5/5/09

VIRGILIO



Publio Virgilio Marón naceu en Andes, localidade identificada, con secular e pertinaz tradición, co actual lugar de Pietole, ao pé de Mantua. Estudou primeiro en Cremona e Milán, logo en Roma. Na capital rematou a formación en retórica e coñeceu importantes expoñentes da política e da literatura como Cornelio Galo, Alfeno Varo e Asinio Polión. Deixando de lado a carreira forense, retirouse a Nápoles, onde se fixo, xunto con Filodemo de Gadara, discípulo do filósofo epicúreo Sirón (de quen foi mesmo amante). Por resonancia do seu cognomen coa palabra latina virgo foi alcumado Parthenias (en grego virxe).
Coñeceu a mecenas, pasando a formar parte do seu círculo, que acollía a moitos literatos famosos da época. Tería contactos similares con Augusto, colaborando na difusión da súa ideoloxía política.
De regreso dunha viaxe de estudos en Atenas morreu en Brindisi, onde chegou xa doente, vítima dunha insolación. Os seus restos foron inhumados en nápoles, cerca da Gruta de Posillipo, onde hoxe está o Parque da Tumba de Virxilio (Parco della Tomba di Virgilio).
Escribiu varias composicións poéticas durante a súa mocidade, que foran no Medioevo reagrupadas co nome de Appendix Vergiliana. Pero os seus escritos máis famosos son as Bucólicas (unha escolma de dez églogas); as Xeórxicas (poema didáctico en catro libros, acerca dos traballos no campo) e, sobretodo, a Eneida (poema en doce libros que narra a historia de Eneas, guerreiro exiliado de Ilión ou Troia, fundador da dinastía Xulia). Este último poema quedou incompleto, sendo publicado por vontade de Augusto.

No hay comentarios: