25/5/10

ARTE GREGA

A ARTE GREGA: ARQUITECTURA, ESCULTURA E PINTURA

A ARQUITECTURA:

A construcción mais importante da arquitectura grega e o templo. Distinguimos 3 tipos de arquitectura chamadas Ordes: dorico, xonico e corintio.

ORDE DORICA

A orde dórica é a máis primitiva e simple das ordes arquirtectónicas clásicas, é o orde grego por excelencia.Se caracteriza polas seguintes peculariedades:
- Non utiliza basa: o fuste da columna descansa directamente sobre o estilóbato.

- O fuste é de sección circular, corto e pouco esbelto. O tamaño total da columna nunca sobrepasa os dezaséis módulos.

- O entablamento está composto por:

  • arquitrabe, unha especie de viga grosa e lisa
  • O friso decorado por unha alternancia de triglifos e metopas.
  • A cornisa remata formando un saledizo cunha moldura.

ORDE XÓNICA

A orde xónica é máis esvelta cá dórica, é orixinaria de Asia Menor. Caracterízase por un fuste con estrias e un capitel con duas volutas.

ORDE CORINTIA

A orde corintia é o máis elegante e ornamentado das ordes arquitectónicos clásicos. Caracterízase por:

· O fuste é de sección circular e presenta un lixeiro éntasis ou engrosamento no centro.

· O capitel se reconoce pola súa apariencia de campana invertida decorada con follas vexetais.

A ESCULTURA

A escultura grega divídese en tres grandes etapas: arcaica, clásica e helenística.

1.O estilo arcaico está caracterizado pola representación dos xóvenes atletas vencedores nos xogos. Trátase de figuras ríxidas que co paso do tempo alcanzan maior dinamismo

2.O estilo clasico e o momento dos grandes autores coma Fidias, Miron..., constituindo o fito da escultura grega. Nesta epoca a escultura grega abandonou os primitivos patrones.

3.Durante o periodo helenistico (seculo III a. C.) enfratizaron e sofisticaron as formas herdadas do clasicismo. Surdiron obras de inigualable monumentalidade e beleza, como ``O coloso de Rodas, de trinta e dous metros de altura.

A PINTURA

A pintura grega a penas se conserva na actualidade, e solo podemos imaxinar parte do que puido ser gracias a cerámica, xa que precisamente na decoración de ánforas, platos e vasixas é onde se conservan algúns restos que clasificamos en tres etapas:

a) Ao comezo os diseños eran elementais formas xeométricas.

b) Co correr do tempo, estas se foron enriquecendo progresivamente ata cobrar volumen. Apareceron, entonces, os primeiros debuxos de plantas e animales. No século VII e VI a.C. se incluiu a figura humana. As escenas se organizaron en franxas horizontais paralelas que permitan a súa lectura. Co pincel debuxaron trazos mais exactos e detallistas.

c) As pezas de cerámica pintadas comezan a experimentar unha notable decadencia durante o clasicismo (séculos IV e V a.C.) para resurxir triunfantes no período helenístico (século III), totalmente renovadas, plenas de color e ricamente decoradas.

Como xa dixemos, a pintura grega a penas se conserva, ainda que sí existen restos de culturas anteriores como a cretense tamén chamada minoica, ou a micenica.

O fresco era xa coñecido nestas etapas, onde decoraba as habitacións principales dos edificios. Temáticamente os repertorios eran parecidos: procesiones de oferentes, xogos de touros, frisos de animais (monos, golfitos…), plantas, flores e motivos abstractos.

No hay comentarios: