XEOGRAFÍA:
Na conca do Mediterráneo Oriental, na Antiguidade, os gregos ocupaban o sur da península Balcánica e as actuais illas e praias do mar Exeo. A súa influencia tamén se estendeu ao sur de Italia e Sicilia e outras partes da costa do Mediterráneo grazas a fundción de colonias.
Na conca do Mediterráneo Oriental, na Antiguidade, os gregos ocupaban o sur da península Balcánica e as actuais illas e praias do mar Exeo. A súa influencia tamén se estendeu ao sur de Italia e Sicilia e outras partes da costa do Mediterráneo grazas a fundción de colonias.
A Grecia continental é unha zona moi montañosa, o que dificultou a conexión entre os terreos e axudou a que os asentamentos tivesen poucas relacions dando lugar a polis independentes. O chan está continuamente suxeito a terremotos e erupcións volcánicas, e as chairas están formadas principalmente por franxas entre montañas ou entre a montaña eo mar. Os ríos son poucos e curtos e o clima é mediterráneo, con veráns quentes e secos e a estación chuviosa moi curta.
A vexetación xa era mala nos tempos clásicos e existen zonas ricas en minerais, como a prata en Laurium e o cobre en Eubea, pero non menos importante é o mármore da illa de Paros.
AS REXIONS DO EPIRO
Baixo o nome de Epiro era coñecido na Antigüidade o territorio poboado por diversas tribus gregas. Os límites deste territorio eran: ó norte limitaba con Iliria e Macedonia; ó sur, co Golfo de Ambracia e Etolia; ó este, con Tesalía e ó oeste, co Mar Xónico. O sistema montañoso do Pindo separaba o Epiro de Tesalia.
O Epiro era unha rexión agrícola na que se cultivaba o cereal, coma o trigo, verduras, froitas, olivas...
Tivo frecuentes loitas con Macedonia, excepto no periodo do goberno do rei macedonio Filipo, quen casou ca princesa Olimpia de Epiro, futura nai de Alexandre Magno..
Epiro viviu o seu máximo esplendor entre os séculos IV e III a.C.
No hay comentarios:
Publicar un comentario