5/5/09

MARTE



Na mitoloxía romana, Marte (en latín Mars) era o deus da guerra, equivalente ó Ares da mitoloxía grega. Fillo de Xupiter en forma dunha flor máxica e de Xuno. Inicialmente foi o deus da fertilidade e a vexetación, e o protector do gando, pero despois foi asociado coa loita. Ofrecíanselle sacrificios antes das batallas e dicíase que aparecía nos campos de batalla acompañado por Bellona, unha deusa guerreira. Dise que a súa esposa era Nerio.


O seu principal templo estaba na capital do imperio que compartía con Xúpiter e Quirinus. O templo a Mars Ultor ("o vengador") estaba no Forum Augustus. Outro templo dedicado a Mars Gradivus ("O que precede ó exército na batalla") estaba situado no lugar onde se concentraba o exército antes de partir a unha guerra. O Campus Martius ("campo de Marte") era onde adestraban os soldados e atletas.


Marte era representado coma un guerreiro con armadura cun helmo con crista. O lobo e o peto eran os seus símbolos. Fillos seus foron Fuga e Timor.


O mes de Marzo e o planeta Marte chamáronse así na súa honra.


Marte, ó contrario que o seu equivalente grego, Ares, foi máis venerado que a maioría dos deuses romanos debido a que os seus fillos Rómulo e Remo fundaron Roma. Os romanos chamábanse así mesmos fillos de Marte.

No hay comentarios: