25/5/10

A VIDA COTIÁ EN ATENAS

A VIDA COTIÁ EN GRECIA:


A CASA GREGA:

Nas cidades gregas non había grandes pazos ou casas moi señoriais.
A maioría das casas estaban construidas en barro e madeira. Case todas tiñan unha soa pranta, e no caso de que houbese dúas, tiñan unha escaleira exterior para poder subir ó piso superior. Tódalas habitacións daban a un patio central polo que entraba a luz e pemitía a ventilación . Entre as habitacións destacaban o comedor, e sobretodo un departamento reservado sólo para os homes, o andrón, e outro para as mulleres, chamado xineceo.
Os mobles que as decoraban consistían en camas, baúles, camastros, mesas baixas, sillas, etc.


A VIDA DUN CIDADÁN ATENIENSE:
Un cidadán ateniense medio se levantaba cedo, aseabase, vestíase e almorzaba pan, aceite e aceitunas. Pasaban a mañá na ágora, no campo atendendo as súas terras, cultivos ou negocios. A mediodía regresaban á súa casa, comían algo lixeiro e a continuación descansaban un pouco. Pola tarde adoitaban ir a tomar os baños e ás barberías e á tardiña viñan de novo á casa para cear, normalmente en familia, e algunas veces con invitados.

A VIDA SOCIAL:
Cando os invitados chegaban á casa dun cidadán ateniense, eran recibidos polo anfitrión, descalzábanse ó chegar e os escravos lavávanlle os pés. Adoitaban tumbarse a comer, reclinados en leitos, e tomaban a comida dunha mesa baixiña. As comidan estaban feitas a base de carne, peixe, queixo, etc. e bebían viño mezclado con auga. Durante estes banquetes, as mulleres acostumaban a retirarse ó xineceo para falar entre elas.



Nalgunhas ocasións máis importantes ou sinaladas, dependendo do seu poder económico o anfitrión contrataba un grupo de músicos e mulleres danzarinas. Noutras ocasións era o propio anfitrión ou algún dos seus invitados os que recitaban poemas ou simplemente falaban.

A MULLER EN ATENAS:
A muller grega vivía sempre nun segundo plano, dependendo do home: primeiro do seu pai e despois do seu marido.



As mulleres pasaban prácticamente todo o día no xineceo, fiando, tecendo, etc. As nenas e as xóvenes eran ensinadas á facer as tarefas domésticas: cociña, coidado da lá, administración dos bens domésticos... pola súa nai, a súa avoa ou as escravas. Aquelas nas que o seu pai tiña maior poder económico aprendían algo de cálculo e música. Salían da casa únicamente durante as festas relixiosas: as xóvenes ateniense participaban na procesión de Atenea e as casadas nas festas das Tesmoforias, unha festa adicada a deusa Deméter.

No hay comentarios: