Tito Livio (Titus Livius en latín) naceu en Patavium (Padua) no ano 64 ou 59 a. de C. e morreu no ano 17 d. de C. Foi un historiador romano, autor de Ab Urbe Condita (Desde a fundación da Cidade), que relata a historia de Roma desde a fundación tradicional no ano 753 a. de C. ata á morte de Druso no ano 9 a. de C. En total componse de 142 libros, dos que só conservamos 35.
Livio naceu nunha familia rica de provincias e trasladouse de mozo a Roma, estudando nela retórica e filosofía. Tiña ideas conservadoras e republicanas, mais non entrou nunca en política. Adquiriu fama a partir do ano 27 – 25 a de C., cando empezou a preparación de Ab Urbe Condita, obra na que se ocupou ata á súa morte. Augusto, a cuxo círculo pertenceu, confioulle a educación do seu neto adoptivo, o futuro emperador Claudio, a pesar das súas ideas republicanas. En troca, Livio aceptara a Pax Romana e, aínda que el fose partidario das ideas de Pompeio, aprobou a enorme reforma emprendida por Augusto. Tivo dous fillos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario