17/5/12

Sedes dos Xogos Olímpicos Londres 2012

Os XXX Xogos Olímpicos terán lugar entre os días 27 de xulio e 12 de agosto de 2012 na cidade de Londres, Inglaterra. Esta será a primeira cidade en ser anfitriona das Olimpiadas tres veces, sendo anfitriona en 1908 e 1948.
Estos Xogos Olímpicos contarán con 26 deportes, divididos en 39 disciplinas:

1. Atletismo                2. Bádminton             3. Baloncesto              4. Balonmán
5. Boxeo                     6. Ciclismo                 7. Esgrima                  8. Fútbol
9. Ximnasia                10. Halterofilia           11. Hípica                   12. Hockey
13. Judo                      14. Loita                     15. Natación               16. Piragüismo
17. Remo                    18. Taekwondo          19. Tenis                     20. Tenis de mesa
21. Tiro                       22. Tiro con arco        23. Triatlón                 24. Vela

O plan Olímpico de Londres divídese en tres zonas principais: a Zona Fluvial e a Zona Central. Ademais, algunhas sedes sitúanse fóra da área de Londres:

Zona Fluvial





A zona fluvial, como o seu nome indica, sitúase ás beiras do río Támesis e divídese en cinco zonas de especial importancia:

Centro de Exposicións Excel:

Para os Xogos Olímpicos 2012 será unha das zonas máis importantes que acollerá as competicións de halterofilia, boxeo, Judo, loita, tenis de mesa e taekwondo. Grazas á grande capacidade do recinto contarase con catro pabellóns cunha capacidade de entre 6.000 e 10.000 espectadores


Milleniunm Dome:
O Millenium Dome atópase na península de Greenwich, ó sueste de Londres. Ademais de acoller ás competicións de ximnasia artística e baloncesto tamén vai ser onde se dispute as finais do circuíto de tenis ATP





Arena de Greenwich:


O North Greenwich Arena é un impresionante estadio deportivo e centro de ocio con tendas, restaurantes e moito más. Esta sede albergará as competicións de Ximnasia artística, ximnasia acrobática, baloncesto e bádminton.





Greenwich Park:
O Grenwich Park é unha das zonas máis importantes da capital londinense que albergará os eventos relacionados co fermoso deporte da equitación. É a zona ideal para realizar este tipo de probas e móstrase como un dos parques preferidos dos londinenses e tamén dos turistas estranxeiros que desexan visitar a fermosa línea do meridiano de Greenwich.


 Royal Artillery Barracks:


A zona fluvial componse por último da sede especialmente pensada para os deportes de tiro e tiro con arco. É a Royal Artillery Barracks e pode acoller ata 7.500 espectadores que podrán disfrutar da puntería dos participantes. O baloncesto, a halterofilia, o tiro, os deportes de loita e a ximnasia tanto rítmica como artística danse neste rincón da capital do Reino Unido sempre ás beiras do río Támesis.
                                                          

                                            Zona Central

A zona cental será unha das zonas máis importantes de todas as Olimpiadas que se disputarán na capital do Reino Unido.




Na sede dos partidos de fútbol será o novo estadio de Wembley. O estadio demoleuse no 2002 e nese mesmo ano volveuse construír e pode acoller ata 90.000 espectadores. Neste novo estadio acolleranse as finais tanto masculinas como femininas.



Na zona central tamén se van disputar todas as competicións asociadas ao deporte da raqueta.

O tiro con arco disputarase no Lord´s Cricket Ground. É a cuna do cricket e combina moderniade con tradición.





O ciclismo en ruta disputarase no Regent´s Park situado en pleno corazón da capital londinense.





 O vóley praia disputarase no Horse Guards Parade.






Por último o triatlón celebrarase no Hyde Park situado na capital londinense e incorporará os deportes de natación, atletismo e ciclismo.



Aforas de Londres


As aforas de Londres albergarán as sedes de piragüismo e de remo: Ambos o remo e o piragüismo realizarase no canal de Eton Dorney nas aforas de Londres.
 

No hay comentarios: