RELIXIÓN E MITOLOXÍA
A creencia da vida logo da morte e a consideración sagrada que se lle deu aos mortos deu orixe ao culto que se lles practica, pois o morto que era esquecido pola súa familia, convertíase nun maligno que castigaría de tódolo xeitos posibles ós seus familiares vivos. E como viña sucedendo en tódolos pobos antigos, os gregos sentiron tamén a necesidade dunha relación íntima e privada co mundo sobrenatural, que lle garantirá dalgún xeito o favor e a protección dos deuses, dando lugar ó culto familiar ou doméstico. Ademáis, a creencia da vida logo da norte e a consideración sagrada que se lle daba aos mortos, deu orixe ao culto que se lles practica, pois o morto que era esqucido polos seus familiares convertíase nun ser maligno que castigaría de tódolos xeitos posibles aos seus familiares vivos responsables dese esquecemento, mentras que, se era honrada a súa memoria, pasaba a ser protector.
Entre os cultos con relación aos mortos está o culto ao fogo, pois era no fogar onde neste culto familiar o pai era o encargado de conservar cinza ou carbón encendido, día en noite, en recordo das almas dos seus familiares mortos.
A relixión grega é politeísta, con deuses antropomorfos. Os mitos da orixe do Universo nos explica que nun principio só existía Caos, do que xurdiron Xea (a Terra), Tártaro (as profundidades) e Eros (o Amor). Xea enxendrou a Urano (Ceo) e a Ponto (Mar). Con Urano concibiu aos Cíclopes, os Hetaconquires e a ducia dos Titáns, dos que descenderían tódolos demáis deuses e os seres humanos .
No hay comentarios:
Publicar un comentario