18/5/09

Comidas máis frecuentes da antiga Roma

As comidas máis frecuentes da antiga Roma dividíanse en:

- O Ientaculum:

Era a primeira comida que facían ó levantarse (os romanos erguíanse ás cinco da mañá). Consistía nunhas barras planas de farro (un cereal) e un pouco de sal. Nas clases altas da
sociedade tamén incluían na súa dieta ovos, queixo, froita, leite, mel...






- O Prandium:


Comida que se consideraba unha das máis ricas do día. Ía despois do Ientaculum e a gran
maioría de romanos saltábana, ou se a familia non tiña moito diñeiro, era a única que facían. Esta
dieta consistía en pan, carne fría, verduras e froita, todo iso acompañado de viño. Comíase en pequenas cantidades.





-
A Cenae:















É equivalente á nosa comida. Comezaba ó redor das 3 da tarde tras unha visita aos baños. Se había convidados, duraba ata altas horas da tarde. Normalmente remataba cunha rolda de grolos.
Antes, a Cenae consistía nun tipo de gachas chamadas "puls".

No hay comentarios: