ORIXES:
O nome de Atenas na Antiga Grecia era Athenai, que se traduciría como "as Atenas". Este nome en plural podería indicar posiblemente que a orixe da cidade era un grupo de pequenos poboados que se uniron formando a cidade. Do mesmo xeito, segundo a mitoloxía, os gregos crían que a cidade fora bautizada pola súa protectora, a deusa Atenea, quen tras vencer a Poseidón pola loita que mantiñan pola defensa da cidade, puido bautizala co seu nome. Sen embargo, sería igualmente probable que a deusa tomase o nome da cidade e non ó revés.
Atenas comeza a súa historia como un asentamento sobre a Acrópole ("cidade alta") nalgún momento durante o III milenio a.C. O asentamento distaba uns 20 km do mar, do Golfo Sarónico, e se asentaba no centro da Planicie Cefisia, unha zona fértil rodeada por ríos.
Na Acrópole, un dos lugares relixiosos máis importantes de Atenas era o Templo de Atenea, coñecido hoxe en día como o Partenón, onde aínda existen as súas evocadoras ruínas, así como o Erecteion, levantado en honra do heroe local Erecteo o e Templo de Atenea Niké (Atenea Victoriosa) que conmemoraba a victoria dos gregos sobre os persas na Batalla de Salamina. Outros dous lugares relixiosos importantes eran o Templo de Hefesto (que aínda permanece case intacto) e o Templo de Zeus Olímpico ou Olympeion (foi o maior templo de Grecia, pero agora está en ruínas) tamén estaban dentro das murallas.
HISTORIA
Durante este período, Atenas conseguiu pór baixo o seu goberno ás outras cidades da Ática converténdose no maior e máis próspero estado da península grega, pero tamén creou unha gran cantidade de xente excluída, pola nobreza, da vida política. Durante o século VII a. C. producíronse revoltas bastante xeneralizadas e o Areópago nomeou ao lexislador Draco para establecer un código legal máis estrito (de aí o significado da palabra "draconiano"). Cando isto tamén fallou, nomearon a Solón co mandato de crear unha nova constitución (594 a.C.)
A DEMOCRACIA ATENIENSE
A antiga nobreza oligárquica e os excesos da tiranía fixeron que no século VI a. C. dous lexisladores, Solón e Clístenes, estableceran un novo sistema de goberno no que participara todo o pobo que tivera a categoría de cidadán, é dicir, todos os homes libres, maiores de idade, nados de pai e nai ateniense. E ainda que quedaban excluidos as mulleres, os metecos e os escravos, supuxo o nacemento da democracia, que vai a chegar ó seu máximo explendor no século V a. C. con Pericles, baseándose na liberdade de expresión e na igualdade de tódolos cidadáns ante a lei.