O emperador Adriano desembarcou en Gran Bretaña no ano 122 d.C., foi o primeiro gobernante en facelo dende a invasión. Chegou a inspeccionar a provincia en persoa. Adriano recibiu numerosos informes sobre as tribus que vivían na actual escocia e os danos que ocasionaban sobre a provincia. Nese ano ordenou ao gobernador local construír un muro ou construción defensiva con fortificacións para cubrir dende a costa do mar do Norte ata o brazo do Mar de Solway. Este muro é coñecido hoxe en día como “o muro ou muralla de Adriano”. A muralla tamén tiña como función manter a estabilidade económica e crear condicións de paz na provincia romana de Britania. A muralla estaba construída con sillares de pedra, tiña un grosor de 2’4 a 3 metros e una altura de entre 3’6 e 4’8 m. Contaba con 14 fortes principais e 80 fortíns, un foso de 10 metros e un camiño militar. A UNESCO declarouna patrimonio da humanidade no ano 1987.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario