súa relixión lle prohibia correr en domingo, e como finalmente un compañeiro de equipo lle cedeu a súa plaza para correr nos 400 metros, onde Lidell acabaría quedando campión.

Dopaxe na Grecia antiga

Xa na Grecia antiga foron documentados  especialistas que ofrecían aos atletas ingredientes nutricionais para aumentar a súa resistencia física.  Ademais, os atletas eran descritos intentando incrementar a súa forza física comendo diferentes clases de carnes, fungos ou bebidas que contiñan distintas herbas, antes de comezar os xogos.

A orixe dos Aneis Olímpicos

Pierre De Coubertin
A orixe dos aneis Olímpicos remóntanse a 1913, cando o barón Pierre de Coubertin, na Revue Olympique de agosto, informou do símbolo que sería usado para o Congreso Olímpico de París, en 1914. Estes cinco aneis representan as cinco partes do mundo que se uniron ao Olimpismo e que aceptaron competir sanamente.

No Congreso de 1914 o emblema foi adoptado como símbolo olímpico e convertido na bandeira oficial do Movemento Olímpico, sendo estreado nos Xogos Olímpicos de Amberes 1920. 

                                          

Carros de lume



Esta é unha das peliculas máis famosas relacionadas cos xogos olimpicos. Unha produción británica estreada en 1981 e que obtivo un sorprendente éxito sendo recompensada con varios óscars: mellor película, mellor deseño de vestiario, mellor banda sonora e mellor guión orixinal. 

¿Que é a dopaxe?

De acordo co Comité Olímpico Internacional (COI), dopaxe é a administración ou uso por parte dun atleta de calquera substancia allea ao organismo, ou calquera substancia fisiolóxica tomada en cantidade anormal ou por unha vía anormal coa soa intención de aumentar nun modo artificial e deshonesto o seu rendemento na competición.