5/5/09

VENUS


Venus é a deusa do panteón romano, equivalente a Afrodita do panteón grego. É a deusa do Amor e da Beleza.


No mito do seu nacemento cóntase que surxiu de dentro dunha concha de madreperla, sendo xerada polas espumas (afros, en grego). Noutra versión é filla de Xúpiter e Dione.


Venus foi unhas das divinidades máis veneradas entre os antigos, sobre todo na illa de Pafos, onde o seu templo era admirable. Tiña un ollar vago e rendíase culto ao estrabismo dos seus ollos como ideal da beleza feminina. Posuía un carro puxado por cisnes.


Na época helenística, aparece acompañada dun neno, Eros, que pasa a ser Cupido, o seu fillo na mitoloxía romana. É tamén a nai de Eneas, pai dos romanos. Nos últimos anos da república, o seu culto oficial creceu en importancia ao converterse en protectora dos homes de estado.


Venus casou con Vulcano, pero tivo amores con homes mortales e con moitos deuses, sobre todo con Marte e co fermoso Adonis.


Aparece representada núa ou seminúa, ás veces xurdindo da escuma do mar, ás veces nun carro tirado por pombas ou cisnes, as súas aves favoritas.

No hay comentarios: