A historia de Atenas representa a orixe da historia das cidades europeas e da Europa actual. A súa poboación habitou continuamente esa rexión durante máis de 3000 anos. Foi a cidade principal da Antiga Grecia durante o primeiro milenio a.C. e a culminación da súa longa e fascinante historia chegou no século V a.C., baixo o goberno de Pericles (o "Século de Pericles"), cando os seus valores e a súa civilización se extenderon máis aló dos límites xeográficos da cidade e fixéronse universais. O pensamento político, o teatro, as artes, a filosofía, a ciencia, a arquitectura e tantos outros aspectos do pensamento chegaron ao seu grande apoxeo nunha coincidencia temporal e cunha plenitude intelectual únicas na historia da humanidade.
ORIXES:
O nome de Atenas na Antiga Grecia era Athenai, que se traduciría como "as Atenas". Este nome en plural podería indicar posiblemente que a orixe da cidade era un grupo de pequenos poboados que se uniron formando a cidade. Do mesmo xeito, segundo a mitoloxía, os gregos crían que a cidade fora bautizada pola súa protectora, a deusa Atenea, quen tras vencer a Poseidón pola loita que mantiñan pola defensa da cidade, puido bautizala co seu nome. Sen embargo, sería igualmente probable que a deusa tomase o nome da cidade e non ó revés.

A CIDADE:
Atenas comeza a súa historia como un asentamento sobre a Acrópole ("cidade alta") nalgún momento durante o III milenio a.C. O asentamento distaba uns 20 km do mar, do Golfo Sarónico, e se asentaba no centro da Planicie Cefisia, unha zona fértil rodeada por ríos.

A antiga Atenas ocupaba unha área pequena comparada coa extensa metrópoli da actual cidade. Ademais da Acrópole, que quedará como lugar sagrado onde os gregos construíron os seus templos, na antiga cidade destacaba a Ágora, o centro comercial e social, que estaba a uns 400 metros da Acrópole, no que é hoxe o barrio Monastiraki, así como o outeiro Pnyx, onde se reunía a Asemblea ateniense, estaba en parte oeste da cidade.
Na Acrópole, un dos lugares relixiosos máis importantes de Atenas era o Templo de Atenea, coñecido hoxe en día como o Partenón, onde aínda existen as súas evocadoras ruínas, así como o Erecteion, levantado en honra do heroe local Erecteo o e Templo de Atenea Niké (Atenea Victoriosa) que conmemoraba a victoria dos gregos sobre os persas na Batalla de Salamina. Outros dous lugares relixiosos importantes eran o Templo de Hefesto (que aínda permanece case intacto) e o Templo de Zeus Olímpico ou Olympeion (foi o maior templo de Grecia, pero agora está en ruínas) tamén estaban dentro das murallas.
HISTORIA

A Acrópole estivo habitada desde o neolítico. Para o ano 1400 a. C., Atenas converteuse nun centro poderoso da civilización micénica. A diferenza doutros centros micénicos como Micenas e Pilos, Atenas non foi saqueada e abandonada nos tempos da invasión dórica de 1200 a. C., e os atenienses sempre mantiveron que eles descendían dos xónios orixinarios, sen mezclar a sua raza ca dos invasores dorios.
Tras uns anos de certo abandono, Atenas emerxe de novo no século VIII a.C, grazas á súa posición xeográfica central no mundo grego, o seu seguro emprazamento sobre a Acrópolis e os seus accesos ao mar, o que lle proporcionaba unha vantaxe natural sobre rivais potenciais como Tebas e Esparta. Pronto Atenas se convirte nunha cidade-estado independente, gobernada primeiro por reis. Éstes pertencían á clase máis poderosa, a dos propietarios de terras, a "aristocracia", coñecidos como os Eupátridas (os "ben-nados"), cuxo instrumento de goberno era un Consello, que se reunía no outeiro de Ares, chamado o Areópago.
Durante este período, Atenas conseguiu pór baixo o seu goberno ás outras cidades da Ática converténdose no maior e máis próspero estado da península grega, pero tamén creou unha gran cantidade de xente excluída, pola nobreza, da vida política. Durante o século VII a. C. producíronse revoltas bastante xeneralizadas e o Areópago nomeou ao lexislador Draco para establecer un código legal máis estrito (de aí o significado da palabra "draconiano"). Cando isto tamén fallou, nomearon a Solón co mandato de crear unha nova constitución (594 a.C.)
A DEMOCRACIA ATENIENSE
A antiga nobreza oligárquica e os excesos da tiranía fixeron que no século VI a. C. dous lexisladores, Solón e Clístenes, estableceran un novo sistema de goberno no que participara todo o pobo que tivera a categoría de cidadán, é dicir, todos os homes libres, maiores de idade, nados de pai e nai ateniense. E ainda que quedaban excluidos as mulleres, os metecos e os escravos, supuxo o nacemento da democracia, que vai a chegar ó seu máximo explendor no século V a. C. con Pericles, baseándose na liberdade de expresión e na igualdade de tódolos cidadáns ante a lei.

No hay comentarios:
Publicar un comentario