25/5/09

AS TERMAS ROMANAS

AS TERMAS ROMANAS

O uso das termas xeneralizouse no mundo romano a partir do seculo I a.C , cando se descubríu un sistema que permitía quentar e distribuír o aire quente grazas ao inxenieiro Serxio Orata. O seu uso foi difundido polo Imperio Romano a toda Europa. Os restos termais máis antigos dos que hai noticia son as Termas de Pompeia datadas no século I a.C.
Os baños romanos abrían ao mediodía e cerraban ao poñerse o Sol. Nos lugares destinados ao baño había departamentos separados para homes e mulleres; se non habia espazos separados, o establecemento abría unhas horas ao día para mulleres e outras para homes, e so unha vez ao ano as termas eran abertas ao pobo. En algunhas ocasións, durante o Imperio, permitíuse o baño conxunto a homes e mulleres.
Outro uso predominante e que soe aparecer en todo lugar onde acudían as personalidades da cidade (ao igual que o teatro por exemplo), era que ás termas tamén se soía acudir para "socializarse". Os homes charlaban sobre política, sobre os seus plans do futuro e de como vían o panorama de Roma. Pola sua parte, as mulleres falaban dos chismes e rumores dos entresixos patricios do palatino. Era en moitas ocasións un centro de reunións informais, perfecto polo seu relaxante aire vaporado e as termas de auga quente.

PALESTRA

Patio central ao que se abrían todas as demáis estancias e se podía prácticar exercicios físicos.

TABERNAE

Tendas adosadas as salas de baños onde se vendían bebidas e comida, que os vendedores pregonaban a grandes voces entre os bañistas.

CALDARIUM

Baño de agua quente, o alveus. Era a habitación máis luminosa e adornada. Nas grandes termas había incluso piscinas onde podíase nadar. Nas máis pequenas, o baño tomabase en bañeira ou depósitos de auga quente chamados labra.

FRIGIDARIUM

Era a sala destinada aos baños de auga fría. Nas grandes termas, o frigidarium estaba descuberto e incluía entre as suas instalacions unha gran piscina onde poder practicar a natación.


TEPIDARIUM

Habitación de temperatura tibia que preparaba ao bañista para a de agua quente.

APODITERIUM

Vestiarios. Habitación próxima ao pórtico da entrada onde os bañistas deixaban as suas roupas. Había un banco corrido na parede unhas hornacinas sen portas, onde depositabanse as roupas e os obxetos personais, que quedaban vixiados por un escravo.

LACONICUM

Baño de vapor.

RECURSOS HIDRAULICOS

Os recursos hidráulicos eran traídos mediante a rede de acueductos que toda cidade romana tiña, ainda cando o punto de captación da auga estivera lonxe do núcleo urbano, como no caso de Segovia que dista máis de 14Km.
O interior das estancias e as piscinas de auga quente realizabase mediante o sistema de hypocaustum. O sistema está basado na distribución mediante túneis e tubos de auga quente e vapor que se extendía por debaixo dos chans das estancias e piscinas e era alimentado por unha serie de fornos que se atopaban nos sotos. Reminicencia deste tipo de calefacción e a gloria castela.

TERMAS DE CARACALLA

As Termas de Caracalla foron un amplio complexo de baños da Roma imperial.Foron construidas na cidade de Roma entre 212 e 216 d.C, durante o reino do Emperador de Caracalla. Inauguraronse co nome de Termas Antoninas, pois ao emperador Marco Aurelio Antonino Basiano xamáis coñeceuselle en vida co nome de Caracalla. Actualmente, as extensas ruinas destas termas son unha grande atracción turistica importante. Ainda que foros despoxadas das suas esculturas e demais riquezas dende data temprana, ainda conservanse grandes fragmentos de mosaicos, alguns deles correspondentes a planta superior do edificio que se desplomou. Varias das xigantescas bañeiras de Marmore, esculpidas nun só bloque, trasladaronse ao centro de Roma para ser usadas como fontes. A súa escultura mais famosa, o grupo chamado “Toro Farnesio” conservase no Museo Arqueoloxico de Nápoles. Actualmente, os restos do complexo atopanse franqueados pola Viale Aventino (avenida Aventino), e a Viale delle Terme di Caracalla (avenida de Las Termas de Caracalla).

TERMAS DE AGRIPA

As Termas de Agripa tamén chamadas Thermae Agrippae foron unhas termas da Antiga Roma construidas por Marco Hispano Agripa no seculo I.
As Termas de Agripa foron a primeira das grandes termas construidas na Antiga Roma. Orixinalmente non eran propiamente unhas termas, senon máis ben unha sauna. Sen embargo coa finalización do Aqua Virgo, o acueducto terminado por Agripa no 19 a. C., os baños proveyeronse de auga de forma regular, convertindose nunhas termas propiamente ditas, cunha gran piscina ornalmental e unha rica decoración interior. No ano 80 d. C., as termas vironse afectadas por un gran incendio, pero foron restauradas e ampliadas. En tempos do emperador Adriano realizaronse diversas reformas internas. Parece ser que a partir do seculo VII d. C, utilizaronse as termas como canteras de materiais constructivos, a pesar diso, gran parte da estrutura mantivose en pe no seculo XVI, como reflecten os gravados de Baldassare Penuchi e Andrea Palladio, entre outros. Hoxe en dia, a zona atopase altamente urbanizada e os restos que se conservan son moi escasos.

No hay comentarios: