1/6/10

O HELENISMO E ALEXANDRE MAGNO

ALEXANDRO MAGNO E O PERIODO HELENÍSTICO



O periodo helenístico (tamén coñecido como alexandrino) é unha etapa da Antigüidade cuxos límites cronolóxicos veñen marcados pola morte de Alexandre Magno (no ano 323 a.C) e o suicidio da derradeira soberana helenística, Cleopatra VII de Exipto e o seu amante Marco Antonio, logo da derrota na Batalla de Accio, no ano 30 a.C.


O perido helenístico é a herdanza da cultura clásica que recibe o mundo grego a través da hexemonía do reino de Macedonia, primeiro con Alexandre Magno, e logo cos seus sucesores, os reis das grandes dinastías helenísticas: os Seleúcidas, os Ptolomeos e os Antagónidas.


Durante esta etapa, as cidades gregas clásicas coma Atenas ou Esparta foron reemplazadas en importancia por outras como Pérgamo ou Alexadría, e nelas, a aristocracia e a "xente culta"mantivo as costumes gregas, como por exemplo o uso do grego como lingua común.

O periodo helenístico é considerado como una etapa de transición entre o declive da etapa grega clásica e o ascenso de Roma.

ALEXANDRO MAGNO: BREVE BIOGRAFÍA

Alexandro Magno, fillo de Filipo II de Macedonia, reinou desde o ano 336 a.C ata a sua morte no 323 a.C.

O seu fito mais importante foi a conquista do Imperio Persa, logo de unificar baixo o seu goberno a varias polis gregas que xa estaban baixo dominio do seu pai. A sua conquista do imperio persa incluiu os territorios de Xudea, Exipto, Mesopotamia ou a Anatolia, co que aumentou considerablemente as fronteiras do seu reino.

Tra-la sua morte, posiblemente a causa dalgunha enfermidade coma a malaria ou a febre tifoidea, o seu enorme imperio dividiuse entre os seus sucesores dando lugar ós reinos helenísticos.

25/5/10

Atenas

A historia de Atenas representa a orixe da historia das cidades europeas e da Europa actual. A súa poboación habitou continuamente esa rexión durante máis de 3000 anos. Foi a cidade principal da Antiga Grecia durante o primeiro milenio a.C. e a culminación da súa longa e fascinante historia chegou no século V a.C., baixo o goberno de Pericles (o "Século de Pericles"), cando os seus valores e a súa civilización se extenderon máis aló dos límites xeográficos da cidade e fixéronse universais. O pensamento político, o teatro, as artes, a filosofía, a ciencia, a arquitectura e tantos outros aspectos do pensamento chegaron ao seu grande apoxeo nunha coincidencia temporal e cunha plenitude intelectual únicas na historia da humanidade.

ORIXES:
O nome de Atenas na Antiga Grecia era Athenai, que se traduciría como "as
Atenas". Este nome en plural podería indicar posiblemente que a orixe da cidade era un grupo de pequenos poboados que se uniron formando a cidade. Do mesmo xeito, segundo a mitoloxía, os gregos crían que a cidade fora bautizada pola súa protectora, a deusa Atenea, quen tras vencer a Poseidón pola loita que mantiñan pola defensa da cidade, puido bautizala co seu nome. Sen embargo, sería igualmente probable que a deusa tomase o nome da cidade e non ó revés.
A CIDADE:
Atenas comeza a súa historia como un asentamento sobre a Acrópole ("cidade alta") nalgún momento durante o III milenio a.C
. O asentamento distaba uns 20 km do mar, do Golfo Sarónico, e se asentaba no centro da Planicie Cefisia, unha zona fértil rodeada por ríos.

A antiga Atenas ocupaba unha área pequena comparada coa extensa metrópoli da actual cidade. Ademais da Acrópole, que quedará como lugar sagrado onde os gregos construíron os seus templos, na antiga cidade destacaba a Ágora, o centro comercial e social, que estaba a uns 400 metros da Acrópole, no que é hoxe o barrio Monastiraki, así como o outeiro Pnyx, onde se reunía a Asemblea ateniense, estaba en parte oeste da cidade.

Na Acrópole, un dos lugares relixiosos máis importantes de Atenas era o Templo de Atenea, coñecido hoxe en día como o Partenón, onde aínda existen as súas evocadoras ruínas, así como o Erecteion, levantado en honra do heroe local Erecteo o e Templo de Atenea Niké (Atenea Victoriosa) que conmemoraba a victoria dos gregos sobre os persas na Batalla de Salamina. Outros dous lugares relixiosos importantes eran o Templo de Hefesto (que aínda permanece case intacto) e o Templo de Zeus Olímpico ou Olympeion (foi o maior templo de Grecia, pero agora está en ruínas) tamén estaban dentro das murallas.

HISTORIA
A Acrópole estivo habitada desde o neolítico. Para o ano 1400 a. C., Atenas converteuse nun centro poderoso da civilización micénica. A diferenza doutros centros micénicos como Micenas e Pilos, Atenas non foi saqueada e abandonada nos tempos da invasión dórica de 1200 a. C., e os atenienses sempre mantiveron que eles descendían dos xónios orixinarios, sen mezclar a sua raza ca dos invasores dorios.
Tras uns anos de certo abandono, Atenas emerxe de novo no século VIII a.C, grazas á súa posición xeográfica central no mundo grego, o seu seguro emprazamento sobre a Acrópolis e os seus accesos ao mar, o que lle proporcionaba unha vantaxe natural sobre rivais potenciais como Tebas e Esparta. Pronto Atenas se convirte nunha cidade-estado independente, gobernada primeiro por reis. Éstes pertencían á clase máis poderosa, a dos propietarios de terras, a "aristocracia", coñecidos como os Eupátridas (os "ben-nados"), cuxo instrumento de goberno era un Consello, que se reunía no outeiro de Ares, chamado o Areópago.

Durante este período, Atenas conseguiu pór baixo o seu goberno ás outras cidades da Ática converténdose no maior e máis próspero estado da península grega, pero tamén creou unha gran cantidade de xente excluída, pola nobreza, da vida política. Durante o século VII a. C. producíronse revoltas bastante xeneralizadas e o Areópago nomeou ao lexislador Draco para establecer un código legal máis estrito (de aí o significado da palabra "draconiano"). Cando isto tamén fallou, nomearon a Solón co mandato de crear unha nova constitución (594 a.C.)

A DEMOCRACIA ATENIENSE
A antiga nobreza oligárquica e os excesos da tiranía fixeron que no século VI a. C. dous lexisladores, Solón e Clístenes, estableceran un novo sistema de goberno no que participara todo o pobo que tivera a categoría de cidadán, é dicir, todos os homes libres, maiores de idade, nados de pai e nai ateniense. E ainda que quedaban excluidos as mulleres, os metecos e os escravos, supuxo o nacemento da democracia, que vai a chegar ó seu máximo explendor no século V a. C. con Pericles, baseándose na liberdade de expresión e na igualdade de tódolos cidadáns ante a lei.

ESPARTA

ESPARTA:
ORIXE:
A invasión dos dorios no ano 1200 a.C permitiu que esta cultura se instalase nas terras fértiles do sur do Peloponeso dando lugar á polis de Esparta.

Os descendentes destes invasores dorios formaron unha comunidade militarizada que lles permitiu dominar ós pobos veciños, máis numerosos, convertíndose nunha das polis mais poderosas grazas o seu exército de guerreiros chamados hoplitas.

HISTORIA:
O lexislador mais importante de Esparta foi Licurgo, quen, no ano 700 a.C, estableceu as leis e as institucións de Esparta. Entre estas institucións políticas salientou a Gerúsia, un consello de anciáns composto por 28 membros de máis de sesenta anos, que gobernaba de acordo con unha monarquía composta de dous reis que pertencían as duas familias máis importantes de Esparta. Ademais destes reis e da Gerusía, existía unha Asamblea composta por cinco maxistrados chamados éforos.
A SOCIEDADE DE ESPARTA:

a) Os aristócratas:

A sociedade estaba conformada por un grupo privilexiado de cidadáns, moi pouco numerosos, que descendían dos primeiros habitantes dorios. Estes eran chamados aristocratas, e debían nacer na propia Esparta. Eran os que tiñan os dereitos políticos.

b) Os ilotas:

Eran a clase social máis baixa. Non tiñan dereitos e pertencían ó estado, que entregaba os ilotas aos cidadáns para utilizalos como man de obra nos seus campos. Eran descendentes dos primitivos habitantes, que resistiron durante un tempo o ataque dos dorios, nunha fortaleza, chamada Amiclea, pero que logo foron sometidos polos invasores.

c) Os periecos:

Eran os descendentes de pobos conquistados, que aceptaron pacificamente a autoridade doria. Eran libres pero non podían participar na política. Adicábanse a traballar a terra, o comercio ou eran artesáns.

ESPARTA E AS GUERRAS MÉDICAS:

Os gregos extenderonse ata as costas de Asia Menor fundando novas colonias. Esto provocou o enfrontamento co Imperio Persa, que controlaba parte destas terras e orixinou a sublevación das colonias gregas contra os persas.
A pesar de ter ganado algunhas batallas , os gregos colonizados , polo medo ás represalias persas, pediron axuda ós gregos peninsulares. Ó principio Esparta non respondeu á chamada e soamente Atenas emprendeu a guerra contra Persia, iniciándose as Guerras Médicas.

Sen embargo, baixo o goberno do rei espartano Leónidas, os soldados espartanos loitaron contra os persas na Batalla das Termópilas, que foi moi importante para que os gregos gañasen as Guerras Médicas.


A VIDA COTIÁ EN ATENAS

A VIDA COTIÁ EN GRECIA:


A CASA GREGA:

Nas cidades gregas non había grandes pazos ou casas moi señoriais.
A maioría das casas estaban construidas en barro e madeira. Case todas tiñan unha soa pranta, e no caso de que houbese dúas, tiñan unha escaleira exterior para poder subir ó piso superior. Tódalas habitacións daban a un patio central polo que entraba a luz e pemitía a ventilación . Entre as habitacións destacaban o comedor, e sobretodo un departamento reservado sólo para os homes, o andrón, e outro para as mulleres, chamado xineceo.
Os mobles que as decoraban consistían en camas, baúles, camastros, mesas baixas, sillas, etc.


A VIDA DUN CIDADÁN ATENIENSE:
Un cidadán ateniense medio se levantaba cedo, aseabase, vestíase e almorzaba pan, aceite e aceitunas. Pasaban a mañá na ágora, no campo atendendo as súas terras, cultivos ou negocios. A mediodía regresaban á súa casa, comían algo lixeiro e a continuación descansaban un pouco. Pola tarde adoitaban ir a tomar os baños e ás barberías e á tardiña viñan de novo á casa para cear, normalmente en familia, e algunas veces con invitados.

A VIDA SOCIAL:
Cando os invitados chegaban á casa dun cidadán ateniense, eran recibidos polo anfitrión, descalzábanse ó chegar e os escravos lavávanlle os pés. Adoitaban tumbarse a comer, reclinados en leitos, e tomaban a comida dunha mesa baixiña. As comidan estaban feitas a base de carne, peixe, queixo, etc. e bebían viño mezclado con auga. Durante estes banquetes, as mulleres acostumaban a retirarse ó xineceo para falar entre elas.



Nalgunhas ocasións máis importantes ou sinaladas, dependendo do seu poder económico o anfitrión contrataba un grupo de músicos e mulleres danzarinas. Noutras ocasións era o propio anfitrión ou algún dos seus invitados os que recitaban poemas ou simplemente falaban.

A MULLER EN ATENAS:
A muller grega vivía sempre nun segundo plano, dependendo do home: primeiro do seu pai e despois do seu marido.



As mulleres pasaban prácticamente todo o día no xineceo, fiando, tecendo, etc. As nenas e as xóvenes eran ensinadas á facer as tarefas domésticas: cociña, coidado da lá, administración dos bens domésticos... pola súa nai, a súa avoa ou as escravas. Aquelas nas que o seu pai tiña maior poder económico aprendían algo de cálculo e música. Salían da casa únicamente durante as festas relixiosas: as xóvenes ateniense participaban na procesión de Atenea e as casadas nas festas das Tesmoforias, unha festa adicada a deusa Deméter.

xeografía de grecia

XEOGRAFÍA:
Na conca do Mediterráneo Oriental, na Antiguidade, os gregos ocupaban o sur da península Balcánica e as actuais illas e praias do mar Exeo.
A súa influencia tamén se estendeu ao sur de Italia e Sicilia e outras partes da costa do Mediterráneo grazas a fundción de colonias.

A Grecia continental é unha zona moi montañosa, o que dificultou a conexión entre os terreos e axudou a que os asentamentos tivesen poucas relacions dando lugar a polis independentes. O chan está continuamente suxeito a terremotos e erupcións volcánicas, e as chairas están formadas principalmente por franxas entre montañas ou entre a montaña eo mar. Os ríos son poucos e curtos e o clima é mediterráneo, con veráns quentes e secos e a estación chuviosa moi curta.

A vexetación xa era mala nos tempos clásicos e existen zonas ricas en minerais, como a prata en Laurium e o cobre en Eubea, pero non menos importante é o mármore da illa de Paros.

AS REXIONS DO EPIRO

Baixo o nome de Epiro era coñecido na Antigüidade o territorio poboado por diversas tribus gregas. Os límites deste territorio eran: ó norte limitaba con Iliria e Macedonia; ó sur, co Golfo de Ambracia e Etolia; ó este, con Tesalía e ó oeste, co Mar Xónico. O sistema montañoso do Pindo separaba o Epiro de Tesalia.

O Epiro era unha rexión agrícola na que se cultivaba o cereal, coma o trigo, verduras, froitas, olivas...

Tivo frecuentes loitas con Macedonia, excepto no periodo do goberno do rei macedonio Filipo, quen casou ca princesa Olimpia de Epiro, futura nai de Alexandre Magno..

Epiro viviu o seu máximo esplendor entre os séculos IV e III a.C.

ARTE GREGA

A ARTE GREGA: ARQUITECTURA, ESCULTURA E PINTURA

A ARQUITECTURA:

A construcción mais importante da arquitectura grega e o templo. Distinguimos 3 tipos de arquitectura chamadas Ordes: dorico, xonico e corintio.

ORDE DORICA

A orde dórica é a máis primitiva e simple das ordes arquirtectónicas clásicas, é o orde grego por excelencia.Se caracteriza polas seguintes peculariedades:
- Non utiliza basa: o fuste da columna descansa directamente sobre o estilóbato.

- O fuste é de sección circular, corto e pouco esbelto. O tamaño total da columna nunca sobrepasa os dezaséis módulos.

- O entablamento está composto por:

  • arquitrabe, unha especie de viga grosa e lisa
  • O friso decorado por unha alternancia de triglifos e metopas.
  • A cornisa remata formando un saledizo cunha moldura.

ORDE XÓNICA

A orde xónica é máis esvelta cá dórica, é orixinaria de Asia Menor. Caracterízase por un fuste con estrias e un capitel con duas volutas.

ORDE CORINTIA

A orde corintia é o máis elegante e ornamentado das ordes arquitectónicos clásicos. Caracterízase por:

· O fuste é de sección circular e presenta un lixeiro éntasis ou engrosamento no centro.

· O capitel se reconoce pola súa apariencia de campana invertida decorada con follas vexetais.

A ESCULTURA

A escultura grega divídese en tres grandes etapas: arcaica, clásica e helenística.

1.O estilo arcaico está caracterizado pola representación dos xóvenes atletas vencedores nos xogos. Trátase de figuras ríxidas que co paso do tempo alcanzan maior dinamismo

2.O estilo clasico e o momento dos grandes autores coma Fidias, Miron..., constituindo o fito da escultura grega. Nesta epoca a escultura grega abandonou os primitivos patrones.

3.Durante o periodo helenistico (seculo III a. C.) enfratizaron e sofisticaron as formas herdadas do clasicismo. Surdiron obras de inigualable monumentalidade e beleza, como ``O coloso de Rodas, de trinta e dous metros de altura.

A PINTURA

A pintura grega a penas se conserva na actualidade, e solo podemos imaxinar parte do que puido ser gracias a cerámica, xa que precisamente na decoración de ánforas, platos e vasixas é onde se conservan algúns restos que clasificamos en tres etapas:

a) Ao comezo os diseños eran elementais formas xeométricas.

b) Co correr do tempo, estas se foron enriquecendo progresivamente ata cobrar volumen. Apareceron, entonces, os primeiros debuxos de plantas e animales. No século VII e VI a.C. se incluiu a figura humana. As escenas se organizaron en franxas horizontais paralelas que permitan a súa lectura. Co pincel debuxaron trazos mais exactos e detallistas.

c) As pezas de cerámica pintadas comezan a experimentar unha notable decadencia durante o clasicismo (séculos IV e V a.C.) para resurxir triunfantes no período helenístico (século III), totalmente renovadas, plenas de color e ricamente decoradas.

Como xa dixemos, a pintura grega a penas se conserva, ainda que sí existen restos de culturas anteriores como a cretense tamén chamada minoica, ou a micenica.

O fresco era xa coñecido nestas etapas, onde decoraba as habitacións principales dos edificios. Temáticamente os repertorios eran parecidos: procesiones de oferentes, xogos de touros, frisos de animais (monos, golfitos…), plantas, flores e motivos abstractos.

Mitoloxía de Grecia


RELIXIÓN E MITOLOXÍA
A creencia da vida logo da morte e a consideración sagrada que se lle deu aos mortos deu orixe ao culto que se lles practica, pois o morto que era esquecido pola súa familia, convertíase nun maligno que castigaría de tódolo xeitos posibles ós seus familiares vivos. E como viña sucedendo en tódolos pobos antigos, os gregos sentiron tamén a necesidade dunha relación íntima e privada co mundo sobrenatural, que lle garantirá dalgún xeito o favor e a protección dos deuses, dando lugar ó culto familiar ou doméstico. Ademáis, a creencia da vida logo da norte e a consideración sagrada que se lle daba aos mortos, deu orixe ao culto que se lles practica, pois o morto que era esqucido polos seus familiares convertíase nun ser maligno que castigaría de tódolos xeitos posibles aos seus familiares vivos responsables dese esquecemento, mentras que, se era honrada a súa memoria, pasaba a ser protector.
Entre os cultos con relación aos mortos está o culto ao fogo, pois era no fogar onde neste culto familiar o pai era o encargado de conservar cinza ou carbón encendido, día en noite, en recordo das almas dos seus familiares mortos.
A relixión grega é politeísta, con deuses antropomorfos. Os mitos da orixe do Universo nos explica que nun principio só existía Caos, do que xurdiron Xea (a Terra), Tártaro (as profundidades) e Eros (o Amor). Xea enxendrou a Urano (Ceo) e a Ponto (Mar). Con Urano concibiu aos Cíclopes, os Hetaconquires e a ducia dos Titáns, dos que descenderían tódolos demáis deuses e os seres humanos .

11/5/10

Acrostico Safo de Lesbos

...Safo pasou toda a súa vida en Lesbos, illa grega preto a Asia Menor.
...nA ''Casa das servidoras das Musas'' as súas discipulas aprendian a facer poesía.
...Foi un símbolo do amor entre mulleres.
...Os seus poemas recitábanse e coñecíanse na Atenas do s.V. a.C

...De todas as heróinas de Ovidio, Safo é a única muller real.
..quEdou na Historia grazas a natureza e pureza dos seus versos.

...eLa foi a poeta máis traducida da Antigüedade Clásica.
..crEou novos ritmos e m,etros como a ''estrofa sáfica''.
...oS celos, o amor e a alegría son temas dos seus poemas.
a oBra ''Himno en honra a Afrodita'' chegounos completa
...Os poetas latinos loaban a súa poesía e
...Safo recibiu o nome ''A decima musa''pola resoancía dos seus versos no mundo da lírica.

Traballo realizado por: Lorena Paratcha, Juan Cruz, Felipe Prieto e Zaida Martínez.



10/5/10

Acrostico de Hipatia


.Hipatia, filla de Teón, o gran profesor do museo
.Intelixente filosofa e matematica
.Planisferio, aerometro e astrolabio: alguns dos seus inventos
.Astronoma innovadora sen igual
.Tivo un gran exito intelectual en Alexandria
.Impresionaba o mundo pola sua beleza
tAnto fisica coma espiritual

Traballo realizado por: Marta Gallego, Ana Andrés, Pedro Alonso e Martín Carrera.

Acrostico de Penelope


....A Primeira muller que poido cumprir a promesa de Ulises: ser
......Esposa do heroe grego e
......Non aceptar outros pretendentes.
....Ela permaneceu fiel ao seu marido
.....eLa foi unha muller moi forte
.Na Odisea contannos a sua vida:
...``Penelope tece de dia e destece de noite...´´
....E Homero sabia todo dela...

Traballo realizado por: Ricardo Díaz, Judith Reboredo e Gonzalo Pardo

Acrostico de Helena de Troia


.....Helena de Troia, tamen chamada Helana de
.....Esparta, foi filla de Zeus e de
.....Leda. Dicese que
....nacEu dun ovo que puxeron Zeus e
.....Nemesis transformados nun cisne e uha oca. Nemesis
.....Abandonou o ovo nun bosque sagrado.

...Un Doce pastor atopouno e levouna a
........lEda, que a criou coma a sua propia filla.

.....Tivo miles de pretendentes de todo o mundo. Foi
.....Raptada por
...TeseO e foi rescatada polos Dioscuros e levada a Esparta. Cando Paris visitou a cidade, Afrodita fiso que se namoraran
.....Iniciando unha fuxida de Esparta que deu lugar a guerra de
....TroiA.

traballo realizado por: Inés Cid, Marta Méndez, Andrea Pajares e Laura Vázquez.

7/5/10

Acrostico de Lisistrata

..Lisistrata, muller imaxinada.
e Increible invencion de Aristofanes,
a Sua xenreira a guerra,
..fIxo que se obtivese a paz, cunha folga sexual
a Sua idea triunfou
..Tratou de convencer os bandos
.e Reuniu moreas de mulleres
..Atacou coa arma mais forte,
..Tentou a sorte, pero...
..Acabou gañando, e os homes asinando a paz.

Traballo realizado por: Jose González, Jose Daniel e Carla Lorenzo.

Acrostico de Aspasia


.nAceu en Mileto, antes da guerra do Peloponeso.
A
Sua Familia era rica e da alta sociedade.
..Pericles foi o seu home e amante
..Aspasia traballou cunha mestra de retorica.
O Seu unico fillo chamouse pericles, o xove.
...FInou no seculo V a.C.
..A muller da que falamos foi unha grande perda para Atenas.

Traballo realizado por: Anxo Vázquez, Javier Sio e Vera Rodríquez

30/4/10

the parthenon in images


The Parthenon in images:




... Feito por Gabriel, Saúl, Agus y Belén.

29/4/10

Outras pezas de arte grego no Museo Británico


Outras pezas de arte grego no Museo Británico:


·No Museo Británico as pezas máis importantes do arte grego son as pertencentes ao Partenón. ·Pero ademáis no Museo Británico pódense encontrar tamén outras pezas de arte grego, que se expoñen a continuación:
-Cariátides.
-Pericles.
-Moedas.
-Vasillas de mitos gregos.

Feito por Joel, Diego, Andrea e Elia.

Lord Elgin

Lord Elgin:

Elgin foi un Lord escocés que agardaba ter éxito na política. Era embaxador británico en Turquía.
Elgin quería conseguir algunhas pezas do Partenón grego para decorar a súa mansión.
A Elgin déuselle permiso para levarse calquera peza que atopara no edificio, pero decidiu levarse os frisos a Inglaterra ainda que esa tarefa dañara a fachada do Partenón.
Elgin causou un grave dano na estructura xa que os frisos formaban parte do edificio, non estaban simplemente pegados.
A casa de Lord Elgin, Broom Hall. “A Sala Vasoira”, foi o destino orixinal dos mármores, no salón de esta casa.

Feito por Javier, Alba, Patrick, Andrea e Jennifer.

28/4/10

CÓMIC ARES

ARES E OS XIGANTES

A deusa Dione contáballe un relato a súa filla Afrodita
sobre os xigantes chamados Alóadas.
Este relato conta como a belísima Eribea, Hermes e Artemisa puideron rescatar a Ares que estaba apresado polos xigantes.

Todo empezou unha mañá cando Ares paseaba tranquilamente de súpeto ao lonxe albiscou un par de xigantes, el intentou derrotalos pero eran demasiando fortes e encarceraronno nunha urna de cobre, enton cando Eribea enterouse, chamou a Hermes e a Artemisa a cal enganou os xigantes facendo que se arroxaran as súas lanzas un a outro matándose entre si, mentres Hermes rescataba a Ares.

PRESENTACIÓN DO NOSO EQUIPO.


O noso equipo está formado por: Gonzalo Rodríguez Gil, Lucía Vázquez González, Daniel Mo Gil e Manuel Fernández Fernández.
O noso traballo é sobre o deus da guerra, Ares.
Aproveitamos esta oportunidade para facer un cómic e non un texto aburrido.
Neste cómic relatamos unha historia que lle contaba Dione á súa filla Afrodita na que Ares foi atrapado por uns xigantes ctónicos, os Alóadas.
Tamén fixemos uns pequenos textos nos que contamos o que acontece no cómic e algunha información sobre Ares.
Agora vos amosamos o devandito cómic.

23/4/10

O Partenón


O Partenón:


O Partenón é a construción máis famosa da Grecia Antiga que permaneceu ata hoxe en día. A construción do Partenón custou ó tesouro ateniense de 469 talentos de prata, mentres que é case imposible crear un equivalente moderno con esta cantidade de diñeiro.



A Fachada:

*Na parte este, a loita dos deuses contra os xigantes.

*Na parte oeste, a loita dos gregos contra as amazonas.

*No lado norte, as loitas contra Troia.

*No sur representan a loita dos centauros contra os lapitas no banquete de bodas do su rey.


Feito por:
Iván Capelo, Henar de Torres, Maruxa Nogueiras, Rut González, Pablo Lores

o museo británico


Historia do Museo Británico:

O Museo Británico de Londres é o maior museo do Reino Unido, e un dos maiores e máis famosos museos de antigüedades de todo o mundo. Dende a súa apertura, o 15 de Xaneiro do 1759, soamente pechou as súas portas por motivo das dúas guerras mundiais, e pasou de ter 5.000 visitantes ao ano, a máis de 5 millóns, converténdose nun dos museos máis visitados do mundo.
É un dos museos máis antigos do mundo e contén máis de sete millóns de obxectos históricos de todos os continentes.
Feito por: Helena, Guillermo, Julián, Mario e Carla.

7/4/10

Zeus

Ola, visitantes do blog e compañeiros do Alexandre Bóveda. Somos o grupo de Paula, Bárbara, Pablo e Cristian, do Proxecto Interdisciplinar. Este ano tocounos traballar sobre Grecia. Os de 1ºD estamos a traballar sobre os deuses. Nós eliximos a Zeus, o deus do ceo e soberano dos deuses olímpicos. Para representar ao deus e outros conceptos referidos a el e á mitoloxía grega o noso equipo decidimos facelo en forma de mural. No mural tratamos tres temas: a vida de Zeus, o mito do Olimpo e outros personaxes da mitoloxía grega nomeados nalgúns dos textos da vida de Zeus. Dentro da vida de Zeus imos tratar:
- Tipo de deus, armas e significado do seu nome.
- Nacemento, familia e posibles lugares de orixe e coidados.
- Cronos e os seus fillos.
- Batalla contra Xigantes e Titáns.
- Mulleres e fillos que tivo.
- Transformacións.
- Templos.
- Pensamentos de Homero e dos gregos sobre el.
- O deus Xúpiter.
- As representacións de Zeus.
- O carácter e os actos do deus.



Referente ao mito do Olimpo, é unha pequena historia que trata da busca dunha solución por parte dos deuses para remediar as guerras que ían vir sobre os seus territorios e despistar un pouco aos humanos. O resultado final é o descubrimento do viño, que é a súa solución.
Para rematar falaremos dalgúns personaxes da mitoloxía grega que son nomeados nos textos da vida de Zeus e que quizais non coñezades. Neles explicamos quen son os distintos heroes e algunhas das súas características.



Iso todo poderédelo ver nos corredores do instituto explicado en pequenos textos. Esperamos que vos guste o noso proxecto.

24/3/10

Ulises e o cíclope

ULISES E O CÍCLOPE

O noso grupo de 1ºD fixo o traballo sobre unha parte da Odisea de Ulises, cando se topa con Polifemo o cíclope.
Ao primeiro queriamos facer unha película de plastilina e Benigno púxonos en contacto cunha rapaza chamada Iris que se adica a iso. Pero como non nos deu tempo, fixemos unha especie de cómic.

O mito de Ariadna





O noso grupo de 1ºD, quérevos presentar o ``Mito de Ariadna´´,

unha historia chea de sorpresas, enigmas e ¡monstros! ....


A principio de curso


Ariadna era a deusa da fertilidade de Creta, orixinalmente era a deusa dos labirintos. Era filla de Minos e Pasífae, reis de Creta.


O deus Poseidón para vingarse do rei Minos mandou un touro branco co cal Pasífae, baixo un feitizo de Poseidón, tivo unha relación sexual e de aí naceu o Minotauro. Cando o rei Minos o soubo, mandou ao arquitecto Dédalo construír o famoso labirinto, onde foi encerrado o monstro.

Teseo, fillo de Exeo, rei de Atenas, marchou voluntariamente ata Creta para liberar ao pobo do Minotauro.


Cando chegou a Creta, o rei Minos díxolle a Teseo que aínda que matara ao Minotauro nunca encontraría o camiño de volta. Pero grazas á axuda de Ariadna puido saír do labirinto e marchar con ela ata a Illa de Naxos, onde foi abandoada por Teseo, agora namorado de Afrodita.

Finalmente Ariadna casou con Baco, o deus do viño, para obter a inmortalidade. Pero non lle foi concedida.

3/3/10

HERACLES




Ola! Somos o grupo de 1ºESO D que realizou o traballo de Heracles. Chamámonos Uxía, Ana, Yasmina e David.
Decidimos facer o traballo sobre este heroe porque pensamos que como viviu moitas grandes aventuras moi extrañas e apaixonantes, moita xente estaría disposta a coñecelas.

HERACLES





Heracles é o nome grego de Hércules.


XUVENTUDE DE HERACLES


Heracles era o home máis forte do planeta e tiña sangue de deuses.
O verdadeiro pai de Heracles era Zeus, pero Anfitrión, o rei de Tirinto, facía de pai e Alcmena de nai.
Hera odiaba ao seu fillastro secreto, Heracles, e dixo que o seu fillo nacería antes ca el e que Heracles serviría a Euristeo.
Hera e Atenea viron ao bebé espido, e a primeira, sen saber quén era, amamantouno. Pero o bebé sugou con tanta forza que ela o tirou.
Atenea levou ao bebé xunto a súa nai para que o criara. Moi contenta, ela comezou a crialo esperando que as pingas de leite que sugara de Hera o salvaran da mala vontade da deusa, pero cando Hera se decatou de quén era o bebé, o seu corazón encheuse de rancor. Ela mandou dúas serpes para matar a Heracles.
A enfermeira que coidaba do bebé non podía moverse ou falar do medo, mais Heracles colleu as cobras, unha en cada man, e estrangulounas antes de que lle puideran facer mal.
O marido de Alcmena foi correndo coa espada na man e quedou sorprendido co talento do forte neno. Enviouno a Terisias, para saber a sorte do neno, e o vidente díxolle cál era a orixe e o destino de Heracles. Anfitrión ensinoulle a Heracles a adestrar cabalos, dirixir carros e buscou os mellores profesores para o seu fillo.

OS DOCE TRABALLOS DE HERACLES

Heracles toleou e matou á súa familia e, para non sufrir, foi ao Oráculo de Delfos, que lle encomendou unha serie de traballos que tiña que levar a cabo para liberarse do seu sufrimento. Estes traballos foron doce:

1.- Matar ao león de Nemea e entregar a súa pel.
2.- Matar á Hidra de Lerna.
3.- Capturar ao xabaril de Erimanto.
4.- Capturar a cerva de Cerinia.
5.- Matar as aves do lago de Estinfalo.
6.- Limpar os establos de Auxías.
7.- Capturar ao touro de Creta.
8.- Matar as eguas de Diomedes.
9.- Roubar o cinto de Hipólita.
10.- Roubar os bois de Xeriones.
11.- Capturar o can de Cerbero.
12.- Coller as mazás de ouro do xardín das Hespérides.

MORTE DE HERACLES

Heracles explicoulle a Hilo que o oráculo vaticinara que morrería a mans dun habitante do Hades e que tras a batalla de Eubea ían rematar os seus traballos. Ambas as dúas cousas íanse cumprir, pois morrería a causa dunha artimaña de Neso e os seus doce traballos rematarían, posto que para un morto xa non hai traballos.