30/3/09

Calendarios



Historia do calendario

Dende o principio dos tempos, os homes e as mulleres tiveron unha maneira evidente de establecer un ritmo na vida: os días e as noites. As fases da Lúa resultaron un medio evidente de ordenar a vida, polo que os primeiros calendarios foron todos lunares. Como o período que duran todas as fases da Lúa é de máis ou menos 29 días e 1/2, pois estes calendarios empezaron sendo de 30 días, para aproximar.

Ademais da necesidade de organizar a vida, apareceu outra moi importante tamén: o control da época da semente e da colleita. Empezouse entón a estudar a relación entre a Terra, o Sol e as estrelas. Así, moitas civilizacións estableceron calendarios de 12 meses de 30 días cada un. Pero os calendarios tamén se elaboraban tendo en conta o que sinalaban os sacerdotes, que en moitos casos eran os encargados da súa elaboración, co cal surxiron moitos moi diferentes.

As orixes das versións máis antigas do calendario romano estan cheas de especulacións. Dise que o primeiro dos calendarios que elaboraron os romanos tiña só 10 meses, de 30 días e 31 días. Comezaba en Martius (en honor a Marte, deus da guerra), xa que nestes meses se daba o equinocio da primavera. O ano continuaba ata o último mes, December. Máis tarde engadironse os dous últimos meses, Ianuarius e Februarius, e moitos con diferente número de días.

Calendario Xuliano

Cando Xulio César chegou o poder, no ano 46 a.C. atopou o calendario cheo de imprecisións e un grande desfase entre os meses e as estaciones. Recurriu enton o astrónomo Sosíxenes e estableceu, no ano 45 a.C., o chamado calendario Xuliano moi parecido ó noso. Tratábase xa dun calendario totalmente solar, e xa non lunar. Así, a duración do ano viña dada polo tempo que tardaba a Terra a dar volta o Sol. (365 días 6 horas e 9 minutos)

Para satisfacer estas reformas, intercaláronse 85 días o ano 46 a.C. , resultado dun ano de 445 días,coñecido como ano da confusión. Ordenouse tamén que cada 4 anos un deles, febreiro, ó que César lle sacara un día para Xullo, durase 1 día máis que se colocaría despois do chamado día sexto antes de Kalendas, por iso se lle chamou "o sexto por segunda vez"; é dicir, naceron os chamados anos bisestos. Tamén neste momento se traslada o principio de ano o 1 de xaneiro.

Xulio César fixo que o mes Quinctilis, no que el nacera, pasara a ter un día máis: 31, para engrandecerse; posteriormente este mes chamouse Xulio no seu nome. Augusto, sucesor de César, fixo o mesmo con Sextilis, que tamén pasou a durar 31 días, e que tamén, anos máis tarde, se chamou Agosto no seu nome.

Calendario Gregoriano

O calendario Xuliano era xa bastante exacto, pero non de todo. Tal e como estaba, cada 125 anos se atrasaba un día. Esto esto provocaba que os equinocios se fosen adiantando co paso dos anos. Por eso, o Papa Gregorio XIII, aconsellado por un astrónomo, ordenou que se correxira de novo o calendario. Primero suprimíronse 10 días nese ano (o día seguinte ó 4 de outubro de 1582 foi o 15 de outubro dese mesmo ano). Ademáis, estableceuse que os anos bisestos cuxas dúas últimas cifras fosen cero non fosen bisestos, salvo se as duas primeiras cifras son divisibles entre 4 (por exemplo: o 1600 e 2000 son bisestos, pero o 1700 e o 1800 non o son).

Este calendario foi pouco apouco asumido por moitos países, e é o maioritariamente utilizado no mundo. Temos que ter en conta, sen embargo, que na actualidade coexisten uns 40 calendarios !

ROMA


FORMACIÓN DO IMPERIO ROMANO



  • Foi a máis poderosa potencia militar e política do mundo antigo.Tivo distintas formas de goberno: monarquía, republica e imperio.

  • Conquistou extensos territorios en Europa, Norte de Africa e Oriente Próximo grazas a un exército profesional e disciplinado e ós funcionarios que dirixían as terras conquistadas.

  • Fundou cidades que eran centros de control político e centros comerciais, financieiros e culturais.

  • Creou un modelo de sociedade baseado na desigualdade entre homes e mulleres libres e homes e mulleres escravos.


  • Desenvolveu técnicas constructivas avanzadas. E como non, civilización común a todo o imperio, mediante unha lingua: o latín; un dereito común; uns modos de vida e costumes únicos.

27/3/09

GRUPO 1ºC visita as salinas romanas




Boas!!!
Aquí estamos visitando as salinas romanas de Vigo.

Somos o grupo de 1ºC e imos presentar o noso proxecto interdisciplinar sobre os velenos, a arquitectura romana e minas.


Imos facer mapas sobre os lugares onde se encontran as minas romanas en España, e outro sobre a arquitectura romana no noso país. Nos velenos imos informar sobre os emperadores romanos que morreron envelenados e as plantas velenosas que os mataron. Tamén falaremos sobre a mediciña da antiga Roma.

24/3/09

Tito Livio


Tito Livio (Titus Livius en latín) naceu en Patavium (Padua) no ano 64 ou 59 a. de C. e morreu no ano 17 d. de C. Foi un historiador romano, autor de Ab Urbe Condita (Desde a fundación da Cidade), que relata a historia de Roma desde a fundación tradicional no ano 753 a. de C. ata á morte de Druso no ano 9 a. de C. En total componse de 142 libros, dos que só conservamos 35.


Livio naceu nunha familia rica de provincias e trasladouse de mozo a Roma, estudando nela retórica e filosofía. Tiña ideas conservadoras e republicanas, mais non entrou nunca en política. Adquiriu fama a partir do ano 27 – 25 a de C., cando empezou a preparación de Ab Urbe Condita, obra na que se ocupou ata á súa morte. Augusto, a cuxo círculo pertenceu, confioulle a educación do seu neto adoptivo, o futuro emperador Claudio, a pesar das súas ideas republicanas. En troca, Livio aceptara a Pax Romana e, aínda que el fose partidario das ideas de Pompeio, aprobou a enorme reforma emprendida por Augusto. Tivo dous fillos.

Ovidio


Publio Ovidio Nasón naceu en Sulmona o 20 de marzo do ano 43 a. de C. e morreu no Mar Negro no ano 17 ou 18 d. de C. Viviu dende moi novo en Roma, onde se relacionou con outros escritores da época como Horacio ou Propercio.


Ocupou cargos públicos pouco relevantes ata que un decreto do emperador Augusto o desterrou á beira do Mar Negro, no ano 8 d. de C.; como consecuencia, os seus libros foron retirados das bibliotecas e queimados en público por inmorais. A súa obra iniciouse cun cancioneiro amoroso, poemas que abren un ciclo erótico no que tamén se inclúen as Heroidas, colección de ficticias cartas de amor escritas por heroínas da mitoloxía e da historia, pero os seus títulos máis ambiciosos son Fasti e As Metamorfoses.


En Tristia, unha elexía de forma epistolar, cobran importancia singular as referencias autobiográficas. Na época na que Ovidio estivo desterrado escribiu a súa obra mais famosa: As Metamorfoses (Metamorphoseon), escrita en hexámetro dactílico. Desde a Idade Media e o Renacemento, coma é o caso dos Carmina Burana, a obra de Ovidio nunca deixou de estar presente na tradición literaria europea.

Presentación de 1ºE




Ola! Nós somos o grupo de 1ºE do IES Alexandre Bóveda.
A nosa clase está composta por: Laura, Juan, Diana, Xoel, Nerea, Antonio, Iria, Brais, Marcos, Iris, Kelly, Nahuel, Roberto, Paula, Leo, Fran, Adrián, Agus, María, Rogelio, Kike, Martín e Sergio.
As nosas entradas no blog van ir dalgúns escritores romanos (Petronio, Plauto, Virxilio Tito Livio e Ovidio) e dos deuses romanos.
Esperamos que vos guste o noso blog, porque está feito con moito cariño.
Un saudo aos nosos benqueridos visitantes.

13/3/09

Facendo mapas
















Xa que queriades ver os mapas, aí van:




Neste da dereita aparecemos traballando o mapa do Imperio romano, aínda que está sen rematar... a que está quedando ben? O mapa fotografado na imaxe da esquerda móstranos os pobos prerromanos que habitaban a Península naqueles tempos.















Presentación 1ºF


Ola!! Somos o grupo de 1º da ESO F e imos presentar o noso traballo, nós imos facer o Pin acerca da "Romanización de Gran Bretaña", o noso tamén vai tratar un pouco de historia para saber un pouco máis dos tolos destes romanos e que demo facían eles fóra de Roma.
Imos facer mapas, debuxos, esquemas, etc do que fixeron os romanos por alá e de que xente vivía antes da súa chegada, o que facían, como vivían, quen eran e máis cousas…
¿Sabiades que Xulio César non puido conquistar Inglaterra porque unha muller co seu exército lle plantou cara?, e ¿sabiades que hai moitas verbas que se parecen en galego e en inglés, como “crocodilo” e “crocodile”?, isto e máis cousas en breve …. ;)

9/3/09

Presentación 1º ESO B



Os alumnos de primeiro de ESO B do Instituto Alexandre Bóveda queremos presentarvos un resumo do traballo realizado no PIN sobre as Ciencias Naturais no Imperio Romano. Pouco a pouco iremos publicando entradas no Blog sobre algúns dos aspectos máis destacados dos que fumos traballando ó longo destes meses e que foron aportando os distintos equipos formados na nosa clase.



5/3/09

Os números romanos


Este sistema de numeración é moi diferente o noso; vexamos algunhas diferencias:

1ª - Non é posicional, é dicir, o valor dunha letra sempre é o mesmo, independentemente de onde estea colocado. Exemplo:

V sempre vale 5 esté onde esté colocado, xa que, por exemplo, 50 escríbese doutra forma (L)

2ª - Non é decimal.

Regras e signos

- Os signos I, X, C, M podense repetir ata tres veces consecutivas.

-Se unha cifra está a esquerda dunha maior, réstase desta.

-Se unha cifra está a dereita dunha maior, súmase a esta.

-As unidades simples convértense en miles colocando sobre ela unha raia horizontal.

E agora invitámosvos a xogar a este xogo sobre os numeros romanos que vai moi ben para practicar:

http://www.genmagic.org/mates3/nro1c.swf

Que vos divirtades!

Doutra banda, e como vos poderedes imaxinar, operar con este particular sistema de numeración non resultaba nada sinxelo. Se ben é certo que en realidade empregaron o ábaco para realizar os cálculos, tamén dispoñían de algoritmos para levalos a cabo cos signos que vos expuxemos anteriormente.

Anunciámosvos o estreno, proximamente neste blog, do vídeo no que nós mesmos vos explicaremos, paso a paso, como o facían.

Presentación 1º A - "Vai de romanos"

Os de 1º A empezamos o traballo cun tema importante tamén...

como era o sistema de numeración romano? Pronto vos explicaremos todas as regras para que o dominedes.