ESPARTA:
ORIXE:
A invasión dos dorios no ano 1200 a.C permitiu que esta cultura se instalase nas terras fértiles do sur do Peloponeso dando lugar á polis de Esparta.
Os descendentes destes invasores dorios formaron unha comunidade militarizada que lles permitiu dominar ós pobos veciños, máis numerosos, convertíndose nunha das polis mais poderosas grazas o seu exército de guerreiros chamados hoplitas.
HISTORIA:
O lexislador mais importante de Esparta foi Licurgo, quen, no ano 700 a.C, estableceu as leis e as institucións de Esparta. Entre estas institucións políticas salientou a Gerúsia, un consello de anciáns composto por 28 membros de máis de sesenta anos, que gobernaba de acordo con unha monarquía composta de dous reis que pertencían as duas familias máis importantes de Esparta. Ademais destes reis e da Gerusía, existía unha Asamblea composta por cinco maxistrados chamados éforos.
A SOCIEDADE DE ESPARTA:
a) Os aristócratas:
A sociedade estaba conformada por un grupo privilexiado de cidadáns, moi pouco numerosos, que descendían dos primeiros habitantes dorios. Estes eran chamados aristocratas, e debían nacer na propia Esparta. Eran os que tiñan os dereitos políticos.
b) Os ilotas:
Eran a clase social máis baixa. Non tiñan dereitos e pertencían ó estado, que entregaba os ilotas aos cidadáns para utilizalos como man de obra nos seus campos. Eran descendentes dos primitivos habitantes, que resistiron durante un tempo o ataque dos dorios, nunha fortaleza, chamada Amiclea, pero que logo foron sometidos polos invasores.
c) Os periecos:
Eran os descendentes de pobos conquistados, que aceptaron pacificamente a autoridade doria. Eran libres pero non podían participar na política. Adicábanse a traballar a terra, o comercio ou eran artesáns.
ESPARTA E AS GUERRAS MÉDICAS:
Os gregos extenderonse ata as costas de Asia Menor fundando novas colonias. Esto provocou o enfrontamento co Imperio Persa, que controlaba parte destas terras e orixinou a sublevación das colonias gregas contra os persas.
A pesar de ter ganado algunhas batallas , os gregos colonizados , polo medo ás represalias persas, pediron axuda ós gregos peninsulares. Ó principio Esparta non respondeu á chamada e soamente Atenas emprendeu a guerra contra Persia, iniciándose as Guerras Médicas.
A pesar de ter ganado algunhas batallas , os gregos colonizados , polo medo ás represalias persas, pediron axuda ós gregos peninsulares. Ó principio Esparta non respondeu á chamada e soamente Atenas emprendeu a guerra contra Persia, iniciándose as Guerras Médicas.
Sen embargo, baixo o goberno do rei espartano Leónidas, os soldados espartanos loitaron contra os persas na Batalla das Termópilas, que foi moi importante para que os gregos gañasen as Guerras Médicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario