21/4/09

Plutón



É o rei dos infernos, fillo de Saturno e Ops e irmán de Xúpiter e de Neptuno. O nome de Plutón relaciónase mellor co seu papel de divinidade benfeitora para os mortaiss que co deus de aspecto espantoso. Como deus subterráneo presidía a riqueza agrícola e mineira.
Moraba nas profundidades dos antros infernais, das que só saíra unha vez, con motivo do rapto de Proserpina, filla de Ceres, que reina xunto a el co nome de Perséfone. Considerado como xuíz inflexible, ía sempre acompañado dun cortexo de divinidades feroces ou de heroes divinizados. En Roma consideróuselle como Orco, e se lle sacrificaron vítimas humanas, en particular ladróns e asasinos, así como aos considerados como inimigos da patria. Como deidade benfeitora, rendéuselle especial culto: sacrificio de ovellas negras, consagración do ciprés e o narciso.
Plutón aparece nas representacións cuberto con ampla túnica e sostendo o cetro da realeza; tamén leva un casco, regalo dos Cíclopes e que ten o poder de volvelo invisible. Aparece con longa barba e abundante cabeleira. A miúdo se lle representa entronizado, co cancerbeiro aos seus pés, ou cunha serpente. Tamén sobre o carro, especialmente nas esceas do rapto de Proserpina.

Neptuno



É o deus romano do mar, fillo de Saturno e Ops e irmán de Xúpiter e de Plutón. Rixe os ventos e as tempestades. Neptuno elixiu o mar como morada e nas súas profundidades existe un reino de castelos dourados. Co seu poderoso tridente axita as olas, fai brotar fontes e manantiais e encauza a súa ira provocando os temibles sismos ou terremotos.
Casou coa ninfa Anfitrite, unha nereida que lle deu como fillos aos Tritóns, monstruos mariños con rostros humanos barbados e colas como as dos delfíns, os cabelos son algas, teñen agallas detrás das orellas e mans que parecen cunchas.
Era o deus que sostiña o planeta no que vimimos, porque o océano rodeaba a Terra e era evidente que el, desde os mares, soportaba o peso da terra firme. Ademais, Neptuno dera forma ás costas, arrancara anacos de montañas para formar os cantís ou pasara a man polo litoral para deixar suaves praias e abrigadas bahías nas que os barcos atopaban refuxio. Por iso, a parte de ter ao seu lado ás sirenas traidoras, ás nereidas inigualables, ás oceánides fermosas e aos tritóns poderosos, Neptuno era señor das ninfas, ondinas e náiades dos lagos, dos ríos, das fontes, todas elas eran parte da súa corte e a el debíanlle pleitesía e obediencia por ser parte do mundo acuático.
Tiña adicamos moitos templos, sobre todo nas cercanías do mar. É representado barbudo, sostendo un tridente, o cetro da súa autoridade, e, as veces, nun carro tirado por cabalos mariños e escoltado por tritóns. O seu animal símbolo é o cabalo, creación súa.

Xuno

Deidade itálica, logo romana, filla de Saturno e de Ops, esposa de Xúpiter e raíña do ceo, deusa da luz, da muller e da unión lexítima. Xuno, homóloga da deidade etrusca Uni, personificaba a luz celeste entre os pobos de Italia. Foi deusa protectora de Roma.
O 1 de marzo de cada ano, as mulleres celebraban unhas festas en honor de Xuno chamadas Matronalia. Outras festas no seu honor, as Nonas Caprotinas, celebrábanse o 7 de xullo. Moitos consideraban o mes de xuño, que toma o seu nome de Xuno, patrona do matrimonio, o máis favorable para casar. As Calendas de cada mes tamén estaban consagrados a esta deusa, que tiña festas o 1 de xullo e o 13 de setembro.
Xuno aparece representada como unha matrona maxestuosa, as veces cun cetro na man, cun pavo real e unha granada, a súa ave e o seu fruto favoritos. Xuno tiña en ocasións un carácter guerreiro que se facía aparente nas súas roupas. A miúdo aparecía armada e levando unha capa de pel de cabra (de aí Caprotina), que era a prenda preferida polos soldados romanos en campaña. Este aspecto guerreiro foi asimilado da deusa grega Atenea, que tiña unha pel de cabra que recibía o nome de éxida.

Xúpiter



Xúpiter é o rei dos deuses e dos homes. Fillo de Saturno, e esposo de Xuno. Destronou ao seu pai coa axuda dos seus irmáns Neptuno e Plutón, cos que repartiu o imperio do universo: el reservouse o ceo, Neptuno apropiouse do mar e Plutón do mundo subterráneo. Venceu aos Titáns e aos Xigantes.
Foi chamado Iupiter Optimus Maximus Soter (Xupiter o mellor, maior e máis sabio) como deus patrón do estado romano, encargado das leis e da orde social. Foi o deus xefe da Triada Capitolina, que formaba xunto a Xuno e Minerva.
É representado sentado maxestuosamente no seu trono, con barba longa, cuns raios na man dereita, unha Victoria na esquerda e unha aguia aos pés.
No periodo imperial era habitual que emperadores como Claudio ou Domiciano adoptasen características das representacións de Xúpiter nos seus propios retratos tentando reafirmar a súa soberanía sobre o imperio.
O Sumo Sacerdote de Xúpiter era o Flamen Diales, e foi un cargo ocupado por homes da relevancia de Xulio César.
Un dos seus defectos era a promiscuidade e para realizar a súas conquistas amorosas, transformábase en animais porque el non podía mostrarse en toda a súa gloria.
Entre as divinidades do ceo eran fillos seus: Minerva, Apolo, Diana, Marte, Mercurio, Vulcano e Baco. Entre os heroes e semideuses: Polux, Hércules, Perseo, Minos, Radamanto, Anfión e Zeto.

16/4/09

VELENOS E MEDICINA NA ANTIGA ROMA

Agora os imos informar como se envelenaban os emperadores romanos no Imperio Romano:

O envelenamento por chumbo era moi común na antiga Roma porque con el fabricaban vaixela onde bebían viño, entre outras utilidades.

Algúns historiadores cren que a demencia inducida por chumbo foi en parte a culpable da caída do Imperio Romano.

Estímase que coa inxesta de viño os emperadores romanos absorvían uns 250 mg de chumbo por día.
(hoxe en día, segundo a OMS, esta excesiva inxesta de chumbo produciu danos irreversibles na saúde dos emperadores romanos, proba delo son as conductas e decisións erróneas como as de Calígula , Nerón e Cómodo.


En Roma apareceu a primeira lei antiveleno, bautizada como Lex Cornelia Maestration, porque as autoridades se percataron do gran número de viuvas ricas existentes. Locusta era unha envenenadora oficial de gran poder nesa época. Facía velenos á carta en función do método de administración, o tipo de morte e a rapidez desta. Cabe destacar que numerosos emperadores romanos morreron envelenados como foi o caso de Augusto

14/4/09

Inglaterra e a súa romanización

1º INTENTO

55 a.C. XULIO CÉSAR









- Entrou polo sudeste de Inglaterra. Fixo dous intentos de conquista:
· No primeiro conquistou a praia de Kent e pouco máis.
· No segundo conseguiu restaurar no trono dos trivonantes a un dos seus aliados co que puido impoñer os primeiros tributos entre as tribus de Britania.
- Deu a coñecer a supremacía de Roma.


2º INTENTO

43 d.C. CLAUDIO



- Durante o seu imperio produciuse a conquista de Britania, para o que enviou catro lexións xunto con tropas auxiliares e elefantes de guerra, causando unha grande impresión nos britanos.
- Permaneceu na illa dezaseis días, durante este tempo apoderouse da capital dos Trinovantes.
- Cando Caractaco, o líder da resistencia britana, foi finalmente capturado no ano 50, Claudio indultouno pola súa nobre actitude (o castigo era o da pena de morte). Iso serviu para calmar a oposición na illa.
- Claudio ordenou destruir calquera símbolo pertencente á relixión celta o druidismo e moitos templos foron demolidos.



43 d.C FLAVIO VESPASIANO


- Foi comandante militar destacado na invasión de Britania.
- Participou na invasión de Britania conquistando o sudoeste (Dorset, Hampshire, Cornualles, …) para asegurar os portos da costa sur e os portos con minas de estaño de Cornualles e as minas de prata de Somerset.
- Empezou como Emperador no ano 79, foi o fundador da dinastía Flavia.



81 d.C. XULIO AGRÍCOLA


- Foi o duodécimo xeneral romano que estuvo en Britania e o único que finalizou a tarefa de someter aos britanos.
- Como gobernador, estivo sete anos completos en Britania (78-84), subxugou Gales e o norte de Inglaterra antes de invadir Escocia, coñecida como Caledonia nos tempos dos romanos (foi o primeiro romano que deu a volta a Britania).
- A última conquista do seu predecesor fora a dos siluros, o sur de Gales. A última acción do período de mando de Agrícola foi a que tivo lugar ao pé dos montes Grampianos, que lle deu a posesión de toda Britania ata o límite norte de Perth e Argyll.
- O dominio romano durou ata o ano 410 d.C.

BENEFICIOS QUE TROUXERON OS ROMANOS

- Introduciron leis que se aplicaban nas cortes dos romanos.
- Construíron estradas con bloques de pedra e os pobos foron fortificados.
- Construíron vivendas cómodas e templos.
- Construíron mercados e suministros de auga.
- Estableceron un sistema educativo para os fillos dos caudillos britanos, entre eles falábase latín e levábase a toga como prenda de moda.

PETRONIO



O historiador romano Tácito referíase a el como arbiter elegantiae (árbitro da elegancia). O seu sentido da elegancia e o luxo convertiron a Petronio en organizador de moitos dos espectáculos que tiñan lugar na corte de Nerón. Petronio foi tamén procónsul de Bitinia, e máis tarde cónsul. A súa influencia sobre Nerón despertou os celos do prefecto do pretorio Cayo Odonio Tixelino, outro dos favoritos do emperador, que lanzou contra el falsas acusacións. Participou na conxura encabezada por Pisón, e Nerón, avisado, ordenoulle permanecer en Cumas; o escritor decidiu quitarse a vida deixándose desangrar ata morrer. Dise que antes enviou ao emperador un escrito no que enumeraba todos os vicios do tirano.
Petronio é autor dunha notable obra de ficción, unha novela satírica en prosa e verso titulada O Satiricón (c. 60), da que se conservan algúns fragmentos; narra as aventuras de dous libertos, Encolpio e Ascilto, e inclúe algúns obscenos Contos Milesios. O estilo poético de Petronio é moi manierista, parecido ao de Ovidio. O Satiricón pode ser o primeiro exemplo de novela picaresca na literatura europea, e pode considerarse o modelo de novelas posteriores. Ofrece unha descrición única, e moitas veces enormemente desvergoñada, da vida no século I d. C. A pesar de que o seu narrador se expresa no mellor latín da época, a obra é especialmente valiosa polos coloquialismos nos parlamentos de moitos personaxes que ofrecen un interesante obxecto de estudio sobre o latín vulgar da época. O episodio máis famoso é o Banquete de Trimalción, unha descrición sumamente realista dun banquete ofrecido por un novo rico e ostentoso liberto.

3/4/09

DESAPARICIÓN DO IMPERIO




  • Crise económica e social: pola escasez de man de obra rural e a pouca produción dos escravos a burguesía da cidade empobrécese, diminuen os ingresos por impostos e o estado non pode pagar os funcionarios nin o exército.


  • Crise política: produce a indisciplina no exército e o poder imperial debilitado produciu inseguridades nas fronteiras, a presión dos pobos bárbaros e as invasións xermánicas.


  • Crise das ideas relixiosas: a relixión romana non satisface a gran numero de persoas, xorden outros cultos relixiosos, aparece a mensaxe cristiá que da o culto a un deus único e a promesa de salvación; os grupos oprimidos convértense ó cristianismo, o que produce persecucións e intolerancia relixiosa.