Unían as cidades de todos os puntos de Italia e despois do Imperio cos centros de difusión políticos e económicos.
Este é o blog onde o alumnado mostra parte do traballo que facemos nos proxectos interdisciplinar e de centro do IES Alexandre Bóveda
O EXÉRCITO ROMANO
ROMA TIÑA O MELLOR EXÉRCITO DO MUNDO ANTIGO E POR ISO ACADOU TANTOS ÉXITOS.
AS GRANDES CONQUISTAS NON SERÍAN POSIBLES SEN UN EXÉRCITO BEN ORGANIZADO E DISCIPLINADO.
FOI O PRIMEIRO EXÉRCITO PROFESIONAL ONDE CADA SOLDADO COBRABA UN SOLDO.
DIVIDÍASE EN LEXIÓNS DE APROXIMADAMENTE 5.000 GUERREIROS AO MANDO DUN LEGADO ROMANO.
TODOS OS LEXIONARIOS TIÑAN UN ESCUDO GRANDE, UNHA ESPADA E UNHA XABALINA.
TÁCTICAS E ARMAS
NOS COMBATES QUE SE REALIZABAN A CAMPO ABERTO, OS LEXIONARIOS FORMABAN A TARTARUGA. PROTEXIDOS DE FORMA EFICAZ, ESPANTABAN O INIMIGO, QUE NON SABIA COMO ACTUAR ANTE ESE MURO METÁLICO.
AS TORRES DE COMBATE, OS ARIETES, E AS CATAPULTAS TAMÉN AXUDABAN.
CIDADANS:
HOMES LIBRES CON TODOS OS DEREITOS.
DIFERÉNCIANSE POLAS SÚAS RIQUEZAS.
NON CIDADÁNS:
HOMES LIBRES SEN DEREITOS POLÍTICOS
ESCRAVOS, PERTENCIAN A OUTRA PERSOA
MULLERES, SEMPRE BAIXO A TUTELA DUN HOME
LIBERTOS, AQUELES QUE RECUPERABAN A LIBERDADE
O DEREITO A CIDADANÍA FOISE ESTENDENDO ATA QUE NO S.III D.C. O EMPERADOR CARACALLA CONCEDEUNO A TODOS OS HOMES LIBRES DO IMPERIO
AS MULLERES
NUNCA FORON CONSIDERADAS CIDADÁS.
CARECÍAN DA MAIORÍA DE DEREITOS PERO PODÍAN TER PROPIEDADES, REXENTAR NEGOCIOS E PARTICIPAR NOS ESPECTÁCULOS E FESTAS.
PRINCIPAIS DINASTÍAS E EMPERADORES ROMANOS
DINASTÍA XULIO-CLAUDIA
OCTAVIO AUGUSTO
TIBERIO
CALÍGULA
CLAUDIO
NERÓN
DINASTÍA FLAVIA
FLAVIO VESPASIANO
TITO
DOMICIANO
DINASTÍA DOS ANTONINOS
MARCO ULPIO
ADRIANO
ANTONINO PÍO
MARCO AURELIO
DINASTÍA DOS SEVEROS
SEPTIMO SEVERO
CARACALLA
DIOCLECIANO
DINASTÍA TEODOSIANA
TEODOSIO O GRANDE
RÓMULO AUGUSTO
RAP-RIP DE VIRIATO O LUSITANO
Viriato o lusitano (bis)
Enfrentouse ó exército romano ( coro )
Vaia con viriato (bis)
A hispania ulterior loita con fervor
Atende Roma con Viriato estás en coma
Viriato o lusitano(bis)
Xa venceu ó exército romano (coro)
Roma humillada
Desconcertada
Firma a paz có lusitano
Roma non perdoa
Roma non olvida
A Viriato , o cabecilla
Hai que collelo,
Hai que matalo
E unha ameaza para o pobo romano
Viriato o lusitano(bis) (coro)
Dorme e soña có exercito romano
Desperta Viriato, desperta do teu soño
Que chega o cónsul Servilio Cepión
Cargado de denarios con malas intencións
Tres lusitanos
Tres lugartenentes
Tres traidores mataron a Viriato
Viriato o lusitano(bis) (coro)
Xace morto polos traidores
Roma non paga traidores, Roma non paga traidores, Roma non paga traidores...Roma non paga traidores........... ......
Na mitoloxía romana, Marte (en latín Mars) era o deus da guerra, equivalente ó Ares da mitoloxía grega. Fillo de Xupiter en forma dunha flor máxica e de Xuno. Inicialmente foi o deus da fertilidade e a vexetación, e o protector do gando, pero despois foi asociado coa loita. Ofrecíanselle sacrificios antes das batallas e dicíase que aparecía nos campos de batalla acompañado por Bellona, unha deusa guerreira. Dise que a súa esposa era Nerio.
O seu principal templo estaba na capital do imperio que compartía con Xúpiter e Quirinus. O templo a Mars Ultor ("o vengador") estaba no Forum Augustus. Outro templo dedicado a Mars Gradivus ("O que precede ó exército na batalla") estaba situado no lugar onde se concentraba o exército antes de partir a unha guerra. O Campus Martius ("campo de Marte") era onde adestraban os soldados e atletas.
Marte era representado coma un guerreiro con armadura cun helmo con crista. O lobo e o peto eran os seus símbolos. Fillos seus foron Fuga e Timor.
O mes de Marzo e o planeta Marte chamáronse así na súa honra.
Marte, ó contrario que o seu equivalente grego, Ares, foi máis venerado que a maioría dos deuses romanos debido a que os seus fillos Rómulo e Remo fundaron Roma. Os romanos chamábanse así mesmos fillos de Marte.
Venus é a deusa do panteón romano, equivalente a Afrodita do panteón grego. É a deusa do Amor e da Beleza.
No mito do seu nacemento cóntase que surxiu de dentro dunha concha de madreperla, sendo xerada polas espumas (afros, en grego). Noutra versión é filla de Xúpiter e Dione.
Venus foi unhas das divinidades máis veneradas entre os antigos, sobre todo na illa de Pafos, onde o seu templo era admirable. Tiña un ollar vago e rendíase culto ao estrabismo dos seus ollos como ideal da beleza feminina. Posuía un carro puxado por cisnes.
Na época helenística, aparece acompañada dun neno, Eros, que pasa a ser Cupido, o seu fillo na mitoloxía romana. É tamén a nai de Eneas, pai dos romanos. Nos últimos anos da república, o seu culto oficial creceu en importancia ao converterse en protectora dos homes de estado.
Venus casou con Vulcano, pero tivo amores con homes mortales e con moitos deuses, sobre todo con Marte e co fermoso Adonis.
Aparece representada núa ou seminúa, ás veces xurdindo da escuma do mar, ás veces nun carro tirado por pombas ou cisnes, as súas aves favoritas.
Na mitoloxía romana Minerva é a deusa da sabiduría, as artes, as técnicas da guerra, ademais da protectora de Roma e a patrona dos artesanos. Correspóndese con Atenea na mitoloxía grega, naceu preto de Libia.
Esta deusa é a filla favorita do amo do Olimpo, que lle concedera varias prerrogativas supremas. Tiña o don da profecía, prolongaba a vontade a vida dos mortales, obtiña a felicidade trala morte: todo o que ela dispoñía cun xesto da súa cabeza era irrevocable, todo o que prometía chegaba infaliblemente.
Esta deusa naceu sendo xa unha muller adulta da frente de Zeus, que antes engulira a súa nai, Metis, titánide caracterizada principalmente pola súa precaución. Zeus, a causa de terse comido a Metis, comenzou a sofrir unhas dores de cabeza intensos e insoportables así que pediu a Hefesto, o deus dos ferreiros, que fixera algo. Éste, abriu a cabeza de Zeus dun forte golpe e dalí saiu a triunfante Minerva, armada de pés a cabeza e bramando como un soldado embravecido ante as filas inimigas.
Os seus atributos eran a éxida (o escudo adornado da cabeza da Gorgon), a oliveira e a lanza. Nas súas estatuas e imaxes dábaselle unha beleza simple, descoidada, modesta, impresionando a súa nobreza, forza e maxestade. Adoita levar o casco na cabeza, unha pica nunha man, un escudo na outra e a éxida sobre o pecho. Normalmente aparece sentada, pero cando está de pé ten sempre, coa actitude resolta dunha guerreira, un aire meditativo e a mirada fixa en altas concepcións.