5/3/09

Os números romanos


Este sistema de numeración é moi diferente o noso; vexamos algunhas diferencias:

1ª - Non é posicional, é dicir, o valor dunha letra sempre é o mesmo, independentemente de onde estea colocado. Exemplo:

V sempre vale 5 esté onde esté colocado, xa que, por exemplo, 50 escríbese doutra forma (L)

2ª - Non é decimal.

Regras e signos

- Os signos I, X, C, M podense repetir ata tres veces consecutivas.

-Se unha cifra está a esquerda dunha maior, réstase desta.

-Se unha cifra está a dereita dunha maior, súmase a esta.

-As unidades simples convértense en miles colocando sobre ela unha raia horizontal.

E agora invitámosvos a xogar a este xogo sobre os numeros romanos que vai moi ben para practicar:

http://www.genmagic.org/mates3/nro1c.swf

Que vos divirtades!

Doutra banda, e como vos poderedes imaxinar, operar con este particular sistema de numeración non resultaba nada sinxelo. Se ben é certo que en realidade empregaron o ábaco para realizar os cálculos, tamén dispoñían de algoritmos para levalos a cabo cos signos que vos expuxemos anteriormente.

Anunciámosvos o estreno, proximamente neste blog, do vídeo no que nós mesmos vos explicaremos, paso a paso, como o facían.

2 comentarios:

Mar dijo...

Eo!

O mellor: ir a toda velocidade no xogo e sen equivocarse. A que pensabades que tiñades este sistema de numeración "controlado"?

raquel 1ºb dijo...

Pois si Mar o xogo esta chulisimo eu pensei que xa sabia moi ben os numeros romanos pero...
jajaja
Agora xa os repasei.