4. Os Sacerdotes
4. 1. Flamines.
A súa creación atribuise ao Rei Numa. Eran quince, cada un dos cales estaba adicado ao servizo dunha divinidade, na época dos reis eran “os sacerdotes públicos do pobo romano”. O máis importante era o Flamen Dialis, consagrado ao culto de Xúpiter.
4. 2. Pontífices
Creados tamén na época dos reis, a súa importancia acrecéntase co tempo.Teñen ao seu cargo desde o principio a vixilancia das prácticas relixiosas, a organización do culto publico, a confección do calendario, coa indicación dos días laborables e os festivos. O número de pontífices varía co tempo, pero sempre hai un Pontifex maximus, que ten un cargo vitalicio e que e o verdadeiro “xefe da relixión nacional”, con autoridade sobre todos os demais sacerdotes.
4. 3. Vestais
Constitúen un colexio sacerdotal feminino encargado da conservación do lume sagrado no tempo de Vesta, deusa á que están consagradas. Elexíanse entre as fillas das mellores familias e o seu sacerdocio duraba trinta anos, ao final dos cales podían seguir ou retirarse á vida privada. Tiñan voto de castidade obrigatorio. Gozaban de grande prestixio e de importantes privilexios, pero tamén eran castigadas duramente, enterrándoas vivas, se faltaban ao voto de castidade.
4. 4. Augures e Haruspices
Son os encargados da “predicción do porvir”. Os romanos, antes de tomar unha decisión grave, como o inicio dunha guerra ou batalla, adoitaban “consultar a vontade dos deuses”. Esta vontade reflexábase, para eles, fundamentalmente nos signos seguintes:
· Signos celestes, sobre todo o raio e o trono, expresións da vontade de Xupiter; estas manifestacións requerían unha interpretación axeitada.
· O voo das aves, era importante, para a súa interpretación, a zona pola que voasen, pola dereita ou pola esquerda, o que dependía, claro está da posición do augur; este xeneralmente colocábase mirando ao norte, co o que a dereita coincidía co leste e a esquerda co oeste, símbolos, respectivamente, de bo e de mal agoiro. Importaba tamén a cantidade e a clase de aves, entre as que os corvos eran sempre de mal agoiro.
· As entrañas dos animais sacrificados, sobre todo o figado; segundo a súa conformación, a súa cor, etc., podían indicar a vontade propicia ou adversa dos deuses.
Os augures eran os encargados de interpretar os signos celestes e o voo das aves . Os arúspices examinaban as entrañas das víctimas e facían os presaxios conseguintes. O acto de consultar a vontade dos deuses denominábase “tomar os auspicios”, termo referido propiamente ao voo das aves (avi-spicio ═ mirar as aves), pero que se aplica por extensión a calquera dos tipos de operacións adivinatorias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario