21/4/09

Plutón



É o rei dos infernos, fillo de Saturno e Ops e irmán de Xúpiter e de Neptuno. O nome de Plutón relaciónase mellor co seu papel de divinidade benfeitora para os mortaiss que co deus de aspecto espantoso. Como deus subterráneo presidía a riqueza agrícola e mineira.
Moraba nas profundidades dos antros infernais, das que só saíra unha vez, con motivo do rapto de Proserpina, filla de Ceres, que reina xunto a el co nome de Perséfone. Considerado como xuíz inflexible, ía sempre acompañado dun cortexo de divinidades feroces ou de heroes divinizados. En Roma consideróuselle como Orco, e se lle sacrificaron vítimas humanas, en particular ladróns e asasinos, así como aos considerados como inimigos da patria. Como deidade benfeitora, rendéuselle especial culto: sacrificio de ovellas negras, consagración do ciprés e o narciso.
Plutón aparece nas representacións cuberto con ampla túnica e sostendo o cetro da realeza; tamén leva un casco, regalo dos Cíclopes e que ten o poder de volvelo invisible. Aparece con longa barba e abundante cabeleira. A miúdo se lle representa entronizado, co cancerbeiro aos seus pés, ou cunha serpente. Tamén sobre o carro, especialmente nas esceas do rapto de Proserpina.

No hay comentarios: