1. A relixión romana antigua
Cada acto da vida do romano antiguo estaba dirixido por unha forza divinizada. Como exemplo expresivo podemos citar a serie de divinidades que dirixían ao neno desde o seu nacemento: Cunina, protéxeo no berce; Rumina ensíñalle a mamar; Educa e Potina, a comer e a beber; Statulinus, a manterse en pé; Fabulinus, a falar; Abeona protéxeo cando sae da casa; Adeona, cando volve a casa, etc.
Os primeiros deuses, auténticamente romanos, con anterioridade ás influencias exteriores, relaciónanse, dun modo ou outro, coa vida agrícola. Entre os principais podemos citar: Ceres, deusa dos froitos de terra; Fauno, deus dos rabaños; Flora, deusa das flores; Xano, deus da porta (janua), cun templo en Roma cunhas portas que soamente se pechaban en época de paz, o que sucedeu rara vez; Xuno, deusa do matrimonio; Xúpiter, deus do ceo e do raio; Liber, deus da viña; Marte, deus das colleitas e despois deus da guerra; Minerva, deusa da intelixencia; Pales, deusa dos pastos; Saturno, deus das sementes; Vesta, deusa do lume do fogar; Vulcano, deus do lume.
Os romanos invocaban e daban culto a estas divinidades, non para honralas ou porque así o merecesen, senon para telas propicias, para pregalas aos seus desexos, para que non lles perxudicasen, para que protexesen as súas colleitas, os seus fogares, etc. As súas pregarias aos deuses, de acordo coa súa mentalidade práctica e analítica, son detallistas ao máximo, cheas de insistencias, de palabras case sinónimas, para cubrir todos os ángulos posibles do obxecto das súas peticións.
2. A influencia grega
Cando Roma toma contacto con Grecia e, sobre todo, cando Grecia se converte en provincia romana, no século II a. de C., os gregos, vencidos polas armas, vencen a Roma pola cultura, impregnando coa súa influencia todo o mundo romano. Esta influencia deixouse sentir notablemente no campo das crenzas e institucións relixiosas. Os deuses romanos primitivos helinizáronse en boa parte, asimilándose a deuses gregos, co que se formou unha especie de Olimpo mixto greco-romano, poblado por varios deuses. Son os seguintes:
Xupiter, Xuno, Minerva, Apolo, Diana, Neptuno, Plutón, Marte, Venus, Mercurio, Vulcano, Ceres, Vesta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario