21/4/09

Neptuno



É o deus romano do mar, fillo de Saturno e Ops e irmán de Xúpiter e de Plutón. Rixe os ventos e as tempestades. Neptuno elixiu o mar como morada e nas súas profundidades existe un reino de castelos dourados. Co seu poderoso tridente axita as olas, fai brotar fontes e manantiais e encauza a súa ira provocando os temibles sismos ou terremotos.
Casou coa ninfa Anfitrite, unha nereida que lle deu como fillos aos Tritóns, monstruos mariños con rostros humanos barbados e colas como as dos delfíns, os cabelos son algas, teñen agallas detrás das orellas e mans que parecen cunchas.
Era o deus que sostiña o planeta no que vimimos, porque o océano rodeaba a Terra e era evidente que el, desde os mares, soportaba o peso da terra firme. Ademais, Neptuno dera forma ás costas, arrancara anacos de montañas para formar os cantís ou pasara a man polo litoral para deixar suaves praias e abrigadas bahías nas que os barcos atopaban refuxio. Por iso, a parte de ter ao seu lado ás sirenas traidoras, ás nereidas inigualables, ás oceánides fermosas e aos tritóns poderosos, Neptuno era señor das ninfas, ondinas e náiades dos lagos, dos ríos, das fontes, todas elas eran parte da súa corte e a el debíanlle pleitesía e obediencia por ser parte do mundo acuático.
Tiña adicamos moitos templos, sobre todo nas cercanías do mar. É representado barbudo, sostendo un tridente, o cetro da súa autoridade, e, as veces, nun carro tirado por cabalos mariños e escoltado por tritóns. O seu animal símbolo é o cabalo, creación súa.

No hay comentarios: